Erich Honecker

político alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Erich Honecker

Erich Ernst Paul Honecker, nado en Neunkirchen o 25 de agosto de 1912 e finado en Santiago de Chile o 29 de maio de 1994, foi un político comunista alemán. Do 3 de maio de 1971 ao 18 de outubro de 1989 foi o político máis influente da República Democrática Alemá dado o seu cargo de secretario xeral do Comité central do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED).

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Erich Honecker
Thumb
Biografía
Nacemento(de) Erich Ernst Paul Honecker
25 de agosto de 1912
Neunkirchen, Alemaña
Morte29 de maio de 1994 (81 anos)
Santiago de Chile, Chile
Causa da morteCancro de fígado
Lugar de sepulturaCemiterio xeral de Santiago
Santiago de Chile
Chairman of the State Council (en)
29 de outubro de 1976 – 24 de outubro de 1989
 Willi StophEgon Krenz 
Chairman of the National Defence Council of the GDR (en)
24 de xuño de 1971 – 18 de outubro de 1989 (dimisión)
 Walter UlbrichtEgon Krenz 
Member of the Volkskammer (en)
Datos persoais
ResidenciaChile (1993–1994)
Moabit Prison (en) (1992–)
Moscova (1991–1992)
Wiebelskirchen
Brandenburg-Görden Prison (en)
Ideoloxía políticaComunismo
RelixiónAteísmo
EducaciónEscola Lenin (pt)
Actividade
Ocupaciónpolítico, autobiógrafo, membro da resistencia
Partido políticoPartido Socialista Unificado de Alemaña (–1989)
Partido Comunista de Alemaña (1930–)
Membro de
Influencias
Familia
CónxuxeMargot Honecker (1953–1994), morte do cónxuxe
Edith Baumann (1947–1953), divorcio
Charlotte Schanuel (1946–1947), morte do cónxuxe
FillosErika Wildau
 () Edith Baumann
Sonja Honecker
 () Margot Honecker
ParentesRoberto Yáñez, daughter's son
Karl Wildau, xenro
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хонеккер Эрих)
Obálky knih,
Lista de Ditadores de SourceWatch
Pechar

Traxectoria

Antes da segunda guerra mundial foi funcionario do Partido Comunista de Alemaña (KPD), sendo condenado a dez anos de cárcere durante os tempos do nazismo. Despois da guerra fundou a organización xuvenil FDJ (Xuventude Libre Alemá), da cal foi presidente do 1946 ó 1955. Como secretario de seguridade do comité central do SED, o seu labor organizativo foi determinante na construción do Muro de Berlín, así como na autorización de disparo nas fronteiras interalemás. Dirixiu e representou á RDA durante as décadas de 1970 e 1980 dados os seus cargos de secretario xeral do Comité central do SED, presidente do Consello de Estado da RDA e Presidente do Consello de Defensa Nacional. O recoñecemento da República Democrática Alemá como membro pleno da ONU no 1973 é considerado o seu maior éxito.

Honecker foi recibido polo chanceler Helmut Kohl en setembro de 1987 durante a súa visita oficial á República Federal de Alemaña. A finais da década de 1980 o contexto económico mundial, as relacións coa potencia dirixente soviética e incluso a propia política interior da RDA tornáronse cada vez máis tensas e difíciles.

Despois da caída do Muro de Berlín

Erich Honecker foi obrigado a dimitir polo Politburó do SED o 18 de outubro de 1989. En 1992 foi convocado a xuízo en Berlín por violación dos dereitos humanos na RDA, pero o proceso suspendeuse debido a unha enfermidade. As acusacións baseábanse no seu papel como xefe de estado da xa disolta RDA, ligándoo coas respectivas faltas ó dereito que controvertidamente se lle atribuían. Foi encarcerado en 1992 e liberado en 1993 debido ao seu complicado estado de saúde.[1]

Honecker trasladouse de inmediato xunto a súa familia en Chile, onde faleceu en maio de 1994.

Libros

  • Aus meinem Leben, 1981
  • Moabiter Notizen, escritas no cárcere de Berlin-Moabit entre 1992 e 1993.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.