Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Leipsoí (grego: Λειψοί), tamén:Lipsi) é un pequeno grupo de illotes situado na zona norte do arquipélago do Dodecaneso, en Grecia, ao sur da illa de Samos e ao norte de Leros. Leipsoí é a illa máis grande do grupo, e está comunicada polos transbordadores que pasan entre Patmos e Leros, máis grandes e mellor comunicadas, e na ruta principal dun transbordador semanal que parte do Pireo, o porto de Atenas. A poboación principal de Lipsi é pintoresca, aínda que de escaso interese arquitectónico.
Epónimo | Calipso (mitoloxía) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | ||||
Periferias | Exeo Meridional | ||||
Unidades periféricas | Calímnos (pt) | ||||
Concello | Leipsoi Municipality (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 790 (2011) (49,87 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 15,84 km² | ||||
Bañado por | Mar Exeo | ||||
Altitude | 277 m | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Benetos Spyrou (en) (2011–2014) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 850 01 | ||||
Sitio web | lipsi.gov.gr |
O punto máis alto da illa sitúase aproximadamente a 300 metros por encima do nivel do mar. A súa superficie é de 16 km², cunha lonxitude de costa de 35 km.
A illa ten mananciais en Fountani (tamén coñecido como Pikri Nero) na zona próxima a Koimissi, xunto con outros menores que tamén flúen nesta zona. Unha ruta pavimentada de 960 metros tallada no outeiro conecta a zona superior da illa, ó barrio de Koimisi, co asentamento principal, dominado pola Cova de Ontas. Outras formacións xeolóxicas do mesmo tipo poden atoparse ao longo da costa e nas illas máis aló da baía portuaria.
Hai algunhas praias realmente fermosas nesta illa, entre as cales Lientou é a máis popular pola súa proximidade á poboación, pero tamén Kampos, Platys Yialos, encantadora franxa de area no mar, Papandria ao sur, fronte á illa de Leros, que ofrece unha vista típica de xunqueiras e unha fermosa contorna natural. Chochlakoura, amplamente celebrada polos seus guijarros, pedras planas e pintorescas covas, Tourkomnima e Xirokampos, Monodendri e Kamares, son todas elas praias de beleza salvaxe, pero a maior distancia das poboacións.
A illa é coñecida como Leipsoí fai 566 anos, desde o período do emperador Bizantino Alexios Komnenos. Pertencía por completo ao Mosteiro de Patmos, que actualmente mantén dereitos de propiedade en Leipsoí. O Museo Eclesiástico e de Folclore de Leipsoí alberga iconas relixiosas do século XVI e XVII, cruces e vestimentas relixiosas adornados de ouro do século XVII, vestimentas locais, utensilios tradicionais e moedas de varios períodos históricos. Tamén se mostra unha colección menor de achados diversos, entre os que destaca un fragmento de capitel de mármore de estilo Xónico do século IV AC e algunhas lámpadas de aceite do século III AC.
Os produtos locais, a saber, o mel de tomiño (producido de forma tradicional), o viño, unha das variedades máis antigas de queixo en Grecia, un queixo de cabra chamado touloumotyri, unha versión local de queixo de soro chamado mizithra e uvas. Tamén tecidos tradicionais, alfombras e fookadia (bolsas de tea utilizadas para a cepa de queixo).
A maioría das illadas e protexidas baías que bordean a costa, como a Baía Moschato no norte da illa, víronse prexudicadas pola piscicultura. A auga nestas baías está a miúdo moi turbia cos refugallos do cultivo. As praias, menos protexidas naturalmente, non están contaminadas e hai un fácil acceso mediante a rede de estradas, recentemente reconstruídas mediante financiamento da Unión Europea.
Leipsoí forma parte das illas do Dodecaneso que non son hídricamente autosuficientes. Recibe auga todos os anos, especialmente no verán pola tempada turística, desde Rodas, por un prezo medio de 5 € o metro cúbico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.