escritor e avogado galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xulián Manuel Cipriano Magariños Negreira, nado en Negreira o 16 de setembro de 1904 e finado o 9 de xullo de 1934, foi un escritor e avogado galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1904 Negreira, España |
Morte | 9 de xullo de 1934 (29 anos) Negreira, España |
Formación profesional | Dereito |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Entre 1923 e 1928 estudou Dereito en Santiago de Compostela. Foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos durante a súa etapa universitaria, xunto a Fermín Bouza-Brey, Xosé Filgueira Valverde e outros estudantes da época. En setembro de 1928 marchou a Madrid para preparar as oposicións a rexistrador da propiedade. En 1930 volveu a Negreira e establécese cun bufete de avogado. Escribiu na prensa (A Nosa Terra, Céltiga, El Compostelano, El País Gallego, La Voz de Barcala, Nós), colaborou (con Cordal Carús, Filgueira Valverde e Lois Tobío Fernández) nun Vocabulario popular Galego-Castelán (Santiago, 1928) e publicou dúas noveliñas curtas na histórica colección Lar. Enfermo do corazón, faleceu na súa vila natal en 1934 ós 29 anos de idade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.