From Wikipedia, the free encyclopedia
A Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (en alemán: Christlich-Demokratische Union Deutschlands; CDU) foi un partido político alemán oriental fundado o 26 de xuño de 1945. Formou parte da Fronte Nacional xunto ao Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED) até 1989. Nos anos 1980 chegou a ter entre as súas filas máis de 140.000 militantes.[1]
Unión Democrática Cristiá de Alemaña | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 26 de xuño de 1945 |
Disolución | outubro de 1990 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | 1945-1952; 1989-1990: Democracia cristiá Conservadorismo 1952-1989: Socialismo cristián Socialismo |
Posición política | Centro político (1945-1952; 1989-1990) Esquerda (1952-1989) |
Outros datos | |
Sede | Berlín |
1 Fusión coa Unión Democrática Cristiá (CDU) da RFA, despois da reunificación alemá. | |
Despois da caída do muro de Berlín, nas eleccións do 18 de marzo de 1990 acudiu xunto ao CDU occidental e tras a Reunificación alemá en outubro dese ano, ambos os partidos acabaron uníndose.
O xornal oficial do partido era Neue Zeit (en galego: Novo Tempo), publicado por Union Verlag.[2]
A CDU estaba composta principalmente por cristiáns de clase media, que apoiaron oficialmente o socialismo despois do VI Congreso, celebrado en outubro de 1952. O Congreso aprobou a liña do realismo cristián e declarou á CDU como partido socialista, sen limitacións, en palabras do seu presidente Otto Nuschke.
Nas 22 Teses sobre o realismo cristián o CDU aspiraba a participar na "reorganización socialista da sociedade" (1951). Salientaba a "realización exemplar" do ensino de Karl Marx para "construír unha orde social nova e mellor na RDA", declaraba que o socialismo ofrecía a mellor oportunidade para a realización das demandas de Cristo e para exercitar a cristiandade práctica. O programa tamén defendía o apoio dos democristiáns ao papel dirixente da clase traballadora no establecemento do socialismo, un desenvolvemento que o CDU consideraba desde o seu 6º Congreso como "historicamente necesario e consistente".
Dos aproximadamente 200.000 militantes que había en 1947, tres anos despois unha cuarta parte deles foran expulsados, excluídos ou fuxiran cara á Alemaña occidental.[3] Alcanzouse o clímax do éxodo en marzo de 1953, cando 691 membros do CDU fuxiron a Occidente. A pesar disto, a maior parte dos líderes, militantes e seguidores do partido mantivéronse nun gran número.[4] Para os anos 80 o CDU tiña entre as súas filas a 140.000 militantes.[1]
A CDU opúxose en máis dunha ocasión ao SED en relación coas propostas de goberno na Cámara Popular. Unha das desavinzas máis salientábeis tivo lugar na sesión do 9 de marzo de 1972, cando 14 deputados da CDU votaron en contra e 8 se abstiveron na votación da lei do aborto. O ano seguinte á reunificación o 75% da poboación do Leste estaba a favor da lei oriental de interrupción libre nos tres primeiros meses, polo 55% dos occidentais, e paulatinamente as voces na CDU unificada foron máis proclives a aceptar esa lei tal como se aprobou na RDA.[5]
Na década de 1950 o líder da CDU era Otto Nuschke, un antigo líder do Partido Democrático Alemán durante a República de Weimar, un estreito aliado dos comunistas. Despois da morte de Nuschke, August Bach sucedeuno durante un breve período, até que en 1966 Gerald Götting foi elixido presidente. Anteriormente xa fora secretario xeral. O propio Götting foi elixido presidente do Parlamento durante a década de 1970. Götting permaneceu como presidente e aliado do goberno de Erich Honecker ata que este último foi substituído por Egon Krenz en outubro de 1989. O 2 de novembro de 1989 Götting foi destituído polos reformistas en favor da reunificación. En decembro foi substituído por Lothar de Maizière, avogado e vicepresidente do Sínodo da Igrexa Evanxélica na RDA. Nese momento a CDU destituíu aos seus principais dirixentes e renunciou ao comunismo.
O 18 de marzo de 1990 o CDU e os seus aliados gañaron as eleccións á Cámara do Pobo, cun 40,8% dos votos, sendo elixido Lothar de Maizière como Primeiro Ministro da RDA. Á vez que a reunificación alemá, o CDU integrouse no CDU occidental en outubro dese mesmo ano.[6] Procedente de Espertar Democrático, un pequeno partido xurdido das protestas de 1989, unha moza Angela Merkel militou durante uns meses no CDU e foi a portavoz adxunta do primeiro goberno democrático da RDA dirixido polo tamén democratacristiano Lothar de Maizière.[7][8]
Edición | Duración | Lugar de celebración |
---|---|---|
I Congreso | 15 - 17 de xuño de 1946 | Berlín |
II Congreso | 6 - 8 de setembro de 1947 | Berlín |
III Congreso | 18 - 20 de setembro de 1948 | Érfurt |
IV Congreso | 12 - 13 de novembro de 1949 | Leipzig |
V Congreso | 15 - 17 de setembro de 1950 | Berlín |
VI Congreso | 16 - 18 de outubro de 1952 | Berlín |
VII Congreso | 21 - 25 de setembro de 1954 | Weimar |
VIII Congreso | 12 - 15 de setembro de 1956 | Weimar |
IX Congreso | 30 de setembro - 3 de outubro de 1958 | Dresde |
X Congreso | 22 - 25 de xuño de 1960 | Érfurt |
XI Congreso | 30 de setembro - 3 de outubro de 1964 | Érfurt |
XII Congreso | 2 - 5 de outubro de 1968 | Érfurt |
XIII Congreso | 11 - 13 de outubro de 1972 | Érfurt |
XIV Congreso | 12 - 14 de outubro de 1977 | Dresde |
XV Congreso | 13 - 15 de outubro de 1982 | Dresde |
XVI Congreso | 14 - 16 de outubro de 1987 | Dresde |
XVII Congreso | 15 - 16 de decembro de 1989 | Berlín |
Andreas Hermes | 1945 |
Jakob Kaiser | 1945–1947 |
Otto Nuschke | 1948–1957 |
August Bach | 1957–1966 |
Gerald Götting | 1966–1989 |
Wolfgang Heyl | 1989 (interino) |
Lothar de Maizière | 1989–1990 |
Georg Dertinger | 1946–1949 |
Gerald Götting | 1949–1966 |
Martin Kirchner | 1989–1990 |
Ano | Nº de votos | % de votos | Nº de escanos obtidos | +/– |
---|---|---|---|---|
1990 | 4 710 598 | 40.8 | 163 / 400 |
111 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.