From Wikipedia, the free encyclopedia
Victor John Mature, nado en Louisville (Kentucky) o 29 de xaneiro de 1913 e finado en Rancho Santa Fe (California) o 4 de agosto de 1999, foi un actor estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Victor Joseph Maturi 29 de xaneiro de 1913 Louisville, Estados Unidos de América |
Morte | 4 de agosto de 1999 (86 anos) Rancho Santa Fe, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | leucemia |
Lugar de sepultura | Kentucky |
Educación | St. Xavier High School (en) Kentucky Military Institute (en) Spencerian College (en) |
Altura | 187 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión, actor de teatro, actor de cinema |
Período de actividade | 1939 - 1984 |
Partido político | Partido Republicano |
Xénero artístico | Wéstern |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | valor descoñecido (1974–1999), morte da persoa valor descoñecido (1959–1969), divorcio valor descoñecido (1948–1955), divorcio Martha Stephenson (1941–1943), divorcio valor descoñecido (1938–1940), nulidade matrimonial |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Mature naceu en Kentucky. O seu pai, Marcello Gelindo Maturi, despois Marcellus George Mature, era un coiteleiro Pinzolo (actualmente en Italia, mais daquela no Imperio Austrohúngaro),[1][2] que emigrou aos Estados Unidos coa súa familia en 1912, para fuxir da dominación austrohúngara. A súa nai, Clara P. (Ackley), nacera en Kentucky de orixe suíza.[3]
Na súa mocidade, Mature traballou co seu pai na coitelaría e, ás veces, como pescador. Estudou na Academia Militar de Kentucky. Un dos seus compañeiros de clase era o futuro actor Jim Backus, que posteriormente dobrou a personaxe “Mr. Magoo”, no famoso debuxo animado da década de 1960.
Esperando converterse en actor, estudou no Playhouse de Pasadena. Conseguiu unha audición para unha proba coa intención de conseguir un papel en Foise co vento en 1939, mais perdeu contra o seu compañeiro do Playhouse, George Reeves, o futuro Superman da televisión na década de 1950.
Após algúns papeis pequenos, Mature conseguiu o éxito cos seus primeiros papeis principais, sobre todo entre o público feminino, que o consideraba “un pedazo de home” ou “o sorriso máis cativador do mundo”, grazas ao seu porte de 1,89 metros e os seus ombreiros largos. A crítica xamais o tomou en serio como actor (e el mesmo admitía que non actuaba ben), aínda que converteu nun dos actores máis populares e solicitados por grandes directores nas décadas de 1940 e 1950, debido á súa masculina presenza na pantalla.
Como moitos outros astros de Hollywood que se alistaron no Servizo de Guerra, como James Stewart, Alan Ladd e Clark Gable, Victor Mature intentou alistarse na armada durante a segunda guerra mundial, mais foi rexeitado polo seu daltonismo. Alistouse entón na garda costeira, onde serviu nun navío de transporte de tropas. Atravesou o Atlántico norte, incluída Normandía, o Mediterráneo e o Caribe. Estaba en Okinawa cando se lanzou a bomba atómica sobre o Xapón.
Coa fin da guerra, volveu a Hollywood e traballou máis que nunca. Os seus papeis en My Darling Clementine, de John Ford, en 1946, e Kiss of Death, de Henry Hathaway, que fora desenvolvida como vehículo para el,[4] foron considerados os seus traballos máis destacados. Posteriormente, pasou a realizar papeis máis exóticos, principalmente en épicos, como Samson and Delilah, de Cecil B. DeMille (1949),[5] The Robe, de Henry Koster (1953),[6] Demetrius and the Gladiators, de Delmer Daves (1954) e The Egyptian, de Michael Curtiz (1954). Ata que xurdiu Charlton Heston, Mature foi o astro dominante do cinema “épico bíblico” que triunfaba en Hollywood. Mature aínda actuou en diversos filmes de comedia, criminais, guerra e western, interpretando aventureiros, cowboys, policías, soldados e mesmo nativos americanos. Xamais foi unha estrela con pretensións artísticas, mais continuou a se manter como un dos actores de máis éxito de público na década de 1950.
A partir da década de 1960, Mature diminiuíu o seu ritmo de traballo no cinema, interesándose máis en se dedicar ao golf e ao ramo imobiliario, onde destacou como corretor, mesmo abrindo a súa propia firma. En 1966, aceptou facer unha parodia del mesmo, interpretando un actor de mediana idade aínda tratando de facer de galán no filme Caccia alla volpe, dirixido por Vittorio De Sica.
Mature dedicouse ao golf, e sempre dicía que era máis fácil xogar que actuar: "Realmente, eu son un xogador de golf. Esta é miña ocupación real. Eu nunca fun un actor, pregunte a calquera, particularmente, a todos os críticos".[7]
Coa aceptación ou non da crítica, en 1984 Mature fixo un descanso no seu deporte favorito e fixo unha pequena interpretación nun telefilme, un remake de Samson and Delilah, onde aos 71 anos de idade interpretou o pai de Sansón. Foi o seu último traballo como actor.
Lonxe da vida artística e das axitacións de Hollywood, levou unha vida sinxela nos seus últimos anos, morando coa súa familia no seu rancho de Santa Fe, California. Victor Mature morreu o 4 de agosto de 1999, aos 86 anos de idade, de leucemia, deixando a súa esposa Loretta e a súa filla Victoria. O actor foi sepultado no memorial da familia Mature, en Kentucky.
Victor Mature casou en cinco ocasións:[8]
É probábel que os tres primeiros divorcios fosen motivados polas aventuras amorosas de Mature fóra dos platós. Sábese que tivo relacións coas actrices Lana Turner, Susan Hayward, Rita Hayworth e Esther Williams. Williams, célebre estrela dos musicais da Metro, contou na súa autobiografía detalles explícitos da súa relación con Mature durante a rodaxe de Million Dollar Mermaid. Segundo Williams, o actor fixo o amor con ela, en plena madrugada, nunha praia que servía de localización para o filme mentres o resto do equipo e do elenco durmía, e que el foi un dos homes que máis a satisfizo nunha relación.
Ano | Título | Personaxe | Compañía | Notas |
---|---|---|---|---|
1939 | The Housekeeper's Daughter | Lefty | Hal Roach Studios | |
1940 | One Million B.C. | Tumak | Hal Roach Studios | Título alternativo: Cave Man |
1940 | Captain Caution | Dan Marvin | Hal Roach Studios | |
1940 | No, No, Nanette | William Trainor | RKO Studios | |
1941 | I Wake Up Screaming | Frankie Christopher (Botticelli) | 20th Century Fox | Título alternativo: Hot Spot |
1941 | The Shanghai Gesture | Doctor Omar | United Artists | |
1942 | Song of the Islands | Jeff Harper | 20th Century Fox | |
1942 | My Gal Sal | Paul Dresser | 20th Century Fox | |
1942 | Footlight Serenade | Tommy Lundy | 20th Century Fox | |
1942 | Seven Days' Leave | Johnny Grey | RKO | |
1943 | Show Business at War | El mesmo | Curtametraxe | |
1946 | My Darling Clementine | Doc Holliday | 20th Century Fox | |
1947 | Moss Rose | Michael Drego | 20th Century Fox | |
1947 | Kiss of Death | Nick Bianco | 20th Century Fox | |
1948 | Fury at Furnace Creek | Cash Blackwell / Tex Cameron | 20th Century Fox | |
1948 | Cry of the City | Tte. Candella | 20th Century Fox | |
1949 | Easy Living | Pete Wilson | RKO | |
1949 | Red, Hot and Blue | Danny James | Paramount | |
1949 | Samson and Delilah | Samson | Paramount | |
1950 | Wabash Avenue | Andy Clark | 20th Century Fox | |
1950 | Stella | Jeff DeMarco | 20th Century Fox | |
1951 | Gambling House | Marc Fury | RKO | |
1952 | The Las Vegas Story | Tte. Dave Andrews | RKO | |
1952 | Something for the Birds | Steve Bennett | 20th Century Fox | |
1952 | Million Dollar Mermaid | James Sullivan | MGM | |
1952 | Androcles and the Lion | Captain | RKO | |
1953 | The Glory Brigade | Tte. Sam Pryor | 20th Century Fox | |
1953 | Affair with a Stranger | Bill Blakeley | RKO | |
1953 | The Robe | Demetrius | 20th Century Fox | Primeiro filme en CinemaScope |
1954 | The Veils of Bagdad | Antar | Universal | |
1954 | Dangerous Mission | Matt Hallett | RKO | Título alternativo: Rangers of the North |
1954 | Demetrius and the Gladiators | Demetrius | 20th Century Fox | Secuela de The Robe |
1954 | The Egyptian | Horemheb | 20th Century Fox | |
1954 | Betrayed | "The Scarf" | MGM | |
1955 | Chief Crazy Horse | Cabalo Tolo | Universal | |
1955 | Violent Saturday | Shelley Martin | 20th Century Fox | |
1955 | The Last Frontier | Jed Cooper | 20th Century Fox | |
1956 | Safari | Ken Duffield | Warwick Films | |
1956 | The Sharkfighters | Tte. Comandante Ben Staves | United Artists | |
1956 | Zarak | Zarak Khan | Warwick Films | |
1957 | Interpol | Charles Sturgis | Warwick Films | Título alternativo: Pickup Alley |
1957 | The Long Haul | Harry Miller | ||
1958 | No Time to Die | Sgt. David H. Thatcher | Warwick Films | Título alternativo: Tank Force |
1958 | China Doll | Captain Cliff Brandon | Romina Productions, empresa propia de Mature | |
1958 | Escort West | Ben Lassiter | Romina Productions | |
1959 | The Bandit of Zhobe | Kasim Khan | ||
1959 | The Big Circus | Henry Jasper "Hank" Whirling | Allied Artists | |
1959 | Timbuktu | Mike Conway | ||
1959 | Hannibal | Aníbal | Título alternativo: Annibale | |
1962 | The Tartars | Oleg | MGM | |
1966 | After the Fox | Tony Powell | ||
1968 | Head | The Big Victor | ||
1972 | Every Little Crook and Nanny | Carmine Ganucci | MGM | |
1976 | Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood | Nick | Paramount | cameo |
1979 | Firepower | Harold Everett | cameo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.