From Wikipedia, the free encyclopedia
Éomer é un personaxe ficticio do legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien. Aparece nos libros As dúas torres e O regreso do rei, o segundo e terceiro volumes da triloxía O Señor dos Aneis. A espada de Éomer chamábase Gúthwinë (en anglosaxón: gūð wine, "amiga de batalla").[1]
Éomer | |
---|---|
Personaxe de O Señor dos Aneis | |
Creador(es) | J. R. R. Tolkien |
Información | |
Alcume | Éadig (epíteto de "o afortunado") |
Raza | Home de Rohan |
Sexo | Masculino |
Nacemento | 2991 T.I. |
Falecemento | 63 C.I. |
Título | Terceiro mariscal Rei de Rohan |
Cónxuxe | Lothíriel |
Fillos | Elfwine |
Familiares | Éomund (pai) e Théodwyn (nai) |
O nome Éomer deiva das raíces do inglés antigo para "cabalo" e "famoso".[2] O nome aparece no poema Beowulf, na liña 1959, como un rei que descende de Offa, rei dos anglos.
Éomer (2991 T. E. - 63 C. E.) era fillo de Éomund, mariscal xefe da Marca,[3] e Théodwyn, irmá do rei Théoden de Rohan. Éomund morreu perseguindo unha banda de orcos en Estemnet no ano 3002 da Terceira Idade, e a súa esposa, movida pola tristura, seguiuno pouco despois. Théoden adoptou a Éomer e á súa irmá Éowyn criándoos como fillos[4] seus xunto a Théodred, o seu herdeiro. Á idade de 26 anos foi nomeado Terceiro Mariscal da Marca dos Xinetes e déuselle o mando do Folde Leste, cargo que ostentara o seu pai.[4]
Durante a Guerra do Anel deu caza ós orcos que levaban prisioneiros a Merri e Pipin, encontrándose despois con Aragorn, Legolas e Gimli e dándolles permiso para transitar por Rohan. Ó seu regreso a Edoras, esta medida custoulle perder o favor do rei Théoden, quen por consello de Gríma, mandouno prender. Non sería ata a chegada a de Gandalf e despois de romperse o feitizo que pesaba sobre Théoden, que o fillo de Éomund recibiría de novo as súas honras e prebendas. Éomer tivo un destacado papel na Batalla do Abismo de Helmo, onde Rohan conxurou a invasión dunlendina e a traizón de Isengarda, a onde cabalgou con Gandalf e Théoden para parlamentar con Saruman.
Ó morrer Théodred nos Vaos do Isen, Éomer convértese en herdeiro de Théoden, acudindo a Minas Tirith como Segundo Mariscal e sendo xa rei ó acabar a Batalla dos Campos de Pelennor, onde foi un dos principais capitáns do Oeste na vitoria. Como tal foi protagonista da batalla en Morannon e celebrou a vitoria final fronte a Sauron.
Acabada a guerra, Éomer está presente na coroación do rei Elessar, renovando a antiga alianza entre os seus dous reinos. Froito deste acordo chegaría a súa voda con Lothíriel, filla do príncipe Imrahil de Dol Amroth, coa que tería o seu herdeiro, Elfwine o Fermoso,[5] que reinaría despois del. Foi coroado en Edoras como Éomer I Éadig («o Afortunado»), primeiro rei da terceira liñaxe e décimo oitavo da Marca dende Eorl o mozo.
Nos filmes The Lord of the Rings: The Two Towers e The Lord of the Rings: The Return of the King, é interpretado por Karl Urban. O personaxe é unha mestura entre os personaxes de Éomer e Erkenbrand, señor do Folde Oeste, quen é o que realmente chega á Batalla do Abismo de Helmo acompañando a Gandalf.
Predecesor: Théoden |
Rei de Rohan 3019 T. E. - 63 C. E. |
Sucesor: Elfwine |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.