A Veiga
concello da comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
A Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2019 tiña 889 habitantes (453 homes e 436 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «veiguense».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | A Veiga | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 925 (2023) (3,18 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 290,49 km² | ||||
Altitude | 874 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde da Veiga | Juan Anta Rodríguez | ||||
Eleccións municipais na Veiga | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32357, 32365, 32360, 32366, 32368 e 32369 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32083 | ||||
Páxina web | aveiga.gal |
Censo total | 889 (2019) |
---|---|
Menores de 15 anos | 37 (4.16 %) |
Entre 15 e 64 anos | 451 (50.73 %) |
Maiores de 65 anos | 401 (45.11 %) |
Evolución da poboación da Veiga Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6977 | 6742 | 6357 | 3513 | 1318 | 1106 | 1048 | 1036 | 1000 | 965 | |||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
O concello pertence ó partido xudicial do Barco, e á diocese de Astorga, arciprestado da Veiga. Limita ao norte co Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras e Petín, ao sur con Viana do Bolo, ao leste coa provincia de Zamora e ao oeste co Bolo.
É o concello máis amplo da provincia, con 291 km², e unha altitude media de 1024 metros. No concello atópase a maior altitude de Galicia: o pico de Pena Trevinca, de 2127 metros.
A súa xeografía pode dividirse en tres zonas diferenciadas:
As terras altas, de orixe cámbrica e precámbrica, son as situadas a máis de 1200 metros de altitude. Abarcan a serra do Eixo (A Chaira, As Minas e Pena Cabrón), as serras do sueste (serra Calva, alto do Torno, alto do Turrideiro e alto da Corraliza) e os Montes de Ramilo.
As terras intermedias están compostas por rochas graníticas hercianas, de 1000 a 1200 metros de altitude. Nelas aséntanse a maior parte dos núcleos habitados, ademais da serra de San Lourenzo.
As terras baixas, con altitudes inferiores aos 1000 metros, coinciden co leito do río Xares e a liña de falla que vai dende O Barco até Quintela de Edroso (Viana do Bolo). A rede hidrográfica é abundante, debido á copiosa pluviometría do municipio. Os principais cursos son os dos ríos Corzos, Xares e Requeixo, e os restantes son regatos con moita pendente, moi rápidos e de gran poder erosivo, dando lugar a estreitos e profundos vales e fervenzas.
A temperatura media anual é fresca, sen superar o conxunto os 8 °C. A oscilación térmica é elevada, sobre todo nas terras situadas a máis de 1300 metros. Os invernos son duros a causa das baixas temperaturas e da presenza da neve. As estacións intermedias son curtas e os veráns mornos con noites claras e frescas, sendo meses máis cálidos xullo e agosto, que alcanzan unha media de 15 °C.
A lagoa da Serpe sitúase a 1697 metros de altitude, no macizo de Pena Trevinca. Ten orixe glacial, e cóntase sobre ela a lenda de que todas as noites de San Xoán aparece sobre unha rocha á beira da lagoa unha fermosa princesa de cabelos negros, que durante o resto do ano permanece convertida en serpe.
Entre a flora existente no concello hai extensas formacións de prados silíceos con Festuca indigesta e manchas en pendentes rochosas de vexetación casmofítica. Xusto en rochais silíceos existe vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion e do Sedo albi-Veronicion dillenii, e tamén exemplos de mato mediterráneo. Entre os bosques, sobresaen o Teixedal de Casaio (Taxus baccata) e os de castiñeiros e rebolos, incluíndo carballeiras de Quercus orocantabrica.
Entre a fauna destacan entre os invertebrados o escornabois Lucanus cervus e a lesma (Geomalacus maculosus). Entre os vertebrados hai réptiles de grande interese como a lagarta leonesa ou o lagarto das silvas. Entre os peixes están a troita ou as bogas. Entre as aves acharrela ou rapaces como o miñato abelleiro, a aguia cobreira, o gatafornela etc.
No concello hai restos castrexos (testemuña dos cales son topónimos como Castromao, Castromarigo ou O Castro de Xares), e inscricións prerromanas na Casa dos Baqueiros en Ponte. Hai tamén constancia de asentamentos defensivos da época romana no Lombo e As Silviñas, preto de Vilaboa, onde se atoparon abundantes anacos de cerámica común romana e algún resto de tégulas.
A Veiga tivo unha intensa actividade política e económica durante os séculos XVI, XVII, XVIII e principios do XIX, ao ser un pobo de reguengo, pagando impostos e dependendo directamente da coroa. Isto implicaba unha división administrativa moi diferente á das localidades valdeorresas, que eran terras de señorío. Os veciños da Veiga, ao igual cós residentes no limítrofe concello do Bolo, pertencían á xurisdición do Bolo.
Até 1835 as terras da Veiga pertencían aos concellos de Castromarigo e Espiño, no partido xudicial de Valdeorras. A comezos do século XX posuía unha cuantiosa cabana gandeira (10 000 cabezas de vacún, 60 000 ovino-caprino, 500 cabalar) que acreditou a categoría que posuían as súas feiras e constituía a principal riqueza do país.
O 27 de setembro de 2001 o concello da Veiga foi declarado Municipio Turístico Galego polo Consello da Xunta de Galicia. En 2003 foille concedido o premio Agader da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ao embelecemento do medio rural pola súa rede etnográfica.
A Cántara da Moura é un espazo natural ó pé do río Corzos, onde a auga, as covas, as pedras e a vexetación, conforman un dos recunchos máis especiais deste concello. As marmitas de xigante dan lugar a covas que forman un labirinto natural, e na cántara o río Corzos vai soterrado, formando unha piscina natural, sempre fresca, saíndo de novo ó exterior a través dunha porta, segundo contan, esculpida na rocha polos "mouros", en forma de cascada branca e ruidosa.
A cántara da Moura está situada nunha zona onde existen moitas covas, sendo a máis famosa a chamada "Cova dos escapados". Nesta cova refuxiáronse durante meses os escapados da guerra civil, pertencentes ó bando republicano, que foron moi perseguidos. A ela só se pode acceder por un pequeno burato, unicamente coñecido polos veciños da zona, ó que lle puñan unha escaleira para baixar, que quitaban unha vez que entraban. Conseguían sobrevivir semanas enteiras sen saír, grazas a que aquí o río vai soterrado e podían pescar as famosas troitas negras do río Corzos.
A Veiga conta con varias rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 198 "Ruta do Maluro e Pena Trevinca"[1], PR-G 199 "Ruta Pena Trevinca polo Sestil Alto"[2], PR-G 200 "Ruta das Lagoas Glaciares da Serpe e de Ocelo"[3], PR-G 201 "Ruta Integral Serra Calva"[4], e o PR-G 211 "Senda Verde do Xares"[5].
As rutas PR-G 198, 199, 200 e 201 son sendeiros de montaña, segundo a definición da FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada).[6]
A ruta PR-G 211 é unha ruta de sendeirismo normal arredor do encoro de Prada cun perfil suave que permite o tránsito para bicicletas BTT, sinalizada con sinais propios de BTT.[7]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Veiga vexa: Lugares da Veiga.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.