Remove ads
artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista dalgunhas das 6.000 illas e illotes de Grecia, das que 227 están habitadas. Apenas 78 illas teñen máis de 100 habitantes.
A illa grega máis grande por superficie é Creta, que se atopa no extremo sur do mar Exeo. A segunda illa máis grande é Eubea, que está separada do continente polo Estreito de Euripo de 60 m. de ancho, e adminístrase como parte da perifieria de Grecia Central. Despois están a terceira e cuarta illas gregas, Lesbos e Rodas, o resto das illas son as dúas terceiras partes da superficie de Rodas, ou máis pequenas.
As illas gregas están tradicionalmente agrupadas nos seguintes grupos: As illas Argo-Sarónico no golfo Sarónico preto de Atenas, as Cícladas, unha gran pero densa colección, ocupando a parte central do mar Exeo, as Illas do Exeo Norte, unha agrupación da costa oeste de Turquía, o Dodecaneso, outro conxunto disperso no sueste entre Creta e Turquía, as Espóradas, un grupo moi pequeno fronte ás costas de Eubea, e as Illas Xónicas, situadas ao oeste da península no Mar Xónico (unha destas illas, Citerea, está na punta sur da Península do Peloponeso e forma parte da periferia Ática, pero se consideran parte das illas Xónicas, principalmente debido a razóns históricas). Tamén hai moitas illas, illotes e rocas que rodean a costa de Creta.
O nome Espóradas (Σποράδες, en grego) vén do adxectivo grego sporas (no xenitivo, sporados), que significa "espallado", "diseminado", como son as illas que constitúen este arquipélago.
As illas Xónicas, (en grego Ιόνια νησιά, Ionia nisia, en grego antigo Ἰόνιοι Νῆσοι, Ionioi Nēsoi) forman un arquipélago ao oeste da Grecia continental que se compón de sete illas principais.
O termo Dodecaneso (en grego, Δωδεκάνησα – Dodekánisa) significa "doce illas", unha referencia á ducia de illas principais do arquipélago do mar Exeo, 164 illas en total das cales 26 están habitadas, todas gregas.
As illas Cíclades ou Cícladas compoñense de 220 illas localizadas no mar Exeo, incluídas as Cícladas menores. O seu nome refírese ás illas ao redor (κυκλάς) da illa sagrada de Delos.
Esta é unha lista de illas, illotes e rochas que rodean a illa de Creta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.