Bienal de Venecia
esposición internacional da arte From Wikipedia, the free encyclopedia
A Bienal de Venecia (en italiano, Biennale di Venezia) é unha institución sen ánimo de lucro subvencionada polo Estado italiano. É unha das institucións culturais máis importantes do mundo.
Bienal de Venecia | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | bienal de arte, festival de cinema e exposición | |||
Personalidades | ||||
Fundador/a | Venice City Council (en) | |||
Data | ||||
Fundación | 1895 | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Italia | |||
Rexión | Véneto | |||
Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Venecia | |||
Concello | Venecia | |||
Localización | Ca' Giustinian (en) , Giardini della Biennale (en) e Arsenal de Veneza (pt) | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | labiennale.org… | |||
[ Wikidata ] |

O seu nome utilizouse sempre como sinónimo da Exposición Internacional de Arte de Venecia, entre as exposicións internacionais de arte contemporánea do mundo máis antigas, importantes e prestixiosas.
O nome "Biennale" deriva da frecuencia bienal dos seus eventos (coa excepción do Festival Internacional de Cinema de Venecia, nado o ano 1932, con frecuencia anual).
Tanto a Bienal internacional de Arte de Venecia como o Festival Internacional de Cine de Venecia son os eventos máis antigos e os primeiros do seu xénero.
Outros eventos celebrados pola Bienal son: a Exposición Internacional de Arquitectura de Venecia; o Festival de Teatro de Venecia; o Festival de Danza Contemporánea de Venecia e o Festival de Música Contemporánea de Venecia.
![]() |
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.