A Batalla do Abismo de Helmo é unha batalla ficticia, pertencente á Guerra do Anel, que se narra na novela O Señor dos Aneis, do escritor británico J. R. R. Tolkien. Nesta batalla enfrontáronse as forzas de Rohan e as de Isengarda. Participaron tamén varios membros da Irmandade do Anel e os cuornos.
Batalla do Abismo de Helmo | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de a Guerra do Anel | |||||||
Plano esquemático da disposición dos combatentes ó comezo da Batalla. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Rohan Irmandade do Anel Cuornos |
Isengarda | ||||||
Líderes | |||||||
Théoden Éomer Aragorn Gandalf Erkenbrand Legolas Gimli Háma Grimbold |
Xefe Uruk-hai de Saruman | ||||||
Forzas en combate | |||||||
Uns 2000 defensores no Abismo de Helmo, e 2000 reforzos comandados por Gandalf e Erkenbrand Cuornos |
10 000, entre uruk-hai, orcos, lobos de Isengarda e dunlendinos |
Historia
Durante a Guerra do Anel, os homes de Rohan refuxiáronse no Abismo de Helmo do asedio do exército de Saruman o Branco, formado por máis de 10 000 Uruk-hais, orcos|orcos e lobos de Isengarda. O obxectivo das forzas de Isengarda era aniquilar totalmente ó pobo de Rohan dun golpe, e deixar a Gondor sen aliados formais ante as lexións de Sauron. Algúns heroes coñecidos desta batalla son Aragorn, Legolas e Gimli, ademais de Théoden, rei de Rohan e Éomer, o seu sobriño e herdeiro.
A vitoria de Rohan produciuse a pesar da diferenza de forzas pola combinación de tres factores:
- A excelente defensa que proporcionaba a fortaleza, combinada coas heroicidades persoais dalgúns defensores.
- A chegada de Gandalf o Branco e Erkenbrand cun exército de reforzo recrutado entre os homes dispersos por todo o oeste de Rohan.
- A entrada en escena dos Cuornos, misteriosas criaturas metade Ent e metade árbore corrente. Os c son moi hostís, e foran espertados para loitar contra Saruman. Un enorme bosque cuorno apareceu fronte ó Abismo de Helmo tras unha noite de asedio, eliminando a cantos orcos ou homes se internaron nel.
A derrota de Isengarda supuxo unha gran vitoria para os Pobos Libres sobre o maior aliado de Sauron neses momentos. Tamén provocou que Mordor lle declarara a guerra aberta á toda a Terra Media. As baixas no exército de Isengarda foron practicamente totais, aínda que Rohan tamén perdeu unha cantidade considerable de poboación.
Adaptacións
No filme de Peter Jackson The Lord of the Rings: The Two Towers, engádese a chegada dos elfos dende Lothlórien enviados a petición de Elrond, algo que non aparece no libro e que, no mundo que describe Tolkien, sería difícil pois o camiño era longo e probablemente cheo de perigos como para chegar con tempo á batalla. Asemade, os elfos estaban decaendo na Terra Media e, con algunhas excepcións, non se interesaron polos devires desta batalla contra Sauron e Saruman.
No filme The Lord of the Rings de Ralph Bakshi, a batalla segue case os mesmos movementos que no libro, mais o lume de Isengarda é retratado como un enorme cometa que deixa un burato na muralla.
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.