From Wikipedia, the free encyclopedia
Os ácidos graxos omega-6 (tamén chamados ácidos graxos ω−6 ou ácidos graxos n−6) son unha familia de ácidos graxos poliinsaturados que teñen en común posuír un dobre enlace entre carbonos na posición n−6, é dicir, o sesto enlace contando desde o metilo final da cadea do ácido graxo. [2] A denominación omega (ω) indica que se empeza a contar desde o final da cadea, xa que é a última letra do alfabeto grego (ver Ácido graxo#Nomenclatura e numeración).
Os principais ácidos graxos omega-6 son o ácido linoleico, o ácido gamma-linolénico e o ácido araquidónico. A fonte principal de ácidos graxos omega-6 son os aceites vexetais.[3] Considéranse bos para a saúde, xa que reducen o colesterol total.[4]
Unha revisión atopou que un incremento da inxesta de ácidos graxos omega-6 reduce o colesterol sérico total e pode reducir o risco de infarto de miocardio (ataque ao corazón). Nesa revisión non se atopou un cambio significativo no colesterol LDL nin de triglicéridos.[4] Outra revisión de 2021 atopou que os suplementos de omega-6 non afectan o risco de ter morbilidade ou mortalidade por enfermidade cardiovascular.[5]
Nome común | Fórmula lipídica | Nome químico |
---|---|---|
Ácido linoleico (LA) | 18:2 (n−6) | Ácido todo-cis-9,12-octadecadienoico |
Ácido gamma-linolénico (GLA) | 18:3 (n−6) | Ácido todo-cis-6,9,12-octadecatrienoico |
Ácido caléndico | 18:3 (n−6) | Ácido 8E,10E,12Z-octadecatrienoico |
Ácido eicosadienoico | 20:2 (n−6) | Ácido todo-cis-11,14-eicosadienoico |
Ácido dihomo-gamma-linolénico (DGLA) | 20:3 (n−6) | Ácido todo-cis-8,11,14-eicosatrienoico |
Ácido araquidónico (AA, ARA) | 20:4 (n−6) | Ácido todo-cis-5,8,11,14-eicosatetraenoico |
Ácido docosadienoico | 22:2 (n−6) | Ácido todo-cis-13,16-docosadienoico |
Ácido adrénico | 22:4 (n−6) | Ácido all-cis-7,10,13,16-docosatetraenoico |
Ácido de Osbond | 22:5 (n−6) | Ácido todo-cis-4,7,10,13,16-docosapentaenoico |
Ácido tetracosatetraenoico | 24:4 (n−6) | Ácido todo-cis-9,12,15,18-tetracosatetraenoico |
Ácido tetracosapentaenoico | 24:5 (n−6) | Ácido todo-cis-6,9,12,15,18-tetracosapentaenoico |
O punto de fusión dos ácidos graxos increméntase confoirme aumenta o número de carbonos da súa cadea.[7]
Os aceites vexetais son a principal fonte de ácido gamma-linolénico omega-6. En todo o mundo extráense máis de 100 millóns de toneladas métricas de aceites vexetais ao ano procedentes dos froitos da palma, sementes de soia, sementes de colza e sementes de xirasol, que proporcionan máis de 32 millóns de toneladas métricas de ácido linoleico omega-6 e 4 millóns de toneladas métricas de ácido alfa-linolénico omega-3. O aceite de oliva virxe extra ten un 9,8% de ácido linoleico (omega-6).[8][9][10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.