42ª edición do Campionato de Galicia de Rally From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2020 foi a 42ª edición do Campionato de Galicia de Rally. Comezou o 29 de febreiro no Rally da Coruña e rematou o 13 de decembro no Rally Mariña Lucense.[1][2]
Tipo | Campionato de Galicia de Rally |
---|---|
Organizador | Federación Galega de Automobilismo |
Localización e Datas | |
País | España |
Intervalo de tempo | 28 de febreiro de 2020 – 13 de decembro de 2020 |
Número de edición | 42 (2020) |
Competición | |
Primeiro posto | Víctor Senra |
Datos estatísticos | |
Carreires | 3 |
Defendía o título o piloto de Dumbría, Víctor Senra, campión das tres últimas edicións, que finalmente conseguiu o seu cuarto título consecutivo tras unha tempada marcada pola pandemia por coronavirus que obrigou á suspensión da maioría de rallys do calendario.
Nº | Data | Rally | Coeficiente | Notas |
---|---|---|---|---|
1 | 28-29 de febreiro | 24º Rally da Coruña | 7 | Resultados |
- | 17-18 de abril | 36º Rally de Noia | 7 | Suspendido |
- | 19-20 de xuño | 33º Rally Cidade de Narón | 8 | Suspendido |
- | 10-11 de xullo | 17º Rally Sur do Condado | 7 | Suspendido |
- | 8-9 de agosto | 25º Rally do Cocido | 7 | Suspendido |
- | 4-5 de setembro | 54º Rally Rías Baixas | 8 | Suspendido |
- | 26-27 de setembro | 9º Rally Ribeira Sacra (Ourense-Lugo) | 7 | Suspendido |
2 | 16-17 de outubro | 42º Rally San Froilán | 7 | Resultados |
3 | 11-13 de decembro | 2º Rally Mariña Lucense | 8 | Resultados |
- | 12-13 de decembro | 28º Rally Botafumeiro | 8 | Suspendido |
O Rally do Cocido, previsto inicialmente para o 20 e 21 de marzo foi aprazado debido á pandemia por coronavirus,[3] e recolocado na fin de semana do 11-12 de decembro nun principio,[4][5] e no 8-9 de agosto nunha nova actualización. Polo mesmo motivo anunciouse tamén o aprazamento do Rally de Noia,[6][7] que finalmente foi suspendido.[8] O Rally Rías Baixas, previsto para a fin de semana do 29 e 30 de maio foi reprogramado para 4 e 5 de setembro.[9] O Rally de Narón e o Sur do Condado sumáronse ao de Noia e cancelaron as súas edicións de 2020.[10][11] En maio a Federación Galega de Automobilismo publicou un novo calendario, coas novas datas e xa sen os rallys cancelados, no que as probas a disputar quedan reducidas a seis (sen contar o rally xa disputado).[12][13]
En xuño a Escudería Lalín-Deza comunicou que non se organizaría o Rally do Cocido en 2020 e o 4 de agosto anunciáronse as suspensións do Rally Ourense-Ribeira Sacra e do Rías Baixas.[14][15][16] En outubro a Escudería Santiago anunciou a cancelación do Botafumeiro, quedando o calendario reducido a só tres rallys.[17]
Sistema de puntuación para a clasificación xeral:
Posición | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Puntos | 25 | 20 | 15 | 12 | 10 | 8 | 6 | 4 | 2 | 1 |
Sistema de puntuación para cada agrupación:
Posición | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Puntos | 10 | 9 | 8 | 7 | 6 | 5 | 4 | 3 | 2 | 1 |
Para definir o total de puntos obtidos por un participante nunha proba débense sumar os puntos obtidos na clasificación xeral e na agrupación e logo multiplicalos polo coeficiente da proba.
Os vehículos admitidos divídense en cinco agrupacións:[18]
Equipo | Automóbil | Piloto | Copiloto | Roldas |
---|---|---|---|---|
Yacar Racing | Škoda Fabia R5 | Víctor Senra | David Vázquez | 1-3 |
Ford Fiesta R5 | Perfecto Calviño | Antonio Solórzano | 1 | |
Peugeot 208 R2 | Jorge Bergondo | Rubén Roel | 1 | |
Peugeot 106 Kit Car | Iván Lozano | Diego Rodríguez | 1-2 | |
BMW 325i | Francisco García | Óscar Javier Souto | 1 | |
Peugeot 205 SCC | Darío Calviño | Eduardo Mosquera | 1 | |
Lalín-Deza | Ford Fiesta MKII | Iago Caamaño | Alberto Rodríguez | 1 |
Citroën DS3 R5 | 2 | |||
Volkswagen Polo GTI R5 | 3 | |||
Hyundai i20 R5 | Alberto Otero | Jordan Vázquez | 1-2 | |
Recalvi Team | Citroën DS3 R5 | Alberto Meira | José Murado | 1-3 |
Renault Clio N5 | Diego Vila | María Blanco Amelia | 1-2 | |
Ford Fiesta R5 | Óscar Palacio | Mario González Tomé | 1 | |
Blendio | Ford Fiesta Rally2 | 2 | ||
Ford Fiesta Rally2 | Daniel Alonso | Cándido Carrera | 3 | |
FMC-UCAV Racing | Citroën DS3 R5 | Luis Vilariño | Néstor Casal | 1 |
Galicia Motorsport | Renault Clio R3 Maxi | Jorge Pérez Oliveira | Avelino Martínez | 1 |
Citroën DS3 R5 | 2-3 | |||
SEAT Marbella | Mario Ríos | María Ríos | 1 | |
Citroën Saxo | Kevin Cortegoso | Jacobo Domínguez | 1-2 | |
Citroën Saxo | José Ramón Furelos | Agustín Furelos | 1 | |
Nissan Micra K11 | José Manuel Piay | Iván López | 1-2 | |
Desguaces Tino Racing | Ford Fiesta N5 | Tino Iglesias | Jorge Iglesias | 1-2 |
Ford Fiesta R2 | Tinín Iglesias | Bárbara Gómez | 1-2 | |
Citroën C2 | Benito Puceiro | Christopher Telmo | 1-2 | |
Miño | Peugeot 208 T16 | Francisco Dorado | Roi Torrente | 1 |
Volkswagen Polo GTI R5 | 2-3 | |||
Fiat Cinquecento | Diego Camuñas | Javier Camuñas | 1 | |
Škoda Fabia Rally2 evo | Adrián Díaz | Andrea Lamas | 3 |
O campionato comezou por cuarto ano consecutivo co Rally da Coruña, que se celebrou entre o 28 e o 29 de febreiro. O parque pechado situouse o venres 28 na praza de María Pita, na Coruña, mentres que os treitos cronometrados disputáronse o sábado nos concellos de Aranga, Cerceda, Culleredo e Arteixo,[19] sumando un total de 89,28 km cronometrados.[20]
Inscribíronse 113 pilotos, coa ausencia máis destacada do vencedor do ano anterior, Iván Ares, que non recibiu a tempo o seu novo Hyundai i20 R5.[21] Con todo, si estiveron presentes os primeiros clasificados da tempada anterior do Campionato de Galicia de Rally: Víctor Senra, estreando un Škoda Fabia R5, Alberto Meira co seu Citroën DS3 R5 e Iago Caamaño, estreando tamén coche no campionato, un Ford Fiesta R5 MKII.[21] Ademais destacaban as presenzas do campión galego Luis Vilariño, do tricampión de Asturias Óscar Palacio, de Manuel Fernández ou de Tino Iglesias.[22]
O rally caracterizouse por unha intermitente choiva, coa que cobrou grande importancia a elección de pneumáticos dos equipos.[23] Víctor Senra comezou liderando con claridade na sesión matinal ao marcar o mellor tempo na primeira pasada aos tres treitos, con 13 segundos de vantaxe sobre Iago Caamaño e 30 sobre Alberto Otero.[24][25] Con todo, Iago Caamaño comezou a remontar nos seguintes dous treitos, nos que marcou o mellor tempo e colocouse a catro segundos de Senra. A remontada culminouse no sexto treito, no que o máis rápido foi o asturiano Óscar Palacio e no que os problemas coa panca de cambios de Senra lle fixeron perder máis de 23 segundos con Caamaño, que se colocou líder destacado, con máis de 19 segundos de vantaxe sobre o de Dumbría.[26] Cando todo parecía sentenciado Senra solucionou os seus problemas mecánicos e volveu facer os mellores tempos, recortándolle tres segundos a Caamaño no sétimo treito[27] e catro no oitavo,[28] colocándose a 12 segundos a falta do último tramo.[29] Finalmente conseguiu recortar a diferenza e nun final moi axustado gañar o rally por 159 milésimas sobre Iago Caamaño.[23]
Detrás deles quedou Alberto Meira, que mantivo unha loita pola terceira praza durante todo o rally con Alberto Otero (4º) e Óscar Palacio (5º).[29]
Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|---|---|
1 | Víctor Senra | David Vázquez | Škoda Fabia R5 | Yacar Racing | 58:45.327 |
2 | Iago Caamaño | Alberto Rodríguez | Ford Fiesta MKII | Lalín Deza | 58:45.486 |
3 | Alberto Meira | José Murado | Citroën DS3 R5 | Recalvi Team | 59:16.920 |
4 | Alberto Otero | Jordan Vázquez | Hyundai i20 R5 | Lalín Deza | 59:23.385 |
5 | Óscar Palacio | Mario González | Ford Fiesta R5 | Recalvi Team | 59:46.887 |
6 | Luis Vilariño | Néstor Casal | Citroën DS3 R5 | UCAV Universidad de Ávila | 1h01:22.428 |
7 | Manuel Fernández | Alejandro Cid | Ford Fiesta R5 | T. Martínez Racing | 1h02:00.550 |
8 | José Manuel Lista | Iván Carmona | Mitsubishi Lancer Evo IX | José Manuel Lista Mañana | 1h02:33.154 |
9 | Jorge Pérez Oliveira | Avelino Martínez | Renault Clio N5 | Galicia Motorsport | 1h02:47.609 |
10 | David Rivas | José Antonio Pintor | Citroën C2 R2 Max | RVS Motorsport | 1h03:10.628 |
Coa expansión da pandemia por coronavirus o campionato paralizouse durante máis de medio ano, suspendéndose a maioría de rallys previstos. Retomouse a mediados de outubro coa disputa da cuadraxésimo segunda edición do Rally San Froilán, para o que se inscribiron 127 equipos.[30] Víctor Senra colocouse en cabeza dende o primeiro treito, e xa non abandonou a posición ata o final da carreira, logrando a súa segunda vitoria na tempada e a segunda no rally lugués.[31] Con todo, o piloto de Dumbría só foi o máis rápido en dous dos nove treitos, repartíndose os sete restantes entre cinco pilotos distintos. O melidense Alberto Otero marcou o segundo mellor tempo do rally, subindo ao podio por diante de Alberto Meira. Completaron os cinco primeiros postos Francisco Dorado e Iago Caamaño, este último despois de sufrir unha picada de roda que o afastou dos primeiros lugares.[31][32]
Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|---|---|
1 | Víctor Senra | David Vázquez | Škoda Fabia R5 | Yacar Racing | 56:40.324 |
2 | Alberto Otero | Jordan Vázquez | Hyundai i20 R5 | Escudería Lalín-Deza | 57:02.073 |
3 | Alberto Meira | José Murado | Citroën DS3 R5 | Recalvi Team | 57:03.993 |
4 | Francisco Dorado | Roi Torrente | Volkswagen Polo GTI R5 | Miño-Lugo | 57:40.842 |
5 | Iago Caamaño | Alberto Rodríguez | Citroën C3 R5 | Escudería Lalín-Deza | 57:46.910 |
6 | Ricardo Costa | Daniel Vilaça | Hyundai i20 R5 | RVS Motorsport | 58:00.215 |
7 | Jorge Pérez Oliveira | Avelino Martínez | Citroën DS3 R5 | Galicia Motorsport | 58:41.090 |
8 | Diego Vila | Álex Alonso | Renault Clio N5 | Recalvi Team | 59:09.118 |
9 | Óscar Palacio | Mario González | Ford Fiesta Rally2 | Recalvi Team | 59:16.930 |
10 | Tino Iglesias | Jorge Iglesias | Ford Fiesta N5 | Desguaces Tino Racing | 1:01:46.970 |
Trala suspensión da maioría de rallys por mor da pandemia por coronavirus, o Rally Mariña Lucense quedou como a terceira e derradeira proba do campionato. O rally chegou con polémica, debido a que o regulamento do campionato establece que se deben descartar dous resultados para obter a puntuación final, e, ao disputárense só tres probas, o vencedor do último rally sería o campión final independentemente do que sucedese nos dous rallys anteriores, debido ao maior coeficiente da proba lucense. A negativa a modificar o regulamento, a pesar de que estaba permitido facelo "por causas de forza maior", provocou o malestar de varios pilotos, entre eles os dous primeiros clasificados do certame, Víctor Senra e Alberto Otero, que anunciaron que non disputarían o rally.[33][34][35]
Finalmente Senra acabou por inscribirse no rally, xunto a outros 74 pilotos, entre os que destacaban as presenzas do ruso Nikolay Gryazin, piloto do Campionato do Mundo, cun Volkswagen Polo R5, Alberto Meira, Iago Caamaño ou o asturiano Daniel Alonso.[36][37][38]
Griazin foi o máis rápido nos primeiros sete treitos e gañou o rally de xeito contundente, con case un minuto de vantaxe sobre Senra, que conseguiu os dous últimos scratchs e o segundo posto final. O ruso non contaba para a clasificación final do campionato, debido a que se precisaba participar nun mínimo de dous rallys, polo que Senra logrou a súa cuarta coroa consecutiva, mentres que o subcampionato foi para Iago Caamaño.[39]
Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|---|---|
1 | Nikolay Gryazin | Konstantin Aleksandrov | Volkswagen Polo GTI R5 | Sports Racing Technologies | 59:29.582 |
2 | Víctor Senra | David Vázquez | Škoda Fabia R5 | Yacar Racing | 1h00:26.046 |
3 | Alberto Meira | José Murado | Citroën DS3 R5 | Recalvi Team | 1h00:53.924 |
4 | Iago Caamaño | Alberto Rodríguez | Volkswagen Polo GTI R5 | Escudería Lalín-Deza | 1h01:36.962 |
5 | Adrián Costas | Néstor Casal | Mitsubishi Lancer Evo IX | C.D. Motor Racing Cantabria | 1h04:20.063 |
6 | Jorge Pérez Oliveira | Avelino Martínez | Citroën DS3 R5 | Galicia Motorsport | 1h04:22.935 |
7 | Daniel Alonso | Rodrigo Sanjuan | Ford Fiesta Rally2 R5 | Blendio | 1h05:37.126 |
8 | Tinín Iglesias | Bárbara Gómez | Ford Fiesta R2 | Desguaces Tino Racing | 1h07:29.793 |
9 | José Manuel Lamela | Daniel Pérez | Citroën Saxo VTS | Yacar Racing | 1h07:54.362 |
10 | Marcos Rodríguez | Daniel Rodríguez | Citroën C2 GT | Surco | 1h08:10.541 |
Pos | Piloto | 1 | 2 | 3 | Pts |
---|---|---|---|---|---|
1 | Víctor Senra | 1 | 1 | 2 | 245 |
2 | Iago Caamaño | 2 | 5 | 4 | 203 |
3 | Alberto Meira | 3 | 3 | 3 | 184 |
4 | Francisco Dorado | 50 | 4 | Ret | 133 |
5 | Tinín Iglesias | Ret | 20 | 8 | 112 |
6 | Jorge Pérez Oliveira | 9 | 7 | 6 | 104 |
7 | José Manuel Lamela | Ret | Ret | 9 | 96 |
8 | Marcos Rodríguez | 19 | 16 | 10 | 88 |
9 | David Rivas | 10 | Ret | 12 | 77 |
10 | Jorge Garnelo | Ret | 29 | 14 | 72 |
Pos | Piloto | 1 | 2 | 3 | Pts |
---|---|---|---|---|---|
1 | David Vázquez | 1 | 1 | 2 | 245 |
2 | Alberto Rodríguez | 2 | 5 | 4 | 203 |
3 | José Murado | 3 | 3 | 3 | 184 |
4 | Roi Torrente | 50 | 4 | Ret | 133 |
5 | Néstor Casal | 6 | Ret | 5 | 128 |
6 | Bárbara Gómez | Ret | 20 | 8 | 112 |
7 | Avelino Martínez | 9 | 7 | 6 | 104 |
8 | Daniel Pérez | Ret | Ret | 9 | 96 |
9 | Javier Martínez | Ret | 29 | 14 | 72 |
10 | Adrián Muñiz | Ret | Ret | 15 | 64 |
Pos | Piloto | Pts |
---|---|---|
1 | Víctor Senra | 245 |
2 | Iago Caamaño | 203 |
3 | Alberto Meira | 184 |
4 | Francisco Dorado | 133 |
5 | Jorge Pérez Oliveira | 104 |
6 | Tino Iglesias | 14 |
Pos | Escudaría | Pts |
---|---|---|
1 | Yacar Racing | 459 |
2 | Lalin-Deza | 351 |
3 | Recalvi Team | 277 |
4 | Galicia Motor Sport | 146 |
5 | Pontevedra 1984 Team | 138 |
6 | Surco | 133 |
7 | RVS Motor Sport | 129 |
8 | Desguaces Tino Racing | 126 |
9 | Miño | 122 |
10 | One Seven | 111 |
11 | Scratch Fene | 111 |
Pos | Marca | Pts |
---|---|---|
1 | Pirelli | 438 |
2 | Michelín | 24 |
Pos | Piloto | Pts |
---|---|---|
1 | Alberto Meira | 240 |
2 | Iago Caamaño | 200 |
3 | Jorge Pérez Oliveira | 144 |
4 | Francisco Dorado | 126 |
5 | Tino Iglesias | 42 |
Pos | Piloto | Pts |
---|---|---|
1 | Tino Iglesias | 240 |
2 | David Rivas | 210 |
3 | José Manuel Lamela | 200 |
4 | Marcos Rodríguez | 160 |
5 | Pablo Gómez | 56 |
6 | Juan Manuel Cagiao | 42 |
7 | Borja Rodil | 0 |
Pos | Piloto | Pts |
---|---|---|
1 | Bárbara Gómez | 240 |
2 | Daniel Pérez | 200 |
3 | Iván Bergondo | 42 |
4 | Carlos Álvarez | 0 |
Pos | Piloto | Pts |
---|---|---|
1 | Víctor Senra | 490 |
2 | Alberto Otero | 329 |
3 | Alberto Meira | 301 |
4 | Iago Caamaño | 287 |
5 | Óscar Palacio | 161 |
6 | Francisco Dorado | 161 |
7 | Ricardo Costa | 91 |
8 | Domingo Molinos | 63 |
Pos | Piloto | Pts |
---|---|---|
1 | David Vázquez | 490 |
2 | Jordan Vázquez | 329 |
3 | José Murado | 301 |
4 | Alberto Rodríguez | 287 |
5 | Roi Torrente | 161 |
6 | Mario González | 161 |
7 | Rui Vilaça | 91 |
8 | Alejo Souto | 63 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.