planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O alquequenxe[1] (Physalis alkekengi) é unha planta vivaz herbácea pertencente á familia Solanaceae que acada até un metro de altura, caracterizada por posuír uns froitos (chamados alquequenxes ou tomates de capucho) de cor entre laranxa e vermella, recubertos por un cáliz a xeito de capucho da mesma cor, de sabor agradábel e aínda que bastente acedo, os cales son moi ricos en vitamina C así como en ácidos cítrico e málico, caroteno, fisalieno, aínda que tamén presentan indicios de alcaloides[2].
Alquequenxe | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Physalis alkekengi | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
Physalis alkekengi L. |
É unha planta herbácea perenne con rizoma de 5-11 dm de altura. Talo erecto e ríxido de cor verde avermellada. As follas pecioladas, ovais e apuntadas ce cor verde e de 5–8 cm de lonxitude. As flores son solitarias e pénsiles coa corola de cor branca crema. O froito (alquequenxe ou tomate de capucho) é unha baga globulosa de cor encarnada semellante á cereixa e está envolvida por unha vesícula ou cascabullo costelado de cor vermella en forma de "lanterna xaponesa". Florea na primavera e no verán.
Esténdese polos terreos calcarios de Eurasia. Tamén prolifera nos parques e xardíns e é utilizado para facer sebes e terrapléns.
Os romanos chamaban a esta planta de helicacabum. Dioscórides comenta "Áchase outro solano chamado propiamente halicacabo e vexiguilla. O seu froito é roxo, redondo e liso, e semellante aos grans de uvas: o cal está encerrado en certos follos redondos, a maneira de vexiguiñas. O dito froito bebido arranxa a ictericia, sendo provocativo de urina". Laguna engade: "A chamada de halicacabo en grego dise en latín vesicaria: e esta é a que chaman Alkankegi os árabes. As vexigas de alkankegi comezan a vermellar por fin en agosto".[3]
Contén fisalinas (principios amargos de natureza esteroídica); fisaleno (carotenoide); ácido cítrico; e vitamina C.[3]
Tradicionalmente, as súas bagas eran consideradas comestíbeis, cun discreto efecto laxante.[3]
As follas e talos empregáronse coma depurativo do ril e do fígado, e coma tónico xeral despois dun proceso febril, coma a malaria. Relátase un certo peso da rexión gástrica e estrinximento en caso de administrar doses excesivamente altas, a persoas especialmente sensíbeis.[3]
A planta tense empregado na homeopatía coma tintura de bagas maduras.[4]
Actualmente, documentouse que as raíces e bagas conteñen substancias cuxa inxestión pode afectar negativamente á saúde. Nas raíces, tense constatado a presenza de alcaloides tropanos. As bagas posúen efectos antiestroxénicos.[5]
Physalis alkekengi foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 183, no ano 1753.[6]
alkekengi: epíteto
Physalis: nome xenérico que deriva da verba grega: phusa, cuxo significado é algo así coma "bóchega", polos cascabullos ou capuchos do froito.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.