From Wikipedia, the free encyclopedia
Natxo Lezkano Moya, nado en Portugalete, Biscaia, é un adestrador profesional de baloncesto vasco. Desde o 26 de agosto de 2016 até o 18 de marzo de 2019 foi o adestrador do Club Baloncesto Breogán, sucedendo no cargo a Quique Fraga.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1972 (51 anos) Portugalete, España |
Actividade | |
Ocupación | adestrador de baloncesto |
Deporte | baloncesto |
Nado en Portugalete, Biscaia, Lezkano comezou adestrar na súa cidade natal ás categorías inferiores do Club Jarrilleros. De aí pasou a adestrar ao Campus de Álava de Vitoria até que no ano 2002 fichou polo TAU Cerámica, que por aquel entón dirixía Duško Ivanović. Estivo no conxunto vasco até finais da tempada 2006−07 como segundo adestrador, ademais de con Ivanović, con outros técnicos como Velimir Perasović, Pedro Martínez ou Božidar Maljković. No seu último ano na entidade baskonista, asumiu o cargo de primeiro adestrador durante parte da tempada, mentres Perasović se recuperaba dunha anxina de peito.
En decembro de 2007 asinou contrato co Palencia Baloncesto de LEB Prata, club co que unha tempada máis tarde conseguiría o ascenso á LEB Ouro ademais do título de campión da Copa LEB Prata. Ano tras ano, foi cumprindo obxectivos co club morado. O 30 de xaneiro de 2015, conseguiu gañar a Copa Príncipe. Permaneceu en Palencia Baloncesto oito tempadas consecutivas. Ademais, adestrou ao equipo nacional de Costa do Marfil en dous Afrobasket, Madagascar 2011 e Costa do Marfil 2013. Desde o 26 de agosto de 2016, tras adestrar en Venezuela, convértese en adestrador do Club Baloncesto Breogán.[1] No Breogán conseguiu gañar a Copa Princesa (2018), a Copa Galicia (2018) e devolver ao equipo á Liga ACB tras gañar a LEB en 2018.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.