Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os suízos[6] (en alemán: die Schweizer, en francés: les Suisses, en italiano: gli Svizzeri, en romanche: ils Svizzers) son os cidadáns de Suíza.[7] O xentilicio deriva do topónimo de Schwyz e foi empregado para referirse a toda a Antiga Confederación Suíza dende o século XVI.[8]
Pobo suízo | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: c 6–8 millóns (estimado) | |
Rexións principais: | |
Suíza | 4,36–6,07 millóns[1] |
Estados Unidos | 917 071 (2014) (devanceiros suízos) |
Canadá | 146 830 (2014) (devanceiros suízos)[2] |
Unión Europea | 446 412 (2014)[3] |
Resto de Europa | 15 637 (2014)[3] |
América[4] | 62 725 (2014)[3] |
Asia | 50 592 (2014)[3] |
Oceanía | 31 721 (2014)[3] |
África | 21 484 (2014)[3] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Alemán, francés, italiano e romanche |
Relixión | Igrexa católica e protestantismo<br&>(principalmente Igrexa Reformada Suíza)[5] |
Grupos relacionados | Alemáns, austríacos, franceses e italianos |
Malia a Confederación Suíza, o moderno estado de Suíza, xurdido en 1848 e o período de nacionalismo romántico, non é un estado nación, e os suízos non adoitan a ser considerados como un único grupo étnico, mais si unha confederación (alemán: Eidgenossenschaft) ou alemán: Willensnation ("nación por vontade" ou "nación por elección" que é o estado consociacional), un termo acuñado en contraste co de "nación" no senso lingüístico ou étnico do termo.
O número de suízos medrou dende 1,7 millóns en 1815 até 6,76 millóns en 2009, cun 90% deles vivindo en Suíza. Arredor dun 60% dos que viven fóra do país residen na Unión Europea (uns 446 412). O meirande grupo de descendentes suízos fóra de Europa reside nos Estados Unidos e no Canadá.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.