O 7 de novembro é o 311º día do ano do calendario gregoriano e 312º nos anos bisestos. Quedan 54 días para rematar o ano.
- 1659 - Asínase o Tratado dos Pireneos entre o cardeal Mazarino, en representación francesa, e don Luís de Haro, en representación española.
- 1665 - A London Gazette, o máis antigo xornal aínda publicado, sae por vez primeira á rúa.
- 1917 - Revolución de Outubro (segundo o calendario ortodoxo) en Rusia.
- 1921 - Fundación do Partido Nacional Fascista en Italia
- 1938 - As forzas aéreas do Exército Popular da República española realizan, sen previo aviso, o bombardeo de Cabra, causando 109 mortos e máis de 200 feridos.
- 1969 - Unha orde ministerial crea o Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.
- 1996 - A NASA lanza a Mars Global Surveyor.
- 2006: primeira intervención en galego no Consello de Ministros da Unión Europea, honra que lle correspondeu a Ricardo Varela Sánchez, conselleiro de Traballo da Xunta de Galicia.[1]
- 1713 - Elizabeth Barry, actriz inglesa.
- 1913 - Alfred Russel Wallace, xeógrafo e naturalista inglés (n. 1823).
- 1923 - José Millán Astray, avogado, escritor e xornalista galego.
- 1924 - Alfredo Álvarez Pérez, arquitecto e filántropo galego (n. 1868).
- 1948 - Roxelio Rodríguez Díaz, escritor galego (n. 1888).
- 1962 - Eleanor Roosevelt, Primeira Dama estadounidense (n. 1884).
- 1980 - Steve McQueen, actor estadounidense (n. 1930).
- 2005 - John Fowles, escritor inglés (n. 1926).
- 2007 - Ramón Ferreira López, escritor galego (n. 1921)
- 2016 - Leonard Cohen, poeta e cantante canadense (n. 1934).
- Santoral: San Amaranto de Albi, mártir; Santa Carina, mártir; San Florencio de Estrasburgo, bispo.
Os 366 días do ano