especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Yucca gloriosa é unha especie de arbusto pertencente á familia Agavaceae.
Yucca gloriosa | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inflorescencia da Yicca gñpropsa. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Distribución natural |
Yucca gloriosa é nativa da costa e a barreira de illas do sueste de América do Norte onde crecen nas dunas de area. Atópanse desde o sur de Carolina do Norte cara ao sur até o norte de Florida. Asóciase con Yucca filamentosa, Yucca aloifolia e especies de Opuntia.
É unha planta que alcanza 0.5-2.5 m de altura, usualmente con varios talos desde a base, ramificada, con rizoma e con follas de 0.3-0.5 m de lonxitude e 2-3.5 cm de ancho, de cor verde escuro ou verde agrisado pálido coas marxes enteiras ou raramente denticuladas, acuminadas cun espino terminal de cor marrón. As inflorescencias en panículas de 0.6-1.5 m de altura, con numerosas flores campanuladas, pedunculadas de cor branca, algunhas veces tinguidas de cor púrpura ou vermella de 3.5 cm de lonxitude. O froito é verde e ó madurar de cor marrón, indehiscente de 5-8 cm de longo e 2.5 cm de ancho con sementes negras.
Yucca gloriosa foi descrita por Carl Linné e publicada en Species Plantarum 1: 319. 1753.[2]
Yucca: nome xenérico que foi nomeado por Carl Linné e que deriva por erro da palabra taína: yuca (escrita cunha soa "c").[3]
gloriosa: epíteto latíno que significa "famosa"[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.