Uridina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A uridina é un nucleósido formado pola base nitroxenada pirimidínica uracilo unida ao azucre ribosa (ribofuranosa) por medio dun enlace β-N1-glicosídico.
Uridina | |
---|---|
![]() | |
1-[(3R,4S,5R)-3,4-dihidroxi-5-(hidroximetil)oxolan-2-il]pirimidina-2,4-diona | |
Identificadores | |
Número CAS | 58-96-8 |
ChemSpider | 5807 |
UNII | WHI7HQ7H85 |
DrugBank | DB02745 |
MeSH | Uridine |
ChEMBL | CHEMBL100259 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H12N2O6 |
Masa molar | 244,20 g mol−1 |
Aspecto | sólido |
Densidade | 0,99308g/cm3 |
Punto de fusión | 167,2 °C |
log P | -1,98 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |

Se a uridina se une a un fosfato en posición 5' convértese no nucleótido UMP, que é exclusivo do ARN, onde aparece xunto co AMP, CMP e GMP.
Se o uracilo está unido á 2-desoxirribosa en lugar de á ribosa, orixínase o nucleósido desoxiuridina, que non é moi común. Existen unhas variantes da desoxiuridina, a idoxiuridina e a trifluridina, usadas como fármacos antivirais, que se poden incorporar ao ADN, pero que non forman pontes de hidróxeno correctamente coas bases coas que se emparellan.
Fontes de uridina
O ARN contén grandes cantidades de uridina en forma do nucleótido UMP. Ao dixerir os alimentos o ARN libera a uridina e é absorbida no intestino. Alimentos con alto contido de uridina son:
- Extracto de cana de azucre[1]
- Tomates (de 0,5 a 1,0 g de uridina por kg de peso seco)[2]
- Lévedo de cervexa (3% de uridina do peso seco)[3]
- Cervexa[4]
- Brócoli[3]
- Carne de vísceras como o fígado, páncreas etc.[3]
Porén, un consumo excesivo de alimentos ricos en ARN pode orixinar un aumento de purinas (adenosina e guanosina) no sangue, xa que estas son tamén abundantes no ARN, o que pode producir ácido úrico e gota, polo que se recomendan consumos moderados de alimentos como o lévedo de cervexa.
Informes de nvestigadores da universidade de Harvard indican que en ratas o suplemento alimentario combinado de uridina e ácidos graxos omega-3 EPA/DHA ten unha actividade antidepresiva equivalente ao de medicamentos antidepresivos como o Prozac.[5]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.