From Wikipedia, the free encyclopedia
Vallabhbhai Patel, nado en Nadiad o 31 de outubro de 1875 e finado en Bombai o 15 de decembro de 1950, coñecido popularmente como Sardar Patel, foi un político indio. Foi o primeiro Viceprimeiro Ministro da India. Foi avogado e estadista, líder do Congreso Nacional Indio e pai fundador da República da India que tivo un papel principal na loita pola independencia do seu país e guiou a integración nunha única nación independente.[1] Na India e noutros lugar adoita ser chamado Sardar, que significa "xefe" en hindi, urdú e persa. Actuou como ministro do interior durante a integración política da India e a guerra indopaquistaní de 1947.[2]
Patel creceu na área rural do estado de Gujarat.[3] Foi un avogado de éxito e organizou os campesiños de Kheda, Borsad e Bardoli en Gujarat nun movemento non violento de desobediencia civil contra o Raj británico, converténdose nun dos líderes máis influentes do estado. Foi nomeado o 49.º presidente do Congreso Nacional da India, organizando o partido para as eleccións de 1934 e 1937 mentres promovía o movemento Quit India.
Como primeiro ministro do interior e viceprimeiro ministro da India, Patel fixo esforzos polos refuxiados de Punjab e Delhi e traballou para restaurar a paz. Liderou as tarefas para forxar unha India unida, integrando con éxito na nova nación independente as provincias coloniais británicas que foran "colocadas" no país.[4] Ademais destas provincias que estaban baixo o goberno directo británico, aproximadamente 565 estados principescos autónomos foran liberados da soberanía británica pola Acta de Independencia India de 1947. Ameazando as forzas militares, Patel persuadiu a case todos os estados principescos a acceder á India. O seu compromiso coa integración nacional foi total e inflexible, valéndolle o alcume de "Home de Ferro da India".[5] Tamén é lembrado como o "santo patrón dos servidores civís da India" porque estableceu o moderno sistema administrativo do país. Tamén se lle chamou "Unificador da India".[6] A Estatua da Unidade, estatua máis alta do mundo, dedicóuselle o 31 de outubro de 2018 e mide aproximadamente 182 metros.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.