Torrelavega
concello de Cantabria From Wikipedia, the free encyclopedia
concello de Cantabria From Wikipedia, the free encyclopedia
Torrelavega é un concello español situado na comunidade autónoma de Cantabria. É a capital da comarca do Besaya e a segunda cidade máis poboada de Cantabria, ademais dun importante núcleo industrial e comercial.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 51.361 (2023) (1.445,16 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 35,54 km² | ||||
Altitude | 25 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Torrelavega (en) | Javier López Estrada (en) (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39300 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39087 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | torrelavega.es |
Situase a uns oito quilómetros da costa cantábrica, a 27,5 quilómetros de Santander (capital da comunidade). A cidade é a capital da comarca do Val do Besaya, á que tamén pertencen os concellos de Cartes, Los Corrales de Buelna, Cieza, Arenas de Iguña, Bárcena de Pie de Concha, Molledo, Anievas e San Felices de Buelna.
A cota máxima é de 606 metros e, a cota mínima, de 12 metros. Ten de área 35,54 km2, ocupando o posto 57 en canto a municipios por superficie en Cantabria.
Destacan o río Saja e o río Besaya. Ambos ríos forman a principal conca hidrográfica de Cantabria. En Torrelavega o Saja recibe as augas do Besaya para logo desembocar na ría de San Martín de Arena de Suances.
Limita polo norte con Santillana del Mar, Suances e Polanco, polo leste con Piélagos e Puente Viesgo, polo sur con Los Corrales de Buelna e San Felices de Buelna, e polo oeste con Reocín e Cartes.
Foi fundada a finais do século XIII por Garci Lasso I de la Vega, Adiantado Maior de Castela, en nome de Afonso XI.
O seu nome actual é a contracción que, co paso do tempo, se produciu do epónimo da casa que construíu na zona Leonor de la Vega, filla de Garci Lasso II de la Vega e nai do Marqués de Santillana, para administrar os impostos e os privilexios do seu territorio.
Torrelavega era un centro gandeiro de importancia para Castela dende tempos remotos. "O aumento de poboación e o progreso da súa industria" merecéronlle en 1895 o título de cidade, concedido pola entón rexente María Cristina de Borbón.
Ano 2000 | Ano 2001 | Ano 2002 | Ano 2003 | Ano 2004 | Ano 2005 | Ano 2006 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | |||||||
Barreda | 2995 | 2973 | 2948 | 2977 | 2932 | 2897 | 2828 |
Campuzano | 11972 | 11783 | 11679 | 11617 | 11366 | 11258 | 11217 |
Duález | 267 | 269 | 331 | 366 | 377 | 371 | 373 |
Ganzo | 1130 | 1109 | 1121 | 1101 | 1095 | 1066 | 1067 |
Montaña (La) | 180 | 177 | 188 | 191 | 183 | 188 | 183 |
Sierrapando | 4013 | 3947 | 3968 | 3967 | 3982 | 4005 | 4041 |
Tanos | 5065 | 5336 | 5614 | 5782 | 5986 | 6080 | 6121 |
Torrelavega | 28534 | 28259 | 28303 | 28603 | 28457 | 28360 | 28334 |
Torres | 1012 | 1032 | 1025 | 1012 | 1013 | 1002 | 997 |
Viérnoles | 1018 | 1024 | 1003 | 1022 | 1016 | 1003 | 982 |
A poboación do concello é de 55.947 habitantes segundo o censo de 2009, (INE 2009), polo que un 9,5% dos cántabros viven en Torrelavega. A súa tendencia demográfica está estancada desde o ano 2000, dado a unha baixa natalidade e a un progresivo envellecemento da poboación, que son compensados con fluxos migratorios que se dan desde os comezos dos noventa. Desde 1991, Torrelavega perdeu un 6,8% da poboación, isto é, 4.113 habitantes.
Ademais, a escaseza e subsecuente carestía das vivendas no núcleo urbano desenvolveu nun proceso de periurbanización ou desprazamento da poboación para os concellos do contorno, en especial ós eixes conurbanos Torrelavega-San Felices de Buelna, que aumentou a súa poboación nun 2,86 %, Torrelavega-Cartes (1,47 %), Torrelavega-Los Corrales de Buelna (1,44 %) e Torrelavega-Suances (2,84 %), sendo o aumento demográfico en Torrelavega do 0,82 % entre 2002 e 2003, e un retroceso do 0,15% entre 2005 e 2006. Torrelavega é o segundo concello máis poboado de Cantabria.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 | 2008 | 2009 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
7.777 | 9.574 | 12.960 | 15.933 | 19.315 | 23.728 | 31.021 | 42.945 | 55.786 | 59.997 | 56.189 | 55.418 | 55.910 | 55.947 |
Fonte: INE
Na última década fóronse colocando en espazos públicos diversas esculturas contemporáneas. Destaca o conxunto localizado na estrada de circunvalación, chamado "bulevar ronda":
O Diario Alerta, que ten a súa sede en Peñacastillo, en Santander, cobre cunha sección a actualidade da cidade.
El Diario Montañés, ten o seu Suplemento Veciños de Torrelavega, ademais dunha correspondente sección informativa sobre a cidade diariamente en cada exemplar do xornal.
A televisión de Torrelavega pasou no 2005 de chamarse Vegavision a chamarse TÚ Television que retransmitía en analóxico en parte de Cantabria, e nas plataformas dixitais. Cesou as súas emisións a finais do 2008 comezos do 2009. Actualmente funciona unha nova televisión de cobertura en toda a comarca, TCBtelevisión (Tele Comarca del Besaya), que iniciou as súas emisións o 1 de outubro de 2009.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torrelavega |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.