Xares, A Veiga
parroquia civil do concello da Veiga From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello da Veiga From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Xares é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 82 habitantes (43 mulleres e 39 homes), nunha entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 55 habitantes, sendo 23 homes e 32 mulleres.
Xares | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Xares. | |
Concello | A Veiga[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°14′36″N 6°55′53″O |
Poboación | 55 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Era a parroquia de presentación do marquesado de Figueiredo, sendo o lar propio coñecido como Casa de Lamela[2]. A principios da guerra civil española converteuse na última aldea en resistir o avance dos fascistas ao recibiren nela aos que fuxían da Veiga dun ataque de falanxistas e gardas civís, reunidos aquí preparáronse fronte ao envite nesta poboación amiga, pero vendo que seguían en condicións inferiores decidiron botarse ao monte, mais produciuse a represión cando chegaron aquí os falanxistas e civís conservadores destruíndo as casas daqueles que votaran a candidaturas progresistas[3].
A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XI, en 1010, sendo reformada no século XVI. Ten planta de cruz patriarcal, propia do románico, e fachada neoclásica. Na cúpula hai catro esculturas, representando a dous mestres e dous peóns, con inscricións nun deles. Hai unha cruz de 1624, doada por Alonso Ponce de León, familiar do Santo Oficio. No templo consérvanse libros de rexistro de 1583.[2] A parroquia aínda conserva moitos muíños, algúns de orixe medieval, aproveitando cantidade de cursos fluviais[4]: O Campo, A Eirexa, As Olgas, O Valadal, A Peneda e Corzos.
Ademais de diversas casas de turismo rural,[5] en Xares había un hotel de 3 estrelas que contaba con heliporto.[6][7] Entre os atractivos, pódese practicar o sendeirismo,[8], a astronomía, a pesca, principalmente no río Xares, e a caza. Desde Xares, saen camiños para diversos puntos de interese como Morteira (alt. 1.299 m; dist. 7,26 km),[9] as lagoas e o pico de Ocelo (alt. 1.759 m; dist. 16,52 km)[10] e Pena Trevinca por Ponte (2.127 m; 31 km).[11] Desde 2015, Trevinca é un Destino Turístico Starlight,[12] por tanto un lugar recomendado para a observación nocturna do ceo.
A festa parroquial é a Natividade da Virxe, o 8 de setembro. Desde 1977, celébrase o 18 de agosto.[13]
Os barrios da aldea de Xares son: A Currelada, A Carreira, Cales, O Caneiro, O Couso, O Apartadeiro, A Corredoira, A Pedreira, As Olgas e Balteiro.[14]
A rede de camiños sae para os lugares de: Morteira, O Valadal, A Ribeira de Ponte, As Murias, Lamazais, A Algara, A Escrita, e A Lama de Enfranco.[15]
Algúns lugares singulares de Xares: O Pozo dos Mouros, O Porto do Río, O Campo de Xogo de Birlos, Picotes, A Fraga, O Pico do Ocelo, As Portas do Ocelo, As Lagoas e A Fervenza.[15]
Os principais topónimos de Xares son: Acevedos, Aguzadoira, A Algara, Areeiro, A Bardanca, As Barreiras, A Barronca, O Bidual, A Brolla, Bruñeiros, Os Cabrillos, As Calerillas, Cales, O Campo, A Cancela, Os Carballos, Carreiras, O Cevral Negro, Os Chairos, Chao Dardonas, Os Chaos dos Biduis, Clavillas, Cobarcas, Colmear, Corga do Prado, Covallán, A Cruz de Hedreira, As Cuncas, A Eireixa, Encrucillada, Entrambos Ríos, A Escrita, Espiñeiro, A Fervenza, As Fervenzadas, A Fonte da Uceira, A Fonte Fría, O Fontenlo, As Forcadas, Os Foxos, A Fraga, Freitoso, A Frieira, A Granxa, As Ladeiras, A Lama da Loba, A Lama da Ribeira, A Lama da Veiga, A Lama de Abedul, A Lama de en Franco, Lamazais, Lameiros de Veiga, A Mallada de Adán, Os Malladais, Manga Dazor, O Mazairo, Miforcos, O Mioto, A Misarela, Morteira, Morteiroá, Mourinallo, Mourinolla, As Murias, O Navío, O Ocelo, As Pedras, A Pena de Barreiro, O Pendón, Picotes, Piñeiros, A Pinguela, O Pombar, As Pombeiras, A Portela, O Porto do Río, A Porvida, A Poula, Os Poulos da Pala, As Pozas, Preidone, Raposeira, O Rebolo, Reconcos, Os Reconcos, A Ribeira de Ponte, Rozadas, O Salar, Salgueiro, Santiago, A Tapada, O Teso, A Touza Longa, As Tres Marras, Val de Migoboi, O Valadal, Valbón, A Valigota, A Veiga de Fula, A Veiga do Corgo, As Vincelas, Vindancais e Zalamagal.[15][16]
Lugares da parroquia de Xares no concello da Veiga (Ourense) | |
---|---|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.