Os territorios "insulares" de Irlanda e Gran Bretaña, moi divididos politicamente, tiveron nesta época unha destacable unidade cultural no predominio artístico, intelectual e socio-relixioso do monacato que, sobre a base do cristianismo, fusionou os restos da herdanza clásica grecorromana con achegas dos pobos xermánicos e as características locais dos pobos prerromanos autóctonos, xenericamente clasificados como "celtas" ou "gaélicos".[2]
Os trazos formais do estilo orixináronse a partir da ourivaría destinada á elite secular, que a comezos do século VII combinouse coa arte celta e a arte anglosaxoa. Identifícanse especialmente coa decoración de entrelazado,[3] como a atopada en Sutton Hoo (que presupón unha tradición local ben establecida da que só sobreviviron pequenas pezas), e que se aplica noutros ámbitos, como a iluminación de manuscritos, que responden a outro mundo cultural: o do Mediterráneo. Antes do século VII, é rara a presenza de códices, aínda que non así de xoiaría, sobre todo en Irlanda.[4] As primeiras pedras pictas datan do século V.[5]
A arquitectura anglosaxoa da época utilizaba, polo xeral, materiais efémeros que non permitiron a súa conservación. Mesmo os mosteiros e igrexas levantados en pedra están na súa maior parte destruídos ou moi alterados, sendo só posible a súa reconstrución arqueolóxica.
Na arquitectura irlandesa[7] do período, destacan as chamadas round towers ou torres irlandesas (das que hai tamén exemplos en Escocia e na illa de Man).
Os mosteiros, autosuficientes, dotábanse de scriptorium e de talleres metalúrxicos para satisfacer as súas necesidades litúrxicas.
Elementos de época altomedieval na igrexa de Todos os Santos[8] de Earls Barton.
Planta basilical da igrexa de Todos os Santos[9] de Brixworth.[10]
Torre da igrexa de San Pedro de Barton-upon-Humber.[11]
Muro norte e parte do muro occidental da nave da igrexa de Greensted.[12] Un pequeno van a baixa altura podería ser, ben un espazo para situar a pila a auga bendita, ben un leper's squint ("haxioscopio[13] dos leprosos").
Hugh Kearney, As Illas Británicas, Akal, 2003, ISBN 8483230399, pg. 19: Os historiadores da arte puxeron en circulación o termo "hiberno-saxón" (agora amplamente remprazado por "insular") co propósito de crear un escenario máis amplo que o das categorías nacionais tradicionais
NMI": Wallace, Patrick F., O'Floinn, Raghnall eds. Treasures of the National Museum of Ireland: Irish Antiquities ISBN 0-7171-2829-6. Fonte citada en en:Ardagh Hoard
Blair, Peter Hunter (1977) [1956]. An Introduction to Anglo-Saxon England (Second ed.). Cambridge & London: Cambridge University Press. pp. 146, 151–152. ISBN 0-521-29219-0. Fuente citada en en:Brixworth
Hugh Honour and John Fleming, A World History of Art,1st edn. 1982 & later editions, Macmillan, Londres, page refs to 1984 Macmillan 1st edn. paperback. ISBN 0-333-37185-2
Susan Youngs (ed), "The Work of Angels", Masterpieces of Celtic Metalwork, 6th–9th centuries AD, 1989, British Museum Press, Londres, ISBN 0-7141-0554-6
Wilson, David M.; Anglo-Saxon Art: From The Seventh Century To The Norman Conquest, Thames and Hudson (US edn. Overlook Press), 1984.