O termo barrio designa unha parte dunha cidade que reúne unhas características construtivas, funcionais etc. que a identifican e a singularizan dentro da cidade. En ocasións o barrio é, ademais, unha división administrativa da cidade.
Noutro senso tamén podemos referirnos a barrio como a unha zona periférica da poboación, fronte a centro.
Orixe
O barrio pode singularizarse dentro da cidade, por múltiples causas:
- Por ser unha zona histórica fronte ás novas urbanizacións que foron medrando na poboación, como por exemplo, a Cidade vella de Santiago de Compostela.
- Por ter a súa orixe nun concello anterior que foi asimilado por outro meirande: Bouzas, en Vigo, ou Montmartre en París.
- Por ser lugar habitado por unha poboación cunha orixe étnica ou características propias. Barrios históricos como a xudería de Ribadavia ou a de Praga. Ou, no noso tempo, barrios como Chinatown ou Little Italy en Nova York.
- Por ter unha identidade nacida de tempos gremiais: ferreiros, cesteiros, pescadores. Ou por concentrarse neles unha actividade económica propia, incluso ilegal ou alegal: Barrio vermello.
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.