obra de Liu Xie From Wikipedia, the free encyclopedia
Wenxin diaolong ou O corazón da literatura e o cicelado de dragóns (chinés tradicional: 文心雕龍; chinés simplificado: 文心雕龙; pinyin: Wénxīn diāolóng; Wade-Giles: Wen2-hsin1 tiao1-lung2) é unha poética chinesa do século V, escrita por Liu Xie.[1]
Wenxin diaolong (文心雕龍) | |
---|---|
Portada do Wenxin diaolong | |
Título orixinal | 文心雕龍 |
Autor/a | Liu Xie |
Orixe | China |
Lingua | Chinés clásico |
Data de pub. | Século V |
[ editar datos en Wikidata ] |
O libro está composto por cincuenta capítulos ou pian 篇, seguindo os principios da numeroloxía e adiviñación establecidos no Yijing 易經 ou Libro dos cambios.[1]
A obra baséase no Wenfu 文賦 ("Fu sobre a literatura", século III) de Lu Ji, ao que tamén critica.[1] O obxectivo do Wenxin diaolong é ofrecer unha concepción completa e consistente do concepto de wen 文 ("escrita, literatura").[1][2] Así, intenta establecer a orixe da literatura, as leis da composición poética ou a estrutura dos xéneros literarios.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.