arquitecto galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 2019,[1] foi un arquitecto galego,[2] recoñecido como a figura máis representativa da modernidade na arquitectura galega da segunda metade do século XX. A súa obra, funcionalista, relaciónase coa de Ludwig Mies van der Rohe.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1924 A Coruña, España |
Morte | 29 de decembro de 2019 (95 anos) A Coruña, España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Membro de | |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | sete: "Fernández-Albalat Ruíz" (2 deles arquitectos) |
Premios | |
| |
Fillo dun enxeñeiro militar, fixo o bacharelato na súa cidade natal. Estudou dous anos de violín. Fixo dous cursos de Ciencias Exactas en Santiago de Compostela. En 1955, cunha bolsa de estudos de artes plásticas, facendo acuarelas, viaxou por Italia, percorrendo Venecia, Roma, Florencia e Asís. Preparou o ingreso na universidade no Colexio Maior Ximénez de Cisneros, onde coincidiu con Eduardo Chillida. Doutorouse pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM), onde coñeceu a Miguel Fisac, Ramón Vázquez Molezún, José Antonio Corrales, Carlos Meijide, Alberto Noguerol, Javier Carvajal Ferrer e Rafael de la Hoz Arderius.[4] Foi profesor emérito da Universidade da Coruña, onde exerceu como docente dende 1978.[5] Ditou cursos de doutoramento e seminarios sobre: "Hecho Proyectual, Relaciones de las Bellas Artes y la Arquitectura" e "Construcción, Arquitectura, Música" en España e o Brasil.
Foi decano do Colegio de Arquitectos de León, Asturias y Galicia e decano fundador do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1973-1977).[6] En 1999 foi escollido académico de número da Real Academia Galega, pronunciando o discurso "Significante y significado. Linguaxe e arquitectura", que foi respondido por Carlos Casares.[7] Así mesmo, foi tesoureiro da mesma institución de finais de 2001 a finais de 2009.[8] Foi membro da Real Academia Galega de Ciencias, académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes[9] e académico de número e supernumerario da Real Academia de Doutores de España, na que ingresou co discurso "Música y arquitectura".[10]
Foi, tamén, académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, membro e presidente de honra do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, no que ingresou en 1968 co discurso "La ciudad de las rías",[11] membro do padroado do Museo do Pobo Galego e membro do Padroado Rosalía de Castro.
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
No ano 1968, Fernández-Albalat presenta á Deputación da Coruña un proxecto para a organización urbana entre as cidades da Coruña e de Ferrol, posto que os estudos daquela prognosticaban que A Coruña chegaría ao millón de habitantes para o ano 2000. Por iso a arquitecto coruñés ideou unha sorte de área metropolitana Coruña-Ferrol, algo moi avanzado para a época.
O proxecto consistía en que, ao non ter A Coruña espazo para a súa expansión dentro dos seus termos municipais, e dado o extraordinario crecemento demográfico e industrial de Ferrol, a idea era facer unha cidade entre ambas zonas urbanas, arredor da ría de Betanzos e da ría de Ares, nos concellos de Sada, Bergondo, Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Fene e Ares, unindo cunha ponte Sada e Pontedeume, facendo unha estrada directa que fose de Ferrol á Coruña. A nova cidade, nomeada polo arquitecto como "Cidade das Rías", ía contar cunha poboación de 600.000 habitantes, distribuídos en zonas de 25.000 habitantes e estas en tres barrios cada unha duns 8.000 habitantes. Os barrios e zonas (unión de tres barrios) contarían co básico, tendas, supermercado, escola e instituto, igrexa, polideportivo etc.; é dicir, Albalat non busca crear unha cidade xardín para A Coruña e Ferrol, senón unir ámbalas dúas urbes mediante un tecido urbano completo, respectuoso coa natureza e o contorno e localizado nos mellores puntos xeográficos para a súa comodidade e eficiencia. A Deputación da Coruña rapidamente fixo caso ao proxecto coa intención de poñelo en marcha, máis finalmente non obtivo o apoio das corporacións municipais, en concreto a do Concello de Ferrol, que vía con moita reticencia ese proxecto ao pensar que suporía quedar subordinados á cidade da Coruña e perder a súa autonomía e identidade, postura apoiada polo crecemento demográfico e industrial ferrolán que parecía non decaer, así que a Deputación deixouno no caixón sen facerlle caso.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.