A Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles, máis coñecida coma RENFE, era o organismo paraestatal español de transporte ferroviario existente como tal entre 1941 e 2004. En 2005 dividiuse en Adif, ente xestor das infraestruturas ferroviarias españolas, e Renfe Operadora, compañía que quedou coa explotación dos ferrocarrís.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2018) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles | |
---|---|
Tipo | empresa ferroviária |
Data de fundación | 24 de xaneiro de 1941 |
Data de disolución | 1 de xaneiro de 2005 |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
http://www.renfe.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundada o 24 de xaneiro de 1941 por mor da nacionalización de diversas compañías ferroviarias españolas, entre as que destacaban a Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España (1858-1941), a Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante, M.Z.A, (1856-1941) e a Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste e Ferrocarriles Andaluces, xa baixo tutela estatal, desde 1928 e 1936, respectivamente.
O obxecto da creación de RENFE foi rehabilitar a rede ferroviaria española, gravemente danada como consecuencia da guerra civil, ante a situación de quebra económica das empresas ferroviarias que ata entón explotaran a rede. RENFE explotou a rede ferroviaria española desde a súa creación en réxime de monopolio ata o día 31 de decembro de 2004.
A partir da década dos 70 e principalmente na dos 80, RENFE empezouse a rexer por unha política de rendibilidade económica, polo que todas aquelas liñas que non eran rendibles foron pechándose ao tráfico progresivamente. O 1 de xaneiro de 1985 pecháronse máis de 900 km de vías e liñas. Sirvan como exemplo o Santander-Mediterráneo, Andalucía-Levante (ferrocarril do Almanzora), o Valladolid-Ariza, a Vía da Prata etc.
Material móbil e produtos comerciais de Renfe
- Artigo principal: Renfe Operadora.
División de Renfe
O 1 de xaneiro de 2005 finalizou o monopolio legal de RENFE e a empresa dividiuse en dúas:
- Renfe Operadora, que se encarga do transporte de mercancías e pasaxeiros, en réxime de competencia con outras empresas. Tamén realiza o mantemento e fabricación de material ferroviario, participando en importantes proxectos nacionais e internacionais.
- Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias), que xestiona vías, estacións, comunicacións etc., cobrando un canon ás empresas usuarias da rede, entre elas a Renfe Operadora.
Por mor das novas directivas económicas da Unión Europea, o Estado debía abrir a rede ferroviaria á competencia, polo que se dispuxo unha nova lexislación para o sector ferroviario (LSF, Lei 39/2003 do Sector Ferroviario), que en principio debía entrar en vigor o 1 de xuño de 2004, pero que se atrasou coa asunción do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero ao 1 de xaneiro de 2005.
O 31 de decembro de 2004, RENFE fusionouse co entón Xestor de Infraestruturas Ferroviarias (GIF) e, minutos máis tarde, o día 1 de xaneiro de 2005, a Entidade Pública Empresarial Renfe-Operadora desprendíase de RENFE, que a partir dese momento comezou a chamarse Entidade Pública Empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif). Renfe Operador especializouse na prestación de servizos de transporte, mentres que Adif quedou coas funcións de atribución de capacidades, mantemento e construción de infraestrutura da Rede Ferroviaria de Interese Xeral (RFIG).
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina web de Renfe Operadora
- Páxina web de Adif Arquivado 21 de xuño de 2017 en Wayback Machine.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.