profesora e crítica literaria galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Blanca-Ana Roig Rechou, nada en Portosín[1] (Porto do Son) o 28 de xuño de 1949, é unha profesora e crítica literaria galega.
Na imaxe (2016), de esquerda a dereita, as filólogas Isabel Mociño, Carmen Ferreira Boo, Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig Rechou (coordinadora), Eulalia Agrelo Costas, Isabel Soto e Marta Neira, redactoras da obra Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, publicada en 2015 por Xerais. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xuño de 1949 (75 anos) Portosín, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | crítica literaria, profesora |
Obra | |
Doutorando | Marta Neira Rodríguez |
Familia | |
Cónxuxe | Anxo Tarrío |
Mestra, graduada social, licenciada e doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrática de literatura galega na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade compostelá, onde imparte aulas de literatura e literatura infantil galega, textos literarios e literatura de transmisión oral. A súa tese de licenciatura titulouse Análise da narrativa da colección Lar e a de doutoramento A Literatura infantil e xuvenil galega. Perspectiva diacrónica e análise da actualidade.
En 2011 dirixía un proxecto de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades que se materializa todos os anos na publicación dos Informes de Literatura. Forma parte do Equipo Glifo, encargado da realización neste momento do Diccionario de termos literarios do que xa se publicaron os tomos (a-d) e (e-h) e do Diccionario do Rexurdimento do que se están realizando correccións para a imprenta. Dirixe unha Rede temática sobre as literaturas infantís e xuvenís e a formación lectora no marco ibérico. Colaborou con diversos traballos en libros colectivos e en revistas como Dorna, Boletín Galego de Literatura, Quimera, Ínsula, Colóquio-Letras, Chorimas, Fadamorgana, Revista Galega do Ensino, Malasartes, Ocnos etc., nos que tratou temas sobre literatura galega e literatura infanto-xuvenil, realizando diversas edicións de obras de autores galegos do XIX e principios do XX, así como a tradución ao galego de diversas obras de creación de autores infantís e de ensaio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.