From Wikipedia, the free encyclopedia
Dame Jocelyn Barbara Hepworth DBE, nada en Wakefield o 10 de xaneiro de 1930 e finada en St Ives o 20 de maio de 1975 foi unha escultora e artista inglesa. A súa obra é un exemplo do modernismo e particularmente a escultura moderna. Foi unha das poucas artistas femininas da súa xeración que acadou prominencia internacional.[1] Xunto con artistas como Ben Nicholson e Naum Gabo, Hepworth foi unha figura líder da colonia de artistas que residía en St Ives durante a segunda guerra mundial.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1903 Wakefield, Reino Unido (pt) |
Morte | 20 de maio de 1975 (72 anos) St Ives, Reino Unido (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Grupo étnico | Pobo británico |
Educación | Royal College of Art (pt) Leeds Arts University (en) Wakefield Girls' High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Lugar de traballo | Leeds (en) Hampstead (pt) Carbis Bay (en) Roma Londres St Ives (pt) |
Ocupación | escultora , fotógrafa , artista , debuxante , pintora , artista visual |
Período de actividade | 1924 - 1975 |
Membro de | |
Xénero artístico | Arte abstracta e arte pública (pt) |
Movemento | Modernismo catalán |
Lingua | Lingua inglesa |
Representante | Pace Gallery (en) |
Participou en | |
11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
16 de xullo de 1955 | documenta (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Ben Nicholson (1938–1951) John Skeaping (1924–1933) |
Premios | |
Páxina web | barbarahepworth.org.uk |
Jocelyn Barbara Hepworth naceu en 1903 en Wakefield, West Riding of Yorkshire, como a filla máis vella de Gertrude e Herbert Hepworth.[2] O seu pai era enxeñeiro civil para West Riding County Council, e en 1921 converteuse en County Surveyor.[2] Hepworth asistiu á Wakefield Girls' High School, onde recibiu premios de música aos doce anos, como indica Sophie Bowness en "Rhythm of the Stones: Barbara Hepworth and Music"[3][4] e gañou unha bolsa para estudar en Leeds School of Art a partir de 1920. Foi alí onde coñeceu ao seu compañeiro Henry Moore.[2] Fixéronse amigos e trabaron unha rivalidade amistosa que durou moitos anos. Hepworth foi a primeira que esculpiu as figuras furadas características da obra de ambos. Eles lideraron o camiño ao modernismo en escultura.
A pesar de intentar gañar unha posición nun ambiente dominado polos varóns,[5] Hepworth logrou unha bolsa para asistir á Royal College of Art (RCA) de Londres, onde estudou dende 1921 ata que obtivo o seu diploma en 1924.[6]
Tralos seus estudos en RCA, Hepworth viaxou a Florencia en 1921, cunha bolsa de West Riding.[1] Hepworth tamén foi finalista do Prix-de-Rome, que gañou o escultor John Skeaping.[1] Logo de viaxar con el a Siena e Roma, ambos casaron o 13 de maio de 1925 en Florencia.[2] En Italia, Hepworth aprendeu a tallar o mármore con Giovanni Ardini.[2] Hepworth e o seu home volveron a Londres en 1926, exhibindo as súas obras no seu piso.[2] En 1929 naceu en Londres o seu fillo Paul.[1]
Os seus primeiros traballos estaban interesados na abstracción e os movementos artísticos do continente. En 1933, viaxou con Ben Nicholson a Francia, onde visitaron os estudos de Jean Arp, Pablo Picasso e Constantin Brâncuşi.[2] Hepworth involucrouse máis tarde no movemento artístico con base en París, Abstraction-Création.<[7] En 1933, cofundou o movemento Unit One con Nicholson e Paul Nash, o crítico Herbert Read e o arquitecto Wells Coates.[8] O movemento buscaba unificar surrealismo e abstracción na arte británica.[8]
Hepworth tamén axudou a dar a coñecer artistas continentais entre o público británico. En 1937 fixo o deseño de Circle: An International Survey of Constructivist Art, libro de 300 páxinas sobre os artistas construtivistas publicado en Londres e editado por Nicholson, Naum Gabo e Leslie Martin.[9]
Hepworth casou con Nicholson o 17 de novembro de 1938 no rexistro de Hampstead, ao norte de Londres, despois de que este se divorciase da súa esposa Winifred.[10] A parella tivo trixéminos en 1934, Rachel, Sarah e Simon. Rachel e Simon convertéronse tamén en artistas. A parella divorciouse en 1951.[11]
Hepworth, Nicholson e os seus tres fillos foron a vivir a Cornualla co inicio da segunda guerra mundial en 1939.[12] Hepworth viviu nos estudios de Trewyn en St Ives dende 1949 ata a súa morte en 1975.[12] Dixo que "descubrir o estudio de Trewyn foi unha espicie de maxia. Aquí había un estudio, un patio e un xardín onde podía traballar ao aire libre e espazo".[12] St Ives convertérase nun refuxio para moitos artistas durante a guerra. O 8 de febreiro de 1949, Hepworth e Nicholson cofundaron a Penwith Society of Arts en Castle Inn; dezanove artistas foron membros fundadores, incluíndo Peter Lanyon e Bernard Leach.[13]
Hepworth foi tamén unha debuxante habilidosa. Despois de que a súa filla Sarah fose hospitalizada en 1944, trabou amizade co cirurxián Norman Capener.[14] Por invitación de Capener, asistiu a procementos cirúrxicos e entre 1947 e 1949 creou preto de oitenta debuxos de salas de operacións en xiz, tinta e lapis.[14][15] Hepworth estaba fascinada polas semellanzas entre cirurxiáns e artitas, afirmando: "Hai, paréceme, unha afinidade próxima entre o traballo e a estratexia dos médicos e os cirurxiáns, e os pintores e escultores".[14]
En 1950, a obra de Hepworth foi exhibida no pavillón británico da XXV Bienal de Venecia[2] xunto con traballos de Matthew Smith e John Constable.[16] A Bienal de 1950 foi a última en que se exhibiron artistas contemporáneos británicos xunto con artistas do pasado.[16] Dous encargos públicos, Contrapunctal Forms e Turning Forms, se expuxeron no Festival of Britain de 1951.
Durante este período, Hepworth cambiou de traballar só en pedra e madeira para traballar tamén con bronce e arxila.[12] Hepworth empregou habitualmente o seu xardín en St Ives, que deseñou co seu amigo o compositor Priaulx Rainier, para ver os bronces de grande escala.[12]
O seu fillo máis vello, Paul, faleceu o 13 de febreiro de 1953 nun accidente de avión mentres servía na Royal Air Force en Tailandia.[17] Na igrexa parroquial de St Ives existe un memorial na súa memoria, Madonna and Child.[18]
Agotada, en parte pola morte do seu fillo, Hepworth viaxou a Grecia coa súa amiga Margaret Gardiner en agosto de 1954.[17] Visitaron Atenas, Delfos e moitas illas do Exeo.[17]
Cando Hepworth volveu a St Ives, descubriu que Gardiner lle enviara un gran cargamento de madeira de guarea nixeriana.[17] A pesar de que só recibiu un tronco, Hepworth viu que a carga dende Nixeria ata os peiraos de Tilbury era de dezasete toneladas.[17] Entre 1954 e 1956 Hepworth esculpiu seis pezas coa madeira de guarea, moitas delas inspiradas pola súa viaxe a Grecia, como "Corinthos" (1954) e "Curved Form (Delphi)" (1955).[17]
A artista incrementou enormemente o espazo do seu estudio cando adquiriu o Palais de Danse, estudio de cinema e danza ao outro lado da rúa en Trewyn en 1960. Empregou este novo espazo para traballar en encargos a grande escala.[19]
Hepworth tamén experimentou coa litografía ao final da súa carreira. Creou dúas series litográficas coa Curwen Gallery e o seu director Stanley Jones, unha en 1969 e outra en 1971.[20] A primeira titulouse "The Aegean Suite" (1971) e estaba inspirada pola viaxe a Grecia en 1954 con Margaret Gardiner.[21] A artista tamén creou unha serie de litografías titulada "Opposing Forms" (1970) coa Marlborough Fine Art de Londres.[21]
Barbara Hepworth faleceu nun incendio accidental no seu estudio de Trewyn o 20 de maio de 1975 aos 72 anos.[22]
Hepworth recibiu en 1959 o Grand Prix da Bienal de São Paulo.[1] Tamén recibiu o premio Freedon de St Ives en 1968 como recoñecemento das súas fundamentais contribucións á cidade.[1] Recibiu graos honoríficos de Birmingham (1960), Leeds (1961), Exeter (1966), Oxford (1968), Londres (1970) e Manchester (1971).[10] Foi nomeada CBE en 1958 e DBE en 1965.[10] En 1973 foi elixida membro honoraria da American Academy of Arts and Letters.[23]
Trala súa morte, o seu fogar e estudio en St Ives converteuse no Barbara Hepworth Museum, que dende 1980 está baixo control da Tate.[1]
En 2011 abriu The Hepworth Wakefield no seu fogar de Wakefield. O museo foi deseñado polo arquitecto David Chipperfield.[24]
En xaneiro de 2015 anunciouse que a Tate Britain ía organizar a primeira grande exposición en Londres da obra de Hepworth dende 1968. Traería máis de 70 das súas obras, incluíndo as principais tallas e bronces polas que é célebre. Incluiría tamén fotografías inéditas do arquivo de Hepworth, como un autorretrato en fotograma creado na década de 1930 e collages fotográficos experimentais.[25]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.