xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Physalis (os fisalis) é un xénero de plantas da familia das solanáceas (familia da tomateira e a pataqueira), nativo das rexións temperadas, cálidas e subtropicais de todo o mundo.
fisalis (xénero Physalis) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Physalis peruviana | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Véxase no texto. |
Como ocorre con outras especies e froitas exóticas, os fisalis medran moi ben nas condicións galegas e do norte da península en xeral.
Non ten a especie un nome vulgar galego agás o xenérico: fisalis,[Cómpre referencia] xa que non é unha planta europea. No Perú coñécese como "aguaymanto" e "capulí". No Ecuador coma "uvilla", en México co nome de coztomate e en lingua otomí como depe; en Colombia "uchuva".
O xénero caracterízase polo seu froito arroibado, amarelento e miúdo, semellante en tamaño, forma e estrutura a un tomate, mais envolto en parte ou completamente por unha casca grande que deriva do cáliz.
O seu cultivo, orixinario de América do Sur, remóntase ao período dos Incas no Perú.
Caracterízase por ser unha baga carnosa, doce e un chisco aceda, bastante zumarenta en forma de globo ou ovoide cun diámetro. O seu peso aproximado varía entre 4 e 7 g de media, está cuberta por un cascabullo formado por cinco sépalos que o abeira de insectos, paxaros, patóxenos e condicións climáticas extremas.
En Galiza e cornixa cantábrica cultívase xeralmente coma aproveitamiento marxinal porque medra de xeito doado nos climas frescos e húmidos de influencia mariña. En Asturias atópase incluso como subespontánea.
Unha das principais características do froito son as súas excelentes cualidades nutricionais que foron pouco difundidas, especialmente as súas propiedades de redución de colesterol, o seu alto contido de fibra, vitamina A e apreciado polo seu excelente e alto contido de caroteno e vitamina C, e o seu baixo nivel de calorías. Rico en minerais, especialmente calcio, ferro e fósforo; contén niveis importantes de proteína. Fortalece o sistema inmunitario e a visión, ademais de funcionar como antioxidante. É ademais unha boa fonte de pectina. Outra das bondades do Physalis é a súa gran duración a temperatura ambiente da vida post colleita.
O seu consumo é en forma natural, en fondos de chocolate, repostaría, xeleas, zumes, xeados, doces, marmeladas, en mollos para carnes brancas e ensaladas e incluso coma decoración de pratos especiais. Internacionalmente considéraselle coma unha froita exótica. Industrialmente fabrícanse marmeladas, néctares, zumes turbios, e conservas con resultados moi satisfactorios, ofrecendo un rendimento de 83 a 86% en polpa.
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.