arquitecto español From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel Fisac Serna, nado en Daimiel (Cidade Real) o 29 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 12 de maio de 2006[1] foi un arquitecto, urbanista e pintor español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Miguel Fisac Serna 29 de setembro de 1913 Daimiel, España |
Morte | 12 de maio de 2006 (92 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, pintor, urbanista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Maria Badell Lapetra |
Fillos | Taciana Fisac |
Irmáns | Lola Fisac |
Premios | |
Páxina web | fundacionfisac.com… |
Fillo dun farmacéutico, a Guerra Civil Española interrompeu os seus estudos de arquitectura en Madrid. Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1942 coa obtención do Premio Superior. Descontento coa arquitectura que se estaba a facer, logrou un estilo persoal, no que os seus edificios incorporaban orixinais solucións estruturais de formigón pretensado e as súas características vigas-óso.
Nos seus comezos, pouco a pouco vaise apartando do racionalismo dos seus mestres, influenciado pola obra do arquitecto norteamericano Frank Lloyd Wright, o neoempirismo do arquitecto Erik Gunnar Asplund e o organicismo nórdico, experimentado na súa viaxe en 1949 a Suecia. Interesoulle tamén a arquitectura popular.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.