Sucesos de Casas Viejas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os sucesos de Casas Viejas, tamén coñecidos como o masacre de Casas Viejas, consistiron nun intento de levantamento labrego contra o Cuartel da Garda Civil, que tiveron lugar entre o 10 e o 12 de xaneiro de 1933 na pequena localidade de Casas Viejas, na provincia de Cádiz, e constitúen un dos feitos máis tráxicos da Segunda República Española. Abriu unha enorme crise política no primeiro bienio da República e foi o comezo da perda de apoios políticos e sociais que conduciría meses despois á caída do goberno republicano-socialista de Manuel Azaña e ao triunfo das dereitas nas eleccións de novembro de 1933.[1]
Sucesos de Casas Viejas | |
---|---|
![]() Fotografía tirada horas despois de rematar o masacre, cos corpos aínda no chan das persoas abatidas. | |
Tipo | revolta labrega e masacre |
Parte de | insurrección anarquista de xaneiro de 1933 |
Localización | |
Coordenadas | 36°20′34″N 5°48′33″O |
Localización | Benalup-Casas Viejas |
País | Segunda República Española |
Data | |
Período | |
[ Wikidata ] |
Se se contabilizan os feridos falecidos posteriormente, resultaron mortos veinte e oito labregos, dous gardas civís e un de asalto. Segundo o historiador Ricardo Robledo, «hai moitas facetas na traxedia de Casas Viejas» mais «aqueles sucesos significaron tamén a cristalización do desencontro entre o campesiñado máis pobre e os ideais da República coa súa promesa de reforma agraria e de mellora das condicións de traballo».[2]
Historia e características
O 11 de xaneiro de 1933 tivo lugar na localidade gaditana de Casas Viejas (hoxe coñecida como Benalup-Casas Viejas) unha revolta protagonizada por un grupo de anarquistas da CNT que decidiu facer a revolución pola súa propia conta e impor o comunismo libertario, destituíndo ao alcalde e intentando tomar o cuartel da Garda Civil onde se atopaban un sarxento e tres números. Feren de morte ao sarxento e a un dos números, pero non conseguen os seus propósitos.
Inmediatamente, decatado o goberno, enviou forzas da Garda Civil e da Garda de Asalto que entraron a tiros na vila, incendiaron a casa na que se refuxiaban algúns dirixentes da insurrección, entre eles o coñecido como "Seisdedos" (de nome real Francisco Cruz Gutiérrez, carboeiro de 72 anos), e logo procederon cunha serie de xuízos sumarísimos, fusilando a participantes e sospeitosos de participar nos feitos. O balance definitivo foi de dezanove homes, dúas mulleres e un neno, así como tres gardas mortos.
Coñecidos os feitos en toda España, produciuse un grande escándalo parlamentario e periodístico que produciu a caída do goberno de Azaña e favoreceu a chegada da dereita ao goberno.
O periódico da CNT describiu os feitos como:
Fue una razzia de mercenarios de la legión en un aduar rifeño.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.