Andros, Grecia
Andros é unha illa de Grecia, a máis setentrional do arquipélago das Cícladas, situada entre Eubea ao nordés, que se acha a uns 10 km, e Tinos ao sur, a tan só 3 km. A súa superficie é de 374 km², cuns 40 km de longo e unha anchura máxima de 16 km. É montañosa e ten vales fértiles e ben regados.
Read article