![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b3/Damon_Hill_in_the_paddock_before_the_1993_British_Grand_Prix_%252832873541593%2529_%2528cropped%2529.jpg/640px-Damon_Hill_in_the_paddock_before_the_1993_British_Grand_Prix_%252832873541593%2529_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Damon Hill
From Wikipedia, the free encyclopedia
Damon Graham Devereux Hill, OBE, nado en Londres o 17 de setembro de 1960, é un expiloto de Fórmula 1 británico e o campión do mundo de 1996. É fillo do dúas veces campión do mundo de Fórmula 1 Graham Hill.
![]() (1993) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Damon Graham Devereux Hill ![]() 17 de setembro de 1960 ![]() Hampstead, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | West End House (en) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | Reino Unido ![]() |
Educación | Haberdashers' Aske's Boys' School (en) ![]() ![]() |
Altura | 182 cm ![]() |
Peso | 78 kg ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Carro de Fórmula 1 (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | piloto de Fórmula Un , empresario , guitarrista ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Participou en | |
1989 | 24 Horas de Le Mans ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Josh Hill (en) ![]() ![]() |
Pai | Graham Hill ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Hill chegou ás competicións de motor profesionais relativamente tarde, comezou a competir con motocicletas en 1983 á idade de 23 anos. Ao ano seguinte gañou a copa de 350 cc en Brands Hatch. En 1985 pasouse aos monoprazas de 4 rodas competindo co equipo Van Diemen na Fórmula Ford, antes de cambiar de novo á Fórmula 3 británica en 1986. Logo de tres tempadas na Fórmula 3, onde gañou 4 carreiras, Hill volveu cambiarse, esta vez á Fórmula 3000 internacional, co equipo Mooncraft, onde, aínda que foi competitivo, nunca gañou unha carreira.
Hill comezou a súa carreira na Fórmula 1 co entón pouco competitivo equipo Brabham en 1992. Obtivo a súa primeira vitoria no Gran Premio de Hungría de 1993 para o equipo Williams a primeira das súas 22 vitorias, 21 das cales foron con Williams. En 1994 gañou o Gran Premio do Reino Unido, unha carreira que o seu pai nunca gañou na súa longa e exitosa carreira. A mediados de os 90, Hill foi o principal rival de Michael Schumacher para o campionato de pilotos, acabando subcampión nas tempadas 1994 e 1995, as cales gañou o piloto alemán. Ambos tiñan unha longa lista de enfrontamentos dentro e fóra da pista, incluíndo a famosa colisión en Adelaida en 1994 que outorgou a Michael Schumacher o seu primeiro título por tan só un punto.
Williams botou a Hill na tempada 1997 a pesar de conseguir 8 vitorias e o campionato do mundo na tempada anterior, e foi contratado por Arrows. Conseguiu ademais a primeira vitoria para o equipo Jordan no Gran Premio de Bélxica de 1998.
En 2006, Hill foi elixido presidente do British Racing Drivers Club, sucedendo así a Jackie Stewart.
A súa primeira carreira foi o Gran Premio de España de 1992 e a última o Gran Premio do Xapón de 1999.