Clásico chinés From Wikipedia, the free encyclopedia
O Yuejing ou Clásico da música (chinés tradicional: 樂經; chinés simplificado: 乐经; pinyin: Yuèjīng; Wade-Giles: Yüeh4-ching1) foi un dos libros clásicos do confucianismo, perdido contra a dinastía Han. Foi considerado coma o "Sexto Clásico" por autores coma Sima Qian, e pénsase que tería sido importante nas interpretacións tradicionais do Shijing 詩經 ou Clásico da poesía.[1][2]
Yuejing (樂經) | |
---|---|
Autor/a | Anónimo |
Orixe | China |
Lingua | Chinés clásico |
Xénero(s) | Ensaio (literatura) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Galipedia ten un portal sobre: China |
A Galipedia ten un portal sobre: Música |
Sobreviven trazas da obra noutros textos, coma o Zuo zhuan 左傳 ou Os anais de Zuo, o Zhou li 周禮 ou Os ritos dos Zhou, e no Yueji 樂記 ("Rexistro da Música"), décimo noveno volume do Liji 禮記 ou Clásico dos Ritos. Segundo o Han shu 漢書 ("Libro dos Han"), o músico Dou Gong 竇公, do reino de Wei, entregou unha copia do Yuejing ao emperador Wen dos Han.
O erudito da dinastía Qing Shao Yichen 邵懿辰 (1810-1861) propuxo a hipótese de que o libro nunca existiu. Esta tese foi recuperada recentemente por algúns estudosos contemporáneos, como Luke Waring.[3] Porén, a versión máis aceptada é que todas as copias se destruiron durante a queima dos libros e o enterramento dos eruditos promovida polo emperador Qin Shihuang, tal e como se recolle na historia dinástica dos Song.[4] A poética de Liu Xie 劉勰 (465-522), o Wenxin diaolong 文心雕龍, comparte a mesma idea.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.