Andros, Grecia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Andros (grego: Άνδρος) é unha illa de Grecia, a máis setentrional do arquipélago das Cícladas, situada entre Eubea ao nordés, que se acha a uns 10 km, e Tinos ao sur, a tan só 3 km. A súa superficie é de 374 km², cuns 40 km de longo e unha anchura máxima de 16 km. É montañosa e ten vales fértiles e ben regados.
Andros | |
---|---|
Άνδρος | |
Cidade de Andros | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Exeo Meridional |
Arquipélago | Cícladas |
Mar | Mar Exeo |
Coordenadas | 37°50′N 24°56′L |
Xeografía | |
Superficie | 380´04 km² |
Longura máxima | 40 km. |
Largura máxima | 16 km. |
Punto máis alto | 995 m. Monte Kouvara |
Demografía | |
Capital | Andros |
Poboación | 9.221 hab. (2011) |
Densidade | 24´3 hab./km² |
Lingua propia | Grego |
Andros ou Khora, a capital, na costa leste, tiña uns 2.000 habitantes en 1992, os mesmos que un século atrás. outros asentamentos son Gavrio, Batsi, e Ormos Korthiou. A illa tiña 18.000 habitantes en 1900, cunha densidade de 48´13 hab./km². En 1991, o censo era de 8.781 habitantes, cunha densidade de 23,48 hab/km². En (1992), a poboación da cidade de Andros era de 2.000 habitantes e o total da illa de 10.500 habitantes.
A illa é famosa polo seu manancial Sariza en Apoikia onde a auga sae dunha cabeza de león. Paleópolis, a antiga capital, foi construída nunha empinada ladeira, e o espigón do seu porto aínda se pode ver baixo a auga.