Albert Camus

Escritor e filósofo francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Albert Camus
Remove ads

Albert Camus, nado en Mondovi -actual Dréan (en árabe : الذرعان)- (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos[1]. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu nunha familia de colonos franceses (pieds-noirs) adicados ao cultivo de anacardo no departamento de Constantina. A súa nai, Catalina Elena Sintes, nacera en Birkadem (Alxeria) e a súa familia era orixinaria de San Luís (Menorca). O seu pai, Lucien Camus, traballaba nunha leira vitivinícola preto de Mondovi para un comerciante de viños de Alxer, era de orixe alsaciana, como moitos outros pieds-noirs que fuxiran trala anexión de Alsacia por Alemaña trala guerra franco-prusiana. Lucien foi mobilizado durante a Primeira Guerra Mundial, ferido en combate durante a batalla do Marne finou no hospital de Saint-Brieuc o 17 de outubro de 1914. A morte do pai propiciou o traslado da familia á casa da avoa materna en Alxer. Quedando orfo de pai antes de cumprir un ano. De seu pai, só conservou unha fotografía e unha significativa anécdota: a repugnancia ante o espectáculo dunha execución.

Cando Camus tiña un ano o seu pai morreu na batalla do Marne e a familia trasladouse a Alxer. En 1932 publicou os seus primeiros escritos na revista Sud. Uniuse ao Partido Comunista Francés en 1935[2] logo do fracaso da revolución de 1934 en España. En 1935 comezou a escribir L'Envers et l'Endroit que se publicou dous anos máis tarde.

Cando no ano 1957, con 44 anos, lle foi concedido o Premio Nobel de Literatura dixo:[3]

Houberon darllo a Malraux

A sociedade parisiense e francesa do momento non recibiu o premio e recoñecemento internacional con moito entusiasmo.[4] Pola contra, Sartre ao coñecer a noticia dixo: "Ben feito".[5] Tratábase do primeiro Nobel que non procedía da burguesía, senón dos arrabaldes de Alxer, dunha familia modesta cuxa nai se dedicaba a labores de limpeza.[6]

O discurso que Camus pronunciou na cerimonia de entrega do premio converteuse co tempo nunha alegación modelo do compromiso do escritor co seu tempo.[7] Camus dixo en Estocolmo que el, que formaba parte da xeración dos mozos que querían cambiar o mundo, sentíase agora inclinado a conservalo.

Unha das súas frases que xeraron máis polémicas foron:[8][9]

Entre a miña nai e a xustiza, sempre preferirei a miña nai
Se nada existe, todo está permitido

Apoiou os republicanos contra Francisco Franco.[10]

Thumb
Tumba de Albert Camus.

Morreu nun accidente de tráfico só 3 anos despois do galardón.

Segundo a súa propia filla Catherine, era un misóxino e esa misoxinia de Camus está amplamente documentada.[11] Simone de Beauvoir dicía que era bastante "feudal".[12]

"É certo que non creo en Deus, pero iso non significa que eu son ateo, e eu estaría de acordo con Benjamin Constant, que pensaba que a falta de relixión era algo vulgar e ata trillado", dixo nunha entrevista publicada en 1956 polo diario francés Le Monde.[13][14]

Remove ads

Obra

  • Révolte dans les Asturies, 1936.
  • La Mort heureuse, 1936-1938.
  • L'Envers et l'Endroit, 1937.
  • Noces, 1938.
  • L'Été, 1938.
  • Le Mythe de Sisyphe, 1942.
  • O estranxeiro, 1942.[15]
  • Caligula, 1944.
  • Le Malentendu, 1944.
  • A peste[16] (La peste), 1947.
  • L'État de siège, 1948.
  • Cartas a un amigo alemán (Lettres à un ami allemand), 1948.[17]
  • Os xustos (Les Justes), 1950[18].
  • L'Homme révolté, 1951.
  • A caída (La Chute), 1956.[19] Existe unha segunda tradución a cargo de Xosé Manuel Beiras, publicada en novembro de 2019 por Laiovento co título A desfeita[20].
  • L'Exil et le Royaume (La Femme adultère, Le Renégat, Les Muets, L'Hôte, Jonas, La Pierre qui pousse), 1957.
  • Actuelles I, Chroniques 1944-1948 (1950).
  • Actuelles II, Chroniques 1948-1953 (1953).
  • Actuelles III, Chroniques algériennes, 1939-1958 (1958).

Publicacións póstumas

  • Carnets I (mai 1935-février 1942), 1962.
  • Carnets II, (janvier 1942-mars 1951), 1964.
  • Carnets III, (mars 1951-décembre 1959), 1989.
  • Le Premier Homme (inacabada, publicada pola súa filla; 1994).
  • Albert Camus - Jean Grenier, Correspondance (1932-1960). Notes de Marguerite Dobrenn, 1981.
  • Albert Camus - Pascal Pia, Correspondance (1939-1947). Présentation et notes de Yves-Marc Ajchenbaum, 2000.
  • Albert Camus - René Char, Correspondance (1949-1959). Présentation et notes de Franck Planeille, 2007.
  • Albert Camus - André Malraux, Correspondance (1941-1959) et autres textes, 2016.
  • Albert Camus, Maria Casarès. Correspondance inédite (1944-1959). Avant-propos de Catherine Camus, 2017.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads