club de baloncesto profesional andorrano From Wikipedia, the free encyclopedia
O Bàsquet Club Andorra, coñecido por motivos de patrocinio como MoraBanc Andorra é un club de baloncesto profesional andorrano con sede na cidade de Andorra la Vella. Fundado en 1970, xoga os seus encontros como local no Poliesportiu d'Andorra, pavillón con capacidade para 5 005 espectadores.[1] Actualmente compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español.
MoraBanc Andorra | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Liga ACB |
Fundación | 12 de xuño de 1970 |
Historia | CB Les Escaldes (1970–1971) |
Cores | Azul, branco, amarelo, vermello |
Presidente | Gorka Aixàs |
Adestrador | Ibon Navarro |
Localización | |
Cidade | Andorra la Vella, Andorra |
Pavillón | Poliesportiu d'Andorra |
Capacidade | 5 005 |
Inauguración | 1991 |
Campionatos | |
LEB Ouro | 2 (2014, 2023) |
Copa Príncipe | 1 (2014) |
bca.ad |
O Bàsquet Club Andorra foi fundado en 1970 co nome de Club de Bàsquet Les Escaldes, denominación que mudaría ao ano seguinte pola actual. Xogou as súas primeiras temporadas no campionato provincial de Lleida, conseguindo na temporada 1975−76 o ascenso á Primeira división autonómica. Ao ano seguinte renuncia á categoría por problemas económicos, regresando en 1980.[2] O primeiro éxito importante chega na temporada 1981−82, ao proclamarse Campión de Cataluña de 2ª Categoría, logrando o ascenso á 1ª Categoría. Na temporada 1983−84 proclámase Campión de Cataluña de 1ª Categoría e logra o ascenso á 2ª División Nacional Española. A temporada 1985−86 proclámase Campión de España da 2ª División Nacional na cidade de Badaxoz e logra o ascenso á 1ª División Nacional "B". As tres seguintes temporadas proclámase Campión da liga Nacional Catalá "B", e na mesma temporada 91-92 proclámase Campión de Primeira "B" e alcanza o ascenso á Liga ACB.[3]
Após ascender á máxima categoría, conseguen permanecer durante catro temporadas, até que en 1996 consumo o seu descenso. Debido a problemas extradeportivos, vense obrigados a comezar novamente desde abaixo. En 2008 acadan a LEB Prata, en 2012 ascenden á LEB Ouro e finalmente en 2014 conseguen o ascenso á ACB. O ascenso foi posíbel economicamente grazas ao acordo de patrocinio co banco Morabanc. Nos seus primeiros dous anos ACB o equipo certifica unha 14ª posición. No terceiro ano, e despois de cambiar case todo o elenco, o equipo andorrano clasifícase para a Copa do Rei e os Play-offs, caendo en ambas as ocasións ante o Real Madrid en cuartos de final. Grazas a isto conseguen a súa primeira participación na Eurocup, sendo eliminados en primeira rolda cun balance de 3−7. En 2022 o equipo termina na posición 17, descendendo á Liga LEB Ouro.
Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
MoraBanc Andorra 2022−2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
A seguinte é unha lista dos adestradores do Andorra en Liga ACB. Entre paréntese figura a súa carreira completa como adestrador do club.
A seguinte é unha lista dos presidentes do Andorra desde a súa fundación.
Liga Catalá
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1980–81 | 5 | 1ª Autonómica | 6º | |||||||
1981–82 | 5 | 1ª Autonómica | 1º | |||||||
1982–83 | 4 | 3ª División | 5º | |||||||
1983–84 | 4 | 3ª División | 1º | |||||||
1984–85 | 3 | 2ª División | 6º | |||||||
1985–86 | 3 | 2ª División | 1º | |||||||
1986–87 | 2 | 1ª División B | 22º | 12–22 | ||||||
1987–88 | 2 | 1ª División B | 20º | 22–20 | ||||||
1988–89 | 2 | 1ª División | 10º | 15–15 | ||||||
1989–90 | 2 | 1ª División | 5º | 19–14 | ||||||
1990–91 | 2 | 1ª División | 4º | 23–18 | ||||||
1991–92 | 2 | 1ª División | 1º | 29–12 | ||||||
1992–93 | 1 | ACB | 12º | 15–18 | Primeira rolda | |||||
1993–94 | 1 | ACB | 9º | 20–12 | Primeira rolda | |||||
1994–95 | 1 | ACB | 8º | 20–20 | Cuartos de final | |||||
1995–96 | 1 | ACB | 19º | 11–31 | 3 Copa Korać | FG | 3–7 | |||
1996–97 | 2 | LEB | 4º | 21–19 | ||||||
1997–98 | 7 | 3ª Autonómica | 1º | |||||||
1998–99 | 6 | 2ª Autonómica | 1º | |||||||
1999–00 | 5 | 1ª Autonómica | 1º | |||||||
2000–01 | 5 | 1ª Autonómica | 7º | 18–12 | ||||||
2001–02 | 5 | 1ª Autonómica | 2º | 21–11 | ||||||
2002–03 | 5 | 1ª Autonómica | 6º | 17–13 | ||||||
2003–04 | 5 | 1ª Autonómica | 4º | 21–9 | ||||||
2004–05 | 5 | 1ª Autonómica | 1º | 26–6 | ||||||
2005–06 | 4 | EBA | 7º | 16–14 | ||||||
2006–07 | 4 | EBA | 9º | 13–13 | ||||||
2007–08 | 4 | EBA | 5º | 20–10 | ||||||
2008–09 | 4 | EBA | 2º | 23–10 | ||||||
2009–10 | 3 | LEB Prata | 6º | 21–15 | ||||||
2010–11 | 3 | LEB Prata | 3º | 27–14 | Copa LEB Prata | 2º | ||||
2011–12 | 3 | LEB Prata | 1º | 19–5 | Copa LEB Prata | 2º | ||||
2012–13 | 2 | LEB Ouro | 3º | 30–10 | Copa Príncipe | 2º | ||||
2013–14 | 2 | LEB Ouro | 1º | 21–5 | Copa Príncipe | 1º | ||||
2014–15 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | ||||||
2015–16 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | ||||||
2016–17 | 1 | ACB | 8º | 17–18 | Cuartos de final | |||||
2017–18 | 1 | ACB | 6º | 20–17 | 2 EuroCup | FG | 3–7 | |||
2018–19 | 1 | ACB | 10º | 16–18 | 2 EuroCup | SF | 13–8 | |||
2019–20 | 1 | ACB | 9º | 15–13 | Semifinais | 2 EuroCup | T16 | 8–8 | ||
2020–21 | 1 | ACB | 9º | 17–19 | 2 EuroCup | T16 | 6–10 | |||
2021–22 | 1 | ACB | 17º | 11–23 | 2 EuroCup | SF | 12–7 |
A seguinte é unha lista dalgúns uniformes que ten vestido o Andorra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.