![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Imola_2009.svg/langgl-640px-Imola_2009.svg.png&w=640&q=50)
Autódromo Enzo e Dino Ferrari
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Autodromo Enzo e Dino Ferrari é un autódromo de 4´9 km situado en Imola, Italia, a 40 quilómetros ao leste de Boloña e 80 quilómetros ao leste da fábrica Ferrari en Maranello. Estet é un dos poucos circuítos internacionais importantes que funcionan en sentido antihorario. O circuíto leva o nome do defunto fundador de Ferrari, Enzo Ferrari, e do seu fillo, Alfredo Ferrari, que morreu en 1956 aos 24 anos. O circuíto ten unha licenza de grado 1 da FIA.[1]
Autódromo Enzo e Dino Ferrari | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
![]() | |
Datos | |
Carreiras |
|
Localización | ![]() |
Coordenadas | |
Circuíto (2008–presente) coa variante da chicana Bassa | |
Lonxitude km | 4,909 |
Curvas | 197 |
Volta rápida | 1:15.484 (F1 2020) |
Récord piloto | ![]() |
Récord equipo | Mercedes |
Récord ano | 2020 |
Circuíto (1995–2006) | |
Lonxitude km | 4´959 |
Curvas | 22 |
Volta rápida | 1:20.411 (F1 2004) |
Récord piloto | ![]() |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2004 |
Deseño orixinal coa chicana Acque Minerali (1981-1994) | |
Lonxitude km | 5´040 |
Curvas | 22 |
Volta rápida | 1:24.335 (F1 1994) |
Récord piloto | ![]() |
Récord equipo | Williams |
Récord ano | 1994 |
Trazado orixinal (1980) | |
Lonxitude km | 5´000 |
Curvas | 20 |
Volta rápida | 1:36.089 (F1 1980) |
Récord piloto | ![]() |
Récord equipo | Williams- Ford |
Récord ano | 1980 |
Vista do Circuíto | |
![]() | |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Foi a sede do Gran Premio de San Mariño. Para que Italia puidese ser anfitrión de dous Grandes Premios de Fórmula 1, determinouse que, como Imola queda preto de San Marino, esta carreira chamásese Gran Premio de San Marino. Tamén acolleu o Gran Premio de Italia de 1980, o Gran Premio de Italia normalmente ten lugar no Autodromo Nazionale Monza. Cando a Fórmula Un visita Imola, vese como o "circuíto de casa" da Scuderia Ferrari e saen masas de "tifosi" (seguidoresde Ferrari) para apoiar ao equipo local.
O circuíto leva o nome de Ferrari, en lembranza do seu fundador Enzo e do seu fillo Dino, que morrera na década de 1950. Antes da morte de Enzo Ferrari en 1988 chamábase "Autodromo Dino Ferrari. Imola, como e coloquialmente coñecido, é un dos circuítos que van en contra da dirección das agullas do reloxo (circuíto de Istambul e o Autódromo José Carlos Pace en Interlagos, Brasil son outros dos circuítos con esta característica). Construído na década de 1950, Imola foi popular entre os condutores debido a súa rapidez.
O recinto volveu ao calendario da Fórmula Un durante a tempada 2020 para axudar ao deporte a cubrir as carencias do calendario causadas polas cancelacións doutras carreiras debido á pandemia da COVID-19, a carreira no circuíto nomeouse como Gran Premio da Emilia-Romaña en honra á rexión onde está situado o circuíto. Isto tamén significa que o recinto acollerá unha carreira do Campionato do Mundo baixo un terceiro nome diferente ao ter sido o Gran Premio de Italia de 1980 e o Gran Premio de San Marino desde 1981 ata 2006.[2]