![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/Imola.svg/langgl-640px-Imola.svg.png&w=640&q=50)
Gran Premio de San Marino
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de San Marino (en italiano, GP di San Marino) foi unha carreira do campionato mundial de Fórmula Un que se disputou no Autódromo Enzo e Dino Ferrari na cidade de Imola, preto dos montes Apeninos en Italia, entre 1981 e 2006. Chámase Gran Premio de San Marino porque xa hai un Gran Premio de Italia, e a República de San Marino en si non ten a infraestrutura necesaria para albergar un Gran Premio. En 1980, o circuíto de Imola foi utilizado para o 51º Gran Premio de Italia.
Para o gran premio de motociclismo véxase: Gran Premio de Motociclismo de San Marino.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | evento deportivo recorrente ![]() |
---|---|
Deporte | deportes de motor ![]() |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo Enzo e Dino Ferrari (Imola) 44°20′28″N 11°42′48″L |
Lonxitude | 4,909 km ![]() |
País | San Marino ![]() |
Vixencia | 1981 – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Michael Schumacher ![]() |
Pechar