Bárcena de Pie de Concha
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bárcena de Pie de Concha é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España), localizado no Val de Iguña. Limita polo sur con Pesquera, Santiurde de Reinosa e San Miguel de Aguayo, polo norte e leste con Molledo e polo oeste con Hermandad de Campoo de Suso e Los Tojos.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Bárcena de Pie de Concha | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 674 (2023) (22,08 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 30,53 km² | ||||
Altitude | 288 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | valor descoñecido | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39010 | ||||
Páxina web | aytobarcenapc.com |
O municipio está na vía de paso cara a meseta máis transitada historicamente e por onde se trazaron infraestruturas como o ferrocarril e a autovía Cantabria - Meseta. Conserva en bo estado un tramo da chamada "calzada romana" entre Bárcena de Pie de Concha e a localidade de Pesquera e que presumiblemente formaba parte da vía que comunicaba Portus Blendium (actual Suances) con Segisamo (Sasamón). Algunha fonte pon en dúbida a súa orixe romana e data a súa construción no século XVIII.[1]
Os 787 habitantes (INE, 2008) de Bárcena de Pie de Concha, distribúense nas seguintes localidades:
Bárcena de Pie de Concha é tamén o nome da capital do municipio. Localízase a 288 metros sobre o nivel do mar. No 2008 contaba cunha poboación de 607 habitantes (INE). Sitúase na faldra dunha elevada montaña e nas inmediacións da desembocadura do río Torina no río Besaya. Desde esta localidade pode ascenderse ao Pico Jano (1.288-1.290 msnm).
Tres son os bens de interese cultural deste municipio:
Está clasificado como ben inmoble de interese local a igrexa de San Cosme e San Damián de Bárcena de Pie de Concha, que data da segunda metade do século XII). É un edificio de arquitectura románica popular. Ten unha espadana barroca e outros elementos de séculos posteriores. Son Benes Inventariados a igrexa de Pujayo e a de Pie de Concha.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.091 | 1.200 | 1.235 | 1.107 | 1.102 | 1.112 | 1.137 | 1.012 | 920 | 952 | 805 |
Fonte: INE
Nas seguintes táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.[2]
|
|
Bárcena de Pie de Concha sufriu unha precoz industrialización desde comezos do século XX. Por un curto período de tempo, a empresa belga Solvay instalouse na vila de Bárcena, sobre o río Besaya. As súas instalacións foron adquiridas posteriormente por Electra de Viesgo que as transformou nunha central hidroeléctrica que segue actualmente en funcionamento.
No ano 1923 Electra de Viesgo inaugurou o salto de Torina e o encoro de Alsa. Esta obra foi ampliada en 1983 coa construción dun encoro superior en Jano e dunha central de bombeo. Todo o conxunto segue en plena actividade, sendo a principal fonte de riqueza do municipio.
Tamén nos primeiros anos do século pasado instaláronse na vila dúas pequenas industrias queixeiras, unha das cales deu orixe á industria láctea Leche Collantes, actualmente desaparecida, pero que canda unha fábrica de pensos, unha gran granxa avícola e unha macroganadería de vacas de leite, foron as fontes de emprego durante a segunda metade do século.
A isto cabe engadir os empregos xerados polo ferrocarril que atravesa o pobo e a proximidade das industrias de Los Corrales de Buelna. Trala guerra civil, a gandaría e a agricultura pasaron a ter un papel secundario na vida do pobo e hoxe carecen de relevancia.
Como a inmensa maioría dos pobos da zona, Bárcena é un municipio habitado por pensionistas e un pequeno número de traballadores que encontran fóra do municipio o seu posto de traballo. Tamén, aínda que ten unha pequena industria hostaleira, o turismo non ten gran relevancia no lugar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.