From Wikipedia, the free encyclopedia
O tesouro de Binnington Carr é un tesouro de moedas romanas de prata que data de finais do século I d. C., composto por 12 denarios de prata e unha campá de aliaxe de cobre.[1]
Tesouro de Binnington Carr | |
Tipo | Doce denarios e unha campá |
Data | c. 75 |
Cultura | Roma Antiga |
Características | |
Materiais | Prata e aliaxe de cobre |
Descuberta | |
Localización | Binnington Carr , Yorkshire Norte, Reino Unido 54°11′53.16″N 00°26′47.72″O |
Data | c. 1876 |
Conservación | |
Localización | Museo de Yorkshire |
O tesouro apareceu no transcurso duns traballos agrícolas nunha leira en Binnington, preto de Willerby, Yorkshire Norte, cara ao ano 1876.[1]
A ducia de moedas de prata que compoñen o tesouro son denarios romanos, un de Xulio César (49 - 44 a. C.), un de Nerón (54 - 68 d. C.), tres de Vitelio (68 d.C.) e sete de Vespasiano (69 - 79 d. C.).[1][2]
As moedas apareceron aloxadas no interior dunha campá de aliaxe de cobre.[3] Á campá faltáballe o badalo, e só quedaban restos do que fora unha grampa de fierro para a pendurar.[1]
O achado chegou a mans de George Edson cara a 1881, e logo foi adquirido polo cóengo J. R. Raine na venda levada a cabo por George Edson, en 1891.[1]
Posteriormente tanto as moedas como a campá pasaron ao Museo de Yorkshire, en York, de cuxa colección permanente forman parte.[1][3][4]
En 2014, o tesouro incluíuse nunha exposición en liña de Google Arts & Culture titulada Yorkshire Hoards.[5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.