composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido xilónico, tamén chamado ácido lixónico, é un monosacárido de 5 carbonos coa fórmula C5H10O6, que pertence ao grupo dos azucres ácidos aldónicos [1]. Orixínase por oxidación suave da xilosa, durante a cal o grupo aldehido do carbono 1 se converte en grupo carboxilo (COOH). O encima que intervén na súa biosíntese é a xilosa deshidroxenase, que require NAD+ como coencima. Os sales e ésteres do ácido xilónico denomínanse xilonatos.
Ácido D-xilónico | |
---|---|
Ácido (2R,3S,4R)-2,3,4,5-tetrahidroxipentanoico | |
Outros nomes ácido lixónico; xilonato | |
Identificadores | |
Número CAS | 17828-56-7, (D/L) [526-91-0], (D) [4172-44-5], (L) |
PubChem | 6602431 |
ChemSpider | 5034782 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H10O6 |
Masa molecular | 166,13 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido xilónico ten isómeros D e L e pode orixinar lactonas.
A produción de ácido xilónico a partir de xilosa comprobouse en varias especies de bacterias e lévedos. A bacteria Pseudomonas fragi mostrou un alto rendemento na produción de ácido xilónico (ata o 92% da xilosa inicial), a cal estaba asociada ao crecemento da bacteria e era sensible ao decrecemento do pH e á formación de xilonolactonas inhibitorias [2][3]. Na produción de ácido xilónico tamén se poden utilizar bacterias Escherichia coli transxénicas [4] ou outros microorganismos.
O ácido xilónico probouse como un aditivo do cemento, xa que funciona como axente dispersante, e demostrou ser moi efectivo [5].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.