guerreira samurai xaponesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Tomoe Gozen (巴 御前, Pronuncia xaponesa: [tomo.e])[1] foi unha onna-bugeisha (muller guerreira) do período Heian tardío da historia do Xapón. Serviu ao señor Minamoto no Yoshinaka durante a Guerra Genpei e participou no conflito que levou ao primeiro shogunato.[2][3]
Nome orixinal | (ja) 巴御前 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1157 Xapón |
Morte | 1247 (89/90 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Actividade | |
Ocupación | Samurai , militar , Onna-musha |
Lingua | Late Middle Japanese (en) |
Carreira militar | |
Conflito | Batalha de Awazu (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Minamoto no Yoshinaka |
Fillos | Minamoto no Yoshitaka (en) , Minamoto no Yoshimoto (en) , Minamoto no Yoshimune (en) |
Pai | Higuchi Kanemitsu (en) e Kanetō Nakahara (en) |
A súa historia, relatada en Heike Monogatari («O conto de Heike»), influíu a varias xeracións de samurais. Tomoe é acotío homenaxeada en libros, música, poesía, cinema, novela histórica, e na cultura en xeral.[2][3]
Baixo o liderado de Yoshinaka, dirixiu 300 samurais contra 2.000 guerreiros Taira, un clan rival, durante a guerra. Despois de derrotar o clan Taira en 1182 e conducilos ás provincias occidentais, Yoshinaka tomou Kyoto e aspirou a ser o dirixente do clan Minamoto. Incitaron ao seu curmán Yoritomo para esmagalo, e enviou os seus irmáns Yoshitsune e Noriyori para matar a Yoshinaka.
Yoshinaka enfrontouse ás tropas de Yoritomo na Batalla de Awazu o 21 de febreiro de 1184, onde Tomoe Gozen obtivo polo menos unha cabeza inimiga. Malia que as tropas de Yoshinaka loitaron con valor, foron superadas en número e derrotadas. Ao Yoshinaka ser vencido, con só uns poucos dos seus soldados en pé, díxolle a Tomoe Gozen que fuxise porque quería morrer co seu irmán adoptivo Imai Kanehira e sería avergoñado se morrer cunha muller.[4]
Hai diversos rexistros posteriores. Na Batalla de Awazu en 1184[5] decapitou o samurai Honda no Morishige de Musashi.[6] Tamén se soubo que matou a Uchida Ieyoshi e que escapou de ser capturada por Hatakeyama Shigetada.[7] Despois de Tomoe Gozen decapitar o líder do clan Musashi, presentoulle a cabeza deste ao seu señor, Yoshinaka.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.