piloto galego de rally From Wikipedia, the free encyclopedia
Víctor Manuel Senra Carreira, máis coñecido como Victor Senra, nado o 23 de xullo de 1984 en Dumbría, é un piloto de rally galego. É o piloto máis laureado da historia do Campionato de Galicia de Rally, do que foi campión sete veces, as sete de xeito consecutivo (en 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022 e 2023). É tamén o piloto con máis rallys gañados no certame galego, con 40 vitorias.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1984 (40 anos) Dumbría, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Lingua | Lingua galega |
Deporte | rally |
Familia | |
Pai | Manuel Senra |
Ten competido tamén no Campionato de España de Rallys e foi campión da Copa de España de Rallys de Asfalto en 2022. É fillo do cinco veces campión galego de rallys Manuel Senra.
Fillo do piloto Manuel Senra, comezou competindo en karting no ano 1996, logrando o subcampionato galego no ano 1998 na categoría júnior.[1] Ese mesmo ano debutou en autocross cun Peugeot 106. En 1999 foi de novo subcampión galego júnior e no ano 2001 proclamouse campión galego de karting na categoría Inter-A. Ademais quedou segundo en Lousada nas 6 Horas de Rallycross de Lousada. Tempo despois, no ano 2003, participou no Campionato Nacional de Velocidade de Portugal e debutou no Campionato de Galicia de Montaña, na Subida a Chantada. Tamén ese ano debutou no Campionato de Galicia de Rallys, dominado por seu pai que nese momento era bicampión, participando no Rally Botafumeiro.[1] Nese momento abandonou definitivamente o mundo do karting. No 2004 competiu co 106 en varios rallys do campionato galego logrando como mellores resultados dous cuartos postos no Rally de Noia e no Botafumeiro. Foi ademais segundo no Rali Vila Verde en Portugal.
En 2005 debutou no Campionato de España de Rallys en La Vila Joiosa a bordo dun Peugeot 206 XS. Participou ese ano en sete das nove probas do campionato, logrando completalas todas excepto a de Cantabria, onde sufriu un accidente. O seu mellor posto foi un vixésimo primeiro no Rally de Ourense. Rematou a tempada como subcampión júnior, por detrás de Dani Sordo.[2] Participou ademais no campionato galego en Noia quedando sexto e debutou no Campionato de España de Rally de Terra co 106 nas dúas citas de Ourense, rematando 15º e 13º.[3]
Na seguinte tempada alternou o campionato de España co galego. Disputou cun Citroën C2 GT o Rally de La Vila Joiosa, onde abandonou, igual que na cita ourensá do nacional de terra, pero si rematou as dúas seguintes probas do campionato galego nas que participou: o Rally do Albariño, onde chegou sétimo e o Rally Cidade de Narón, que finalizou en undécima posición. Os problemas mecánicos impedíronlle rematar o Rally de Ourense, quinta proba do nacional de asfalto. Si rematou as seguintes tres citas do nacional, sendo un décimo terceiro posto no Rally de Ferrol o seu mellor resultado.[1] Mentres, no campionato galego foi sétimo no Rally do Lacón no Carballiño e oitavo no Botafumeiro, resultados cos que se proclamou campión da primeira edición do Volante RACC Galicia.[4] Ese triunfo abriulle as portas do programa de promoción de pilotos do RACC, que lle proporcionou o volante dun Mitsubishi Lancer Evo IX, co que disputou o calendario case completo do nacional de 2007.
A pesar de tres abandonos, dous por avaría e un por accidente en Asturias, acabou o resto de probas e logrou o seu primeiro podio no nacional cun segundo posto no Rally de Ferrol, por detrás de Diego Vallejo. Acabou sexto na clasificación final do campionato, logrando o subcampionato da Mitsubishi Evo Cup e o quinto posto do grupo N. Mentres, na tempada do Campionato de Galicia participou cun Mitsubishi Evo VIII no Rally de Noia, onde logrou o seu primeiro podio na competición, ao finalizar segundo por detrás de Pedro Burgo, e no Rally Botafumeiro, conseguindo a súa primeira vitoria nun rally, ao gañar por diante do propio Burgo e de Luis Vilariño.[1][5] En 2008 competiu no Campionato de España co Peugeot 206, sendo o seu mellor resultado un 11º posto en La Vila Joiosa.
No ano 2009 participou cun Mitsubishi Lancer Evo X na Copa PRR (Producción Rally Racing), unha copa que alternaba probas do campionato de España de asfalto co de terra. Finalizou dito campionato en segunda posición,[6] con vitorias en Shalymar, Cataluña, Príncipe de Asturias, Cantabria, segundo posición en Cabanas e Guijuelo e terceira en Lanzarote. Na clasificación final absoluta do Campionato de España de Rallys de Terra rematou oitavo cos dous cuartos postos en Cabanas como mellores resultados, mentres que no nacional de asfalto o seu mellor resultado foi o 6º posto en Cantabria. Ese mesmo ano debutou nunha proba do Campionato do Mundo, no Rally de Catalunya onde finalizou 21º, a 27 minutos do vencedor, o francés Sébastien Loeb.[7][8]
No 2010 comezou o ano participando no Rally Torrié de Portugal cun Peugeot 206 S1600 onde finalizou quinto.[9][10] No campionato de España conseguiu catro podios, con dous segundo postos no Rally de Cantabria e no Rally Príncipe de Asturias, neste último cun Ford Fiesta S2000, e dous terceiros no Rally de Ferrol e no Rally Comunidad de Madrid. Finalizou o campionato en sétima posición. Participou por segunda vez no Rally de Cataluña, do campionato do mundo, esta vez cun Ford Fiesta R2, mais non conseguiu rematar a proba. A finais de tempada debutou co Peugeot 306 Maxi co que seu pai Manuel se proclamou cinco veces campión de Galicia, disputando o Rally Botafumeiro e logrando a vitoria.[11] Gañou tamén na Subida a Silleda, última proba do Campionato Galego de Montaña.[12]
En 2011 participou co 306 no campionato de España quedando cuarto na primeira proba, en La Vila Joiosa, e subindo ao podio en Cantabria (3º) e Ourense (2º). Ademais volveu disputar o Botafumeiro, gañándoo por terceira vez.[13] Ao ano seguinte comezou gañando o Rally de Guriezo, do campionato cántabro. Competiu co Evo X no nacional e a pesar de varios abandonos, logrou subir ao podio no Rally Rías Baixas e no Rally de Ourense, ambos en terceiro lugar. Disputou tamén dous rallys do campionato galego: o Rally de Noia, onde sufriu un abandono, e o Botafumeiro, logrando a súa cuarta vitoria na proba, a terceira consecutiva, sacándolle máis dun minuto ao Porsche 911 do segundo clasificado, Luis Vilariño.[14] Ademais participou de novo no Rally Cataluña, tendo que abandonar por avaría mecánica,[15] e no II Máster de Campións, celebrado en Santiago, logrando a vitoria por diante de seu pai e de Sergio Vallejo.
En 2013 competiu no nacional co equipo Yacar Racing e de novo sobre o Evo X, cunha importante mellora de resultados. Rematou todas as carreiras que disputou agás a de Ferrol e logrou a súa primeira vitoria nun rally do nacional, no Rally Villa de Llanes, con Diego Vallejo como copiloto.[16] Acudiu ao Rally de Sierra Morena cun Porsche 997 GT3 RS 3.6 pero tivo que abandonar por unha avaría no embrague.[17] Rematou o campionato en sétima posición. Ademais quedou segundo no Rally de Noia por detrás de Sergio Vallejo[18] e quedou terceiro no III Máster de Campións, por detrás de Iván Ares e Sergio Vallejo.[19]
Na tempada 2014 do Campionato de Galicia de Rally participou no Rally de Noia cun Citroën C2, no que quedou cuarto, gañou de novo o Rally Botafumeiro (no seu regreso ao calendario tras ser anulado o ano anterior) cun Evo X[20] e abandonou no Rally Comarca da Ulloa. Do nacional correu só no Rally de Ferrol, onde tivo que abandonar por avaría mecánica. Competiu cun Citroën DS3 Proto no CAM Rali Festival de Portugal, con Paula Ramos como copiloto, e no RallyMix de Cerceda, tendo que abandonar en ambas probas. Ademais gañou o RallyMix A Gudiña e quedou décimo no 1º Rally Concello de Curtis, do nacional de terra.[21] En 2015 centrouse no nacional de asfalto cun Peugeot 208 R2 preparado por Yacar, rematando entre os 10 primeiros en varias probas, sendo dous oitavos postos nas Rías Baixas e Ourense os seus mellores resultados. Ao ano seguinte as súas participacións foron esporádicas. Cun Ford Fiesta R2 correu o CAM Rali Festival e o RallyMix de Touro, co Ford Fiesta R5 o Rally de Noia e o Rally de Ferrol, onde logrou a súa segunda vitoria absoluta no campionato de España,[22] e co Polaris RZR 1000 o RallyMix Concello de Barbadás.
No ano 2017 centrou os seus esforzos no campionato galego e conseguiu a vitoria nas primeiras catro probas (Coruña, Cocido,[23] Noia e Cidade de Narón).[24] Ausentouse da quinta proba, o Rally Sur do Condado, para poder participar no Rally de Ferrol,[25] do nacional, disputado na mesma data, e no que participou co Citroën DS3 R5 de Sergio Vallejo,[26] quedando segundo por detrás de Iván Ares.[27][28] No quinto evento do campionato galego, o Rally Ourense-Ribeira Sacra, picou unha roda e sufriu unha saída de pista, co que só puido ser quinto, mentres a vitoria foi para o xaponés Hiroki Arai seguido polos máximos rivais de Senra para o título, Iago Caamaño e Alberto Meira.[29][30] No Rally San Froilán, penúltima proba, a vitoria foi para Adrián Díaz con Meira segundo e Senra terceiro,[31] mentres que a última, o Rally Comarca da Ulloa, foi cancelado, polo que Víctor Senra proclamouse campión galego xunto ao seu copiloto habitual David Vázquez Liste, con 52 puntos de vantaxe sobre Alberto Meira, segundo.[32]
A tempada 2018 comezou cun segundo posto no Rally da Coruña, por detrás de Iván Ares[33] e outro segundo en Noia, con vitoria para Iago Caamaño.[34] Rompeu o motor do seu Ford Fiesta R5 nun accidentado Rally Rías Baixas, no que os seus principais rivais tamén sufriron numerosos problemas.[35] Gañou a seguinte cita, en Narón, con só 1,7 segundos de vantaxe sobre o segundo, Iago Caamaño,[36] mentres que no Sur do Condado foi segundo por detrás de Alberto Meira, despois de picar unha roda.[37] A continuación gañou por sexta vez o Botafumeiro, que levaba catro anos sen celebrarse,[38] e logrou a vitoria tamén nos dous seguintes rallys (Ourense-Ribeira Sacra[39] e San Froilán),[40] proclamándose por segunda vez campión de Galicia, con 327 puntos de vantaxe sobre o subcampión, de novo Alberto Meira. Ademais do campionato galego, participou co Peugeot 208 R2 no Rally de Ferrol, do nacional, firmando unha sétima praza.[41]
Comezou a tempada 2019 de novo no Rally da Coruña, esta vez a bordo dun Citroën C3 R5 e con Ramón López de copiloto, substituíndo a David Vázquez que se accidentara pouco antes. Mantivo un intenso duelo con Iván Ares, que se decantou finalmente a favor deste, despois de que Senra picase unha roda no cuarto tramo, en Aranga. O resultado final foi o mesmo podio que o ano anterior, con Ares primeiro, Senra segundo e Iago Caamaño terceiro.[42] Despois logrou a vitoria nun chuvioso Rally de Noia, no que Meira e Caamaño abandonaron,[43] e repetiu vitoria nas Rías Baixas.[44] Logo quedou terceiro no Cidade de Narón[45] e gañou os tres seguintes rallys: Sur do Condado,[46] Botafumeiro (por sétima vez)[47] e Ourense-Ribeira Sacra, proclamándose deste xeito tricampión de Galicia de rally, a falta de dúas probas.[48][49]
Para a tempada 2020 adquiriu un Škoda Fabia R5,[50] que estreou na primeira cita do campionato, o 24º Rally da Coruña. Comezou liderando con claridade na sesión matinal ao marcar o mellor tempo na primeira pasada aos tres treitos, con 13 segundos de vantaxe sobre Iago Caamaño.[51][52] Con todo, Caamaño comezou a remontar nos seguintes dous treitos e colocouse líder no sexto treito, no que os problemas coa panca de cambios de Senra lle fixeron perder máis de 23 segundos fronte ao de Culleredo, que se colocou líder destacado, con máis de 19 segundos de vantaxe sobre Senra.[53] Cando todo parecía sentenciado Senra solucionou os seus problemas mecánicos e volveu facer os mellores tempos, colocándose a 12 segundos a falta do último tramo.[54] Finalmente conseguiu recortar a diferenza e nun final moi axustado gañar o rally por 159 milésimas sobre Iago Caamaño.[55]
Tras a proba inicial na Coruña a pandemia por coronavirus paralizou todas as competicións e provocou a cancelación da maioría de rallys do Campionato de Galicia.[56][57][58] En xullo comezou o Campionato de España e Senra participou na segunda proba, o 51º Rally de Ferrol, rematando en cuarta posición, a 1:25 do vencedor, Pepe López.[59] En outubro volveu o campionato galego co Rally San Froilán, e con el unha nova vitoria de Senra, que se afianzou no liderado.[60] Na terceira e derradeira proba, o 2ª Rally Mariña Lucense, acabou segundo por detrás do ruso Nikolay Gryazin, gañando o seu cuarto título galego consecutivo.[61]
Ano | Equipo | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2004 | Senra Sport | Peugeot 106 Kit Car | COC |
RDN 4 |
SDA |
ALB 6 |
BOT 4 |
LUG |
7º | 471 | |||
Peugeot 206 XS | NAR 9 |
OBL 13 |
BOT |
LUG |
|||||||||
2005 | Senra Sport | Peugeot 206 XS | COC ? |
CON |
ALB |
NAR 21 |
BXL |
BOT |
RDN 6 |
LUG |
- | - | |
2006 | Senra Sport | Citroën C2 GT | COC |
RDN |
ALB 7 |
NAR 11 |
CON ? |
BXL ? |
LAC 7 |
LUG 10 |
? | ? | |
Mitsubishi Lancer Evo IX | BOT 8 | ||||||||||||
2007 | Senra Sport | Mitsubishi Lancer Evo VIII | COC |
RDN 2 |
ALB |
NAR |
CON |
LUG |
BXL |
BOT 1 |
- | - | |
2008 | Senra Sport | Peugeot 206 XS | COC Ret |
RDN |
ALB |
NAR |
CON |
CDU |
LUG |
BXL |
BOT |
- | - |
2010 | Senra Sport | Peugeot 306 Maxi | CDU |
COC |
RDN |
CDN |
SDC |
LUG |
OBL |
BOT 1 |
? | ? | |
2011 | Senra Sport | Peugeot 306 Maxi | COC |
RDN |
CDU |
CDN |
SDC |
LUG |
OBL |
SDG |
BOT 1 |
? | ? |
2012 | Senra Sport | Peugeot 306 Maxi | COC |
RDN Ret |
ULL |
CDN |
SDC |
LUG |
RBS |
BOT 1 |
- | 0 | |
2013 | Senra Sport | Mitsubishi Lancer Evo X | SDG |
RDC |
RDN 2 |
ULL | CDN | SDC | BXL | LUG | RBS | 7º | 210 |
2014 | Senra Sport | Citroën C2 R2 Max | RDC |
RDN 4 |
CDN |
SDC |
ULL Ret |
LUG |
RBS |
TVA |
6º | 364 | |
Mitsubishi Lancer Evo X R4 | BOT 1 |
||||||||||||
2016 | Yacar Racing | Ford Fiesta R5 | RDN Ret |
COC | TVA | CDN | SDC | LUG | RBS | ULL | - | 0 | |
2017 | Yacar Racing | Ford Fiesta R5 | COR 1 |
COC 1 |
RDN 1 |
CDN 1 |
SDC | RBS 5 |
LUG 3 |
1º | 1346 | ||
2018 | Yacar Racing | Ford Fiesta R5 | COR 2 |
RDN 2 |
RBX Ret |
CDN 1 |
SDC 2 |
BOT 1 |
RBS 1 |
LUG 1 |
ULL | 1º | 1717 |
2019 | Yacar Racing | Citroën C3 R5 | COR 2 |
RDN 1 |
RBX 1 |
CDN 3 |
SDC 1 |
BOT 1 |
RBS 1 |
LUG | MAL | 1º | 1682 |
2020 | Yacar Racing | Škoda Fabia R5 | COR 1 |
LUG 1 |
MAL 2 |
1º | 245 | ||||||
2021 | Yacar Racing | Škoda Fabia R5 | COR 1 |
PON 1 |
SDC 1 |
LAC 1 |
MAL 1 |
RBS 1 |
LUG | RIB | 1º | 660 |
Ano | Equipo | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Posición | Puntos | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005 | Senra Sport | Peugeot 206 XS | CAN Ret |
ORN 21 |
VLL 31 |
- | 0 | ||||||||
2006 | Senra Sport | Citroën C2 | VLJ Ret |
ORN Ret |
AVIL 31 |
FRR 13 |
VLL 20 |
- | 0 | ||||||
2007 | RACC Motor Sport | Mitsubishi Lancer Evo IX | VLJ 8 |
CAN 5 |
RBX Ret |
ORN Ret |
FRR 2 |
VLL 4 |
CBR 9 |
6º | 31 | ||||
2008 | Senra Sport | Peugeot 206 XS | VLJ 11 |
CAN 45 |
RBX 16 |
PRA 13 |
SRM 18 |
CBR 16 |
- | 0 | |||||
Mitsubishi Lancer Evo IX | FRR Ret |
||||||||||||||
2009 | RMC Motorsport | Mitsubishi Lancer Evo X | CAN 6 |
RBX Ret |
ORN Ret |
FRR 12 |
PRA Ret |
MAD 14 |
- | 0 | |||||
2010 | RMC Motorsport | Mitsubishi Lancer Evo X | VILJ Ret |
CAN 2 |
RBX Ret |
ORN 9 |
FRR 3 |
VLL Ret |
RCM 3 |
7º | 144 | ||||
Ford Fiesta S2000 | PRA 2 |
||||||||||||||
2011 | Senra Sport | Peugeot 306 Maxi | VILJ 4 |
CAN 3 |
RBX Ret |
ORN 2 |
VLL Ret |
10º | 82 | ||||||
Peugeot 206 S1600 | FRR Ret |
||||||||||||||
2012 | RMC Motorsport | Mitsubishi Lancer Evo X | CNR |
CAN Ret |
RBX 3 |
ORN 3 |
FRR Ret |
PRA Ret |
VLL Ret |
SRM |
RCM |
16º | 54 | ||
2013 | Yacar Racing | Mitsubishi Lancer Evo X | CNR 9 |
CAN 6 |
RBX 4 |
ORN 4 |
FRR Ret |
PRA |
VLL 1 |
RCM |
7º | 129 | |||
Porsche 997 GT3 RS 3.6 | SRM Ret |
||||||||||||||
2014 | RMC Motorsport | Citroën C2 R2 Max | CNR |
SRM |
RBX |
ORN |
BIE |
FRR Ret |
PRA |
VLL |
CAN |
RCM |
|||
2015 | Yacar Racing | Peugeot 208 R2 | VDA |
CNR 10 |
SRM 10 |
RBX 8 |
ORN 8 |
FRR Ret |
PRA 10 |
VLL 11 |
RCM 13 |
8º | 99 | ||
2016 | Yacar Racing | Ford Fiesta R5 | CNR |
VDA |
SRM |
FRR 1 |
CAN |
ORN |
PRA |
VLL |
MED |
RCM |
19º | 35 | |
2017 | Yacar Racing | Citroën DS3 R5 | SRM |
CNR |
VDD |
ORN |
FRR 2 |
PRA |
VLL |
CAN |
MED |
RCM |
22º | 32 | |
2018 | Yacar Racing | Peugeot 208 R2 | COC |
SRM |
CNR |
VDA |
ORN |
FRR 7 |
PRA |
VLL |
CAN |
MED |
RCM |
32º | 19 |
2019 | Yacar Racing | Citroën C3 R5 | SRM |
CNR |
VDA |
ORN |
COC |
FRR 3 |
PRA |
VLL |
CAN |
MED |
RCM |
25º | 28 |
2020 | Yacar Racing | Škoda Fabia R5 | OUR | FER 4 |
PDA | LLA | CAT | MED | ECI | MAD |
Predecesor: Alberto Meira |
Campión de Galicia de Rallys 2017-2019 |
Sucesor: - |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.