escritora estadounidense (1888-1981) From Wikipedia, the free encyclopedia
Corinne Anita Loos, nada en Sisson (California) o 26 de abril de 1888[1][2] e finada en Nova York o 18 de agosto de 1981, foi unha guionista, dramaturga e escritora estadounidense. En 1912, converteuse na primeira muller guionista contratada en Hollywood, cando D. W. Griffith a contratou para Triangle Film Corporation. É coñecida pola súa novela cómica de 1925 Gentlemen Prefer Blondes, e a súa adaptación para Broadway da novela de Colette Gigi.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1889 Mount Shasta, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 18 de agosto de 1981 (92 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Etna (pt) |
Educación | San Diego High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, autobiógrafa, actriz de cinema, novelista, guionista, memorialista |
Período de actividade | 1912 - 1980 |
Xénero artístico | Comedia |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | John Emerson (1919–1956) valor descoñecido (1915–1919) |
Pai | R. Beers Loos |
Descrito pola fonte | American Women Writers (en) The St. James women filmmakers encyclopedia (en) |
|
Comezou a traballar no teatro, co seu pai que foi director, e aos 12 anos xa escribía guións para o cinema. Con vinte anos, Loos xa era guionista profesional. En 1911 vendeu o guión do filme The New York Hat,[3] producido en 1912 por D. W. Griffith e protagonizado por Mary Pickford e Lionel Barrymore. Ela descubriu a Douglas Fairbanks,[4] que se converteu nunha das grandes figuras do cinema mudo de Hollywood e para o que escribiu moitos guións entre 1916 e 1919.
En 1919 Loos casou co escritor e director John Emerson e xuntos comezaron a escribir e producir os seus propios filmes. Nos anos trinta soubo adaptarse ao cinema sonoro e desde 1932 e durante 18 anos traballou para a Metro-Goldwyn-Mayer, á que deu algúns dos seus maiores éxitos: Red-Headed Woman (1932), que consagrou a Jean Harlow (1936) e Saratoga (1937), ambos con Clark Gable.[5][6]
Tamén escribiu obras de teatro, novelas e adaptacións, como Gigi de Colette. Ademais, escribiu regularmente para a prensa para Harper's Bazaar, Vanity Fair e The New Yorker.[7][8]
É coñecida sobre todo pola súa novela Gentlemen Prefer Blondes (1926), que axiña se converteu nun éxito de vendas e deu lugar a filmes e musicais, como o protagonizado por Marilyn Monroe e Jane Russell. Escrito en forma de diario, cheo de humor descarado e situacións cómicas e facendo uso da elegancia, a ironía e a fantasía, converteuse nunha referencia inevitable na literatura popular do século XX.[9]
Despois escribiu a continuación, But Gentlemen Marry Brunettes (1928), ademais doutras novelas como A Mouse Is Born (1951) e No Mother To Guide Her (1961), e memorias como A Girl Like I (1965) e Goodbye to Hollywood with a Kiss (1974).[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.