epidemia vírica en Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
A pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia é unha expansión do gromo de COVID-19 que se iniciou en Wuhan, China, en 2019.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O primeiro caso confirmado en Galicia anunciouse o 4 de marzo de 2020, un paciente de 49 anos procedente de Madrid e que foi ingresado no CHUAC.[1] A data do 19 de agosto de 2021 foron confirmados máis de 175.000 casos e máis de 2.500 mortes.[2][3]
En decembro de 2019, foron detectados os primeiros pacientes da COVID-19 en Wuhan, na República Popular da China, e no mesmo mes realizouse a secuenciación de todo o xenoma do virus.[4] O virus SARS-CoV-2 que está a causar a enfermidade desde principios de xaneiro de 2020 sufriu un gromo xeneralizado, inicialmente na China e despois a nivel mundial. O primeiro contaxio fóra da China confirmouse o 22 de xaneiro en Vietnam,[5] e o 28 de xaneiro rexistrouse o primeiro contaxio en Europa (en Baviera, Alemaña).[6][7] A esas alturas había xa máis de oito mil casos na China. O goberno de dito país respondeu duramente á praga, poñendo en corentena primeiro a Wuhan,[8] o epicentro dos contaxios, e logo a toda a provincia de Hubei, de máis de cincuenta millóns de habitantes.[9] Ademais, pronto adoptou medidas drásticas noutras áreas fóra da provincia de Hubei, como peches escolares, peches de transporte e prohibición de eventos concorridos.[10]
Con todo, non se conseguiu deter a propagación da enfermidade e a finais de febreiro xa estaba presente nos cinco continentes poboados do mundo,[11] sendo Europa o máis afectado fóra de Asia. O primeiro caso italiano rexistrouse o 29 de xaneiro, e en menos dun mes, había 200 contaxiados detectados no país,[12] a maioría na Lombardía.[13] De feito, Italia foi, polo menos inicialmente, o foco principal en Europa, contabilizando máis de 80.000 casos a data do 27 de marzo de 2020 e máis de 8.200 mortes. O goberno impuxo medidas estritas como o peche de todas as escolas do país (5 de marzo)[14] e o illamento interno e externo (9 de marzo).[15] España (con máis de 64.000 casos o 27 de marzo),[16] Alemaña (47.000 casos na mesma data) e Francia (máis de 29.000 o mesmo día) son outros dos focos notables da enfermidade en Europa, mentres que fóra dela, Estados Unidos, Irán e Corea do Sur son os países máis afectados.[17]
O 4 de marzo, nunha rolda de prensa do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a Xunta de Galicia anunciou o primeiro caso confirmado de infectado por COVID-19 en Galicia.[1] O paciente, un home de 49 anos ingresado no CHUAC, procedía de Madrid, principal foco de contaxio en España.[18] O día 6 confirmáronse outros dous casos, unha muller de 47 anos[19] e o seu marido de 43, ambos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo,[20] e ao día seguinte o fillo de 15 anos do matrimonio foi o cuarto contaxio.[21] O día 8 detectáronse outros dous contaxiados[22] e a partir de aí a cifra pasou a crecer moito máis rápido superando os 200 casos nos oito días seguintes.[23]
O 12 de marzo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a suspensión das clases en Galicia en todos os niveis educativos.[24] Ao día seguinte Feijóo anunciou a declaración de emerxencia sanitaria e o peche de bares, restaurantes, cines e todos os lugares de lecer, medida que entraría en vigor ás 00:00 horas do día 14.[25] Tamén o día 13 o Goberno de España anunciou que se decretaría o estado de alarma en todo o país,[26] feito que se materializou ao día seguinte nunha reunión telemática do Consello de Ministros. As medidas decretadas incluíron entre outras a limitación da circulación das persoas, o peche de comercios non esenciais ou a restrición nos transportes públicos, durante un prazo prorrogábel de dúas semanas.[27]
O 14 de marzo produciuse a primeira morte por coronavirus en Galicia, unha veciña do Val Miñor de 92 anos que estaba ingresada no Hopsital Povisa de Vigo.[28][29] O mesmo día faleceu tamén un home de 81 anos en Pontevedra.[30] Dous días despois confirmouse a primeira morte na provincia da Coruña, un paciente de 45 anos con numerosas patoloxías previas.[31] O 20 de marzo morreron os primeiro pacientes das provincias de Lugo e Ourense, un home de 89 anos ingresado no hospital de Monforte[32] e unha muller de 93 anos que estaba no CHUO.[33]
O 22 de marzo o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, anunciou que levaría ao Congreso unha prórroga do estado de alarma por outras dúas semanas, até o 12 de abril.[34] O día 23 superáronse os 1.000 contaxios totais en Galicia, contabilizándose 1.208 casos confirmados, dos cales seguían activos 1.170.[35]
Datos de casos confirmados, activos, recuperados e defuncións por COVID-19 en Galicia do 4 de marzo ao 7 de xullo[16] | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Día | Casos confirmados | Casos activos | Casos recuperados | Falecidos | |||||
Novos | Acumulados | % | Novos | Acumulados | Novos | Acumulados | Novos | Acumulados | |
4 de marzo | 1 | 1 | 1 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | |
5 de marzo | 0 | 1 | = | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 |
6 de marzo | 2 | 3 | +200% | 2 | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 |
7 de marzo | 1 | 4 | +33% | 1 | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 |
8 de marzo | 2 | 6 | +50% | 2 | 6 | 0 | 0 | 0 | 0 |
9 de marzo | 7 | 13 | +117% | 7 | 13 | 0 | 0 | 0 | 0 |
10 de marzo | 9 | 22 | +69% | 9 | 22 | 0 | 0 | 0 | 0 |
11 de marzo | 17 | 39 | +77% | 17 | 39 | 0 | 0 | 0 | 0 |
12 de marzo | 24 | 63 | +62% | 24 | 63 | 0 | 0 | 0 | 0 |
13 de marzo | 59 | 112 | +78% | 59 | 112 | 0 | 0 | 0 | 0 |
14 de marzo | 23 | 135 | +21% | 23 | 135 | 0 | 0 | 0 | 0 |
15 de marzo | 60 | 195 | +44% | 54 | 189 | 4 | 4 | 2 | 2 |
16 de marzo | 50 | 245 | +26% | 49 | 238 | 0 | 4 | 1 | 3 |
17 de marzo | 47 | 292 | +19% | 46 | 285 | 0 | 4 | 0 | 3 |
18 de marzo | 49 | 341 | +17% | 48 | 333 | 0 | 4 | 1 | 4 |
19 de marzo | 112 | 453 | +33% | 111 | 444 | 0 | 4 | 1 | 5 |
20 de marzo | 125 | 578 | +28% | 123 | 567 | 1 | 5 | 1 | 6 |
21 de marzo | 161 | 739 | +28% | 154 | 721 | 1 | 6 | 6 | 12 |
22 de marzo | 176 | 915 | +24% | 63 | 884 | 10 | 16 | 3 | 15 |
23 de marzo | 293 | 1208 | +32% | 286 | 1170 | 3 | 19 | 4 | 19 |
24 de marzo | 207 | 1415 | +17% | 213 | 1374 | 0 | 19 | 3 | 22 |
25 de marzo | 240 | 1653 | +17% | 224 | 1598 | 6 | 25 | 8 | 30 |
26 de marzo | 262 | 1915 | +16% | 234 | 1832 | 22 | 47 | 6 | 36 |
27 de marzo | 407 | 2322 | +21% | 379 | 2211 | 20 | 67 | 8 | 44 |
28 de marzo | 450 | 2772 | +19% | 416 | 2627 | 28 | 95 | 6 | 50 |
29 de marzo | 367 | 3139 | +13% | 298 | 2925 | 58 | 153 | 11 | 61 |
30 de marzo | 584 | 3723 | +19% | 551 | 3476 | 15 | 168 | 18 | 79 |
31 de marzo | 316 | 4039 | +8% | 272 | 3758 | 19 | 187 | 15 | 94 |
1 de abril | 393 | 4432 | +10% | 300 | 4058 | 72 | 259 | 21 | 115 |
2 de abril | 410 | 4842 | +9% | 321 | 4379 | 74 | 333 | 15 | 130 |
3 de abril | 377 | 5219 | +8% | 256 | 4635 | 102 | 435 | 19 | 149 |
4 de abril | 406 | 5625 | +8% | 291 | 4926 | 96 | 531 | 19 | 168 |
5 de abril | 319 | 5944 | +6% | 249 | 5175 | 75 | 587 | 14 | 182 |
6 de abril | 207 | 6151 | +3% | 167 | 5342 | 23 | 610 | 17 | 199 |
7 de abril | 180 | 6331 | +3% | 93 | 5435 | 78 | 688 | 9 | 208 |
8 de abril | 207 | 6538 | +3% | 25 | 5460 | 112 | 800 | 70[N 1] | 278 |
9 de abril | 220 | 6758 | +3% | 91 | 5551 | 110 | 910 | 19 | 297 |
10 de abril | 188 | 6946 | +3% | 80 | 5631 | 87 | 997 | 21 | 318 |
11 de abril | 230 | 7176 | +3% | 116 | 5747 | 85 | 1082 | 29 | 347 |
12 de abril | 160 | 7336 | +2% | 86 | 5833 | 61 | 1143 | 13 | 360 |
13 de abril | 158 | 7494 | +2% | 106 | 5939 | 43 | 1186 | 9 | 369 |
14 de abril | 103 | 7597 | +1,37% | 44 | 5973 | 56 | 1240 | 15 | 384 |
15 de abril | 111 | 7708 | +1,46% | 46 | 6019 | 58 | 1298 | 7 | 391 |
16 de abril | 165 | 7873 | +2% | 66 | 6085 | 85 | 1383 | 14 | 405 |
17 de abril | 140 | 8013 | +1,78% | 57 | 6142 | 73 | 1456 | 10 | 415 |
18 de abril | 71 | 8084 | +0,89% | 5 | 6147 | 51 | 1507 | 15 | 430 |
19 de abril | 101 | 8185 | +1,25% | 58 | 6205 | 29 | 1536 | 14 | 444 |
20 de abril | 114 | 8299 | +1,39% | 91 | 6296 | 12 | 1548 | 11 | 455 |
21 de abril | 169 | 8468 | +2% | 120 | 6416 | 40 | 1588 | 9 | 464 |
22 de abril | 166 | 8634 | +1,96% | 118 | 6534 | 37 | 1625 | 11 | 475 |
23 de abril | 171 | 8805 | +1,98% | 113 | 6647 | 51 | 1676 | 17 | 492 |
24 de abril | 127 | 8932 | +1,44% | 57 | 6704 | 54 | 1730 | 6 | 498 |
25 de abril | 184 | 9116 | +2% | 120 | 6824 | 53 | 1783 | 11 | 509 |
26 de abril | 60 | 9176 | +0,66% | 32 | 6856 | 19 | 1803 | 10 | 519 |
27 de abril | 62 | 9238 | +0,68% | 35 | 6891 | 13 | 1816 | 12 | 531 |
28 de abril | 90 | 9328 | +0,97% | 56 | 6947 | 25 | 1841 | 9 | 540 |
29 de abril | 138 | 9466 | +1,48% | -3421 | 3526 | 3552[N 2] | 5393 | 7 | 547 |
30 de abril | -769[N 3] | 8697 | -8% | -40 | 3486 | 180 | 5573 | 0 | 547 |
1 de maio | 151 | 8848 | +1,74% | -129 | 3357 | 243 | 5816 | 8 | 555 |
2 de maio | 54 | 8902 | +0,61% | -122 | 3235 | 165 | 5981 | 2 | 557 |
3 de maio | 65 | 8967 | +0,73% | -48 | 3187 | 94 | 6075 | 6 | 563 |
4 de maio | 44 | 9011 | +0,49% | -131 | 3056 | 159 | 6234 | 6 | 569 |
5 de maio | 40 | 9051 | +0,44% | -237 | 2819 | 327 | 6561 | 4 | 573 |
6 de maio | 46 | 9097 | +0,51% | -11 | 2808 | 241 | 6802 | 9 | 582 |
7 de maio | 37 | 9134 | +0,41% | -61 | 2747 | 157 | 6959 | 4 | 586 |
8 de maio | 50 | 9184 | +0,55% | -20 | 2727 | 179 | 7138 | 2 | 588 |
9 de maio | 32 | 9216 | +0,35% | 31 | 2758 | 87 | 7225 | 3 | 591 |
10 de maio | 37 | 9253 | +0,4% | -55 | 2703 | 122 | 7347 | 1 | 592 |
11 de maio | 27 | 9280 | +0,29% | -72 | 2631 | 98 | 7445 | 1 | 593 |
12 de maio | 11 | 9291 | +0,12% | -309 | 2322 | 385 | 7820 | 2 | 595 |
13 de maio | 10 | 9301 | +0,11% | -143 | 2179 | 176 | 7996 | 2 | 597 |
14 de maio | 16 | 9317 | +0,17% | -105 | 2074 | 161 | 8157 | 4 | 601 |
15 de maio | 6 | 9323 | +0,06% | -66 | 2008 | 126 | 8283 | 0 | 601 |
16 de maio | -282[N 4] | 9041 | -3% | -498 | 1510 | 537 | 8820 | 3 | 604 |
17 de maio | 10 | 9051 | +0,11% | -391 | 1199 | 335 | 9155 | 2 | 606 |
18 de maio | 5 | 9056 | +0,06% | -28 | 1171 | 49 | 9204 | 1 | 607 |
19 de maio | 2 | 9058 | +0,02% | -35 | 1136 | 277 | 9281 | 0 | 607 |
20 de maio | 9 | 9067 | +0,1% | -73 | 1063 | 130 | 9411 | 0 | 607 |
21 de maio | 10 | 9077 | +0,11% | -73 | 990 | 94 | 9505 | 1 | 608 |
22 de maio | 7 | 9084 | +0,08% | -70 | 920 | 102 | 9607 | 1 | 609 |
23 de maio | 14 | 9098 | +0,15% | -36 | 884 | 77 | 9684 | 3 | 612 |
24 de maio | 7 | 9105 | +0,08% | -15 | 869 | 32 | 9716 | 1 | 613 |
25 de maio | -26 | 9079 | -0,29% | -15 | 854 | 24 | 9740 | 1 | 614[36] |
26 de maio | 29 | 9108 | +0,32% | -20 | 834 | 24 | 9764 | 0 | 614 |
27 de maio | 5 | 9113 | +0,05% | -11 | 823 | 34 | 9798 | 1 | 615 |
28 de maio | 2 | 9115 | +0,02% | -24 | 799 | 51 | 9849 | 0 | 615 |
29 de maio | 2 | 9117 | +0,02% | -26 | 773 | 47 | 9896 | 0 | 615 |
30 de maio | 3 | 9120 | +0,03% | -24 | 749 | 40 | 9936 | 0 | 615 |
31 de maio | -1 | 9119 | -0,01% | -17 | 732 | 22 | 9958 | 1 | 616 |
1 de xuño | 10 | 9129 | +0,11% | -10 | 722 | 12 | 9970 | 0 | 616 |
2 de xuño | 1 | 9130 | +0,01% | -15 | 707 | 21 | 9991 | 0 | 616 |
3 de xuño | 2 | 9132 | +0,02% | -29 | 678 | 42 | 10033 | 1 | 617 |
4 de xuño | 2 | 9134 | +0,02% | -109 | 569 | 115 | 10148 | 1 | 618 |
5 de xuño | 12 | 9146 | +0,13% | -6 | 563 | 30 | 10178 | 0 | 618 |
6 de xuño | -2 | 9144 | -0,02% | -21 | 542 | 43 | 10221 | 0 | 618 |
7 de xuño | 1 | 9145 | +0,01% | -18 | 524 | 21 | 10242 | 0 | 618 |
8 de xuño | -4 | 9141 | -0,04% | -9 | 515 | 10 | 10252 | 0 | 618 |
9 de xuño | 7 | 9148 | +0,08% | -12 | 503 | 23 | 10275 | 0 | 618 |
10 de xuño | 5 | 9153 | +0,05% | -27 | 476 | 63 | 10338 | 0 | 618 |
11 de xuño | 1 | 9154 | +0,01% | -11 | 465 | 18 | 10356 | 1 | 619 |
12 de xuño | 3 | 9157 | +0,03% | -98 | 357 | 114 | 10470 | 0 | 619 |
13 de xuño | 1 | 9158 | +0,01% | 2 | 359 | 6 | 10476 | 0 | 619 |
14 de xuño | 1 | 9159 | +0,01% | -8 | 351 | 10 | 10486 | 0 | 619 |
15 de xuño | 1 | 9160 | +0,01% | -3 | 348 | 3 | 10489 | 0 | 619 |
16 de xuño | 1 | 9161 | +0,01% | 1 | 349 | 2 | 10491 | 0 | 619 |
17 de xuño | 3 | 9164 | +0,03% | -8 | 341 | 12 | 10503 | 0 | 619 |
18 de xuño | 0 | 9164 | = | 2 | 343 | 3 | 10506 | 0 | 619 |
19 de xuño | 5 | 9169 | +0,05% | -2 | 341 | 12 | 10518 | 0 | 619 |
20 de xuño | -2 | 9167 | -0,02% | -1 | 340 | 12 | 10530 | 0 | 619 |
21 de xuño | 7 | 9174 | +0,08% | 0 | 340 | 2 | 10532 | 0 | 619 |
22 de xuño | 0 | 9174 | = | 3 | 343 | 3 | 10535 | 0 | 619 |
23 de xuño | 1 | 9175 | +0,01% | -8 | 335 | 10 | 10545 | 0 | 619 |
24 de xuño | 3 | 9178 | +0,03% | -4 | 331 | 9 | 10554 | 0 | 619 |
25 de xuño | 8 | 9186 | +0,09% | 2 | 333 | 9 | 10563 | 0 | 619 |
26 de xuño | 7 | 9193 | +0,08% | 22 | 311 | 28 | 10591 | 0 | 619 |
27 de xuño | 6 | 9199 | +0,07% | -3 | 308 | 17 | 10606 | 0 | 619 |
28 de xuño | 3 | 9202 | +0,03% | 2 | 310 | 5 | 10611 | 0 | 619 |
29 de xuño | 4 | 9206 | +0,04% | 2 | 312 | 4 | 10615 | 0 | 619 |
30 de xuño | 9 | 9215 | +0,1% | 2 | 314 | 8 | 10623 | 0 | 619 |
1 de xullo | 7 | 9222 | +0,08% | -1 | 313 | 10 | 10633 | 0 | 619 |
2 de xullo | 17 | 9239 | +0,18% | 4 | 317 | 16 | 10649 | 0 | 619 |
3 de xullo | 12 | 9251 | +0,13% | 1 | 318 | 16 | 10665 | 0 | 619 |
4 de xullo | -39 | 279 | 57 | 10722 | 0 | 619 | |||
5 de xullo | -21 | 258 | 44 | 10766 | 0 | 619 | |||
6 de xullo | 79[37] | 9330 | +0,85% | -4 | 254 | 42 | 10808 | 0 | 619 |
7 de xullo | 6 | 9336 | +0,06% | 2 | 256 | 9 | 10817 | 0 | 619 |
Dende o inicio da crise sanitaria a Consellería de Sanidade publicou a diario na web da Xunta de Galicia os números de casos activos, falecementos e altas da comunidade. Mais a principios de abril, a Consellería de Política Social, que viña informando pola súa parte dos casos ocorridos en residencias da terceira idade, apuntou que os números que publicaba Sanidade non incluían os casos das residencias.[40] A partir de entón algúns medios de comunicación comezaron a sumar ambas cifras (as de Sanidade e as de Política Social) para dar o número total de falecidos en Galicia.[41][42] O 3 de abril, Alberto Núñez Feijóo, preguntado por este asunto, contradixo a versión de Política Social e afirmou que o número de defuncións divulgado por Sanidade incluía a todos os falecidos por coronavirus.[40] Política Social confirmou que ese método era o que se estaba a seguir.[40]
Con todo a confusión continuou nos seguintes días, e despois de que o Ministerio de Sanidade anunciase a aplicación dun novo protocolo para o reconto de casos nas residencias de anciáns, o presidente da Xunta volveu ser preguntado pola mesma cuestión na súa comparecencia do día 5, na que volveu cambiar a versión, afirmando agora que non todos os usuarios de residencias falecidos estaban sendo incluídos nas estatísticas do Sergas, aínda que foran públicos por seren difundidos pola Consellería de Política Social, xa que só se incluían os que foran trasladados a hospitais.[43] O día 8 de abril a Consellería de Sanidade incluíu no seu informe diario os falecementos en residencias que non foran incluídos anteriormente.[44][45]
O 30 de abril a Xunta corrixiu a cifra de contaxiados de 9466 a 8675, restando case 800 casos que non foran confirmados cunha PCR.[46] Nos datos publicados o 16 de abril desapareceron varios centos de contaxiados e hospitalizados.[47] Posteriormente a Consellería de Sanidade explicou que se cambiara o método de reconto, pasando a contar o número de pacientes e non de casos. Anteriormente a esta data contábanse os casos, podendo un paciente ter máis dun caso aberto.[48]
O 25 de maio o Ministerio de Sanidade, no seu informe diario, notificou un acumulado en Galicia de 9079 casos,[49] 26 menos que o día anterior,[16] e 607 mortes, 7 menos que o día anterior. Ademais, segundo este informe, o número de novos contaxios nas últimas 24 horas foi de cero.[50] Os datos entraron en contradición cos publicados pola Xunta de Galicia, nos que se notificaron 614 mortes e un aumento dos casos activos na área sanitaria de Ourense.[51]
Durante os primeiros meses da pandemia, as residencias de anciáns foron lugares de especial mortalidade en Galicia[52]. O 27 de decembro de 2020, nove meses despois de que aparecesen os primeiros casos da enfermidade en Galicia, Nieves Cabo, unha labrega brionesa, de xeito aleatorio e como residente nun fogar de vellos de Santiago de Compostela (colectivo obxectivo das primeiras vacinas[53]), recibiu a primeira dose da vacina en Galicia. A Cabo administróuselle a vacina elaborada por Pfizer e BioNTech.
A pandemia desbordou os hospitais galegos, situación agravada polo contaxio de numerosos profesionais,[54] mentres os sindicatos de médicos denunciaron a falta de equipos de protección nos hospitais.[55][56]
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
O 12 de marzo suspendeuse a precampaña das eleccións ao Parlamento de Galicia, previstas para o 5 de abril,[57] mentres que a Xunta Electoral de Galicia deixou en mans dos partidos un posible adiamento.[58] O BNG foi o primeiro partido en pedir dito aprazamento dos comicios autonómicos,[59] petición á que se foron sumando pouco despois o resto de partidos.[60] Finalmente as eleccións quedaron suspendidas sen fixarse unha nova data.[61] O 18 de maio anunciouse que as eleccións se celebrarían finalmente o 12 de xullo[62]. Nelas non puideron votar varias persoas contaxiadas, a maioría delas na Mariña, por se atoparen gardando corentena.[63]
O día 11 de marzo a Federación Galega de Fútbol decretou a suspensión de todo as competicións galegas de fútbol, fútbol gaélico e fútbol sala.[64] O mesmo día nunha reunión do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, coas diferentes federacións deportivas galegas, a Xunta recomendou a suspensión das competicións deportivas ou, de se disputaren, que se xogasen a porta pechada.[65] A maioría optaron pola suspensión.[66] A entrada en vigor do estado de alarma o día 14 prohibiu a práctica deportiva en todo o país.[67]
Por mor do confinamento xeneralizado da poboación durante a primavera, a Real Academia Galega anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de historia o Día das Letras Galegas non se celebraría o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.[68] O día 28 de outubro a RAG comunicou que o pleno extraordinario das Letras decorrería na sede da institución na Coruña e non no Teatro Jofre da cidade natal do autor como se previra, co adaxo do empeoramento da situación sanitaria na bisbarra de Ferrolterra[69]. Na véspera do día fixado a Xunta estableceu o peche perimetral de varios concellos galegos[70] e a RAG acordou a cancelación do acto á espera das circunstancias adecuadas[71]. A sesión celebrouse finalmente o 12 de decembro no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela[72].
Os atrancos que a pandemia supuxo para o normal desenvolvemento de moitas das actividades de celebración do día das Letras levou á Federación de Asociacións Culturais Galegas[73], A Mesa pola Normalización Lingüística[74] e outras entidades e institucións a reclamar a extensión da homenaxe a Carvalho Calero ao ano 2021[75][76][77][78][79].
Así mesmo, a Real Academia Galega de Belas Artes aduciu a situación anómala derivada da pandemia para prorrogar a 2021 a dedicatoria do Día das Artes Galegas ao arquitecto Domingo de Andrade, homenaxeado en 2020[80].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.