sindicalista, xornalista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
David Díaz Rodríguez, nado en Lourenzá o 7 de novembro de 1896 e finado en Cañete de las Torres en agosto de 1936, foi un sindicalista, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1896 Lourenzá, España |
Morte | agosto de 1936 (39 anos) Cañete de las Torres, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, xornalista |
Fillo de familia obreira, era o menor de catro irmáns e aos once anos ingresou no Seminario de Mondoñedo pola “cota de pobres”. Aos 16 anos escapou do seminario e integrouse en grupos anarquistas. Aos vinte anos emigrou a Cuba e aos Estados Unidos de América utilizando o pseudónimo Dello Danel. Repatriado de Cuba en 1919, desembarcou en Vigo e tratou de levar adiante os periódicos El Combate e El Látigo, sen éxito. Marchou a La Línea de la Concepción, onde dirixiu unha publicación bisemanal, pero foi deportado a Lugo en 1920.[1] Marchou á Coruña onde participou na creación da Juventud Libertaria e da Biblioteca Libertaria. Dirixiu a última etapa de La Voz del Obrero, colaborou en Lucha Social e foi correspondente de España Nueva. Foi desterrado a Buenavista de Valdavia en 1920 pero fuxiu para regresar a Coruña. Colaborador habitual do semanario Nueva Senda, foi procesado por delitos contra o libre exercicio do culto e por delito de imprenta. Entre 1922 e 1923 apareceu por terras de Levante e Andalucía acompañando a José Alberola e José Sánchez Rosa nunha xira de afirmación anarquista.
Estableceuse en Belmez e Peñarroya-Pueblonuevo dende 1922, e dirixiu o periódico Carnaval de Peñarroya-Pueblonuevo. Durante a ditadura de Primo de Rivera dedicouse á educación dos fillos dos xornaleiros fundando o centro de ensinanza racionalista "Luz y Vida" co anarquista Aquilino Medina, e dirixiu o semanario dominical Don Quijote. Participou na enquisa anarquista organizada polo grupo Los Iconoclastas de Steubenville (Ohio). Pouco antes da II República colaborou en El Pueblo, Estudios e El Amigo del Pueblo de Azuaga e foi correspondente do periódico Nosotros en Peñarroya. Publicou folletos na Editorial de Renovación Proletaria de Peñarroya-Pueblonuevo e noutras de Barcelona. Entre 1926 e 1927 viviu durante uns meses unha activa vida pública en Carlet afastado da familia. Na República foi redactor de La Voz de Córdoba. Abandonou definitivamente Peñarroya-Pueblonuevo cara 1932. Convertido en activo propagandista republicano polos concellos de Córdoba, o desencanto sufrido logo dos sucesos de Casas Viejas e a folga xeral revolucionaria de 1934 impulsárono á militancia no Partido Radical de Lerroux, que o designou administrador de Arbitrios no concello de Cañete de las Torres. Alí foi asasinado por republicanos incontrolados a finais de agosto de 1936.
É autor de varios folletos editados en Barcelona e Andalucía:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.