piloto galego de rally From Wikipedia, the free encyclopedia
Iago Caamaño Figueira, nado en Culleredo o 4 de abril de 1977,[1] é un piloto galego de rally, que compite no Campionato de Galicia de Rally.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1977 (47 anos) Culleredo, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Deporte | rally |
Familia | |
Pai | José Caamaño Louro |
Foi subcampión galego en 2016 e 2020, e terceiro en 2017 e 2019. É fillo do empresario e expiloto José Caamaño, cofundador do Grupo Caamaño.
Comezou competindo en autocross, disputando o campionato galego e proclamándose campión en 2007 a bordo sun Semog, na categoría de Car Cross 600cc.[2] En 2010 gañou o Campionato de España de Car Cross.[3][4] Ao ano seguinte quedou sexto no seu último ano na especialidade,[5] antes de pasarse aos rallys.[1]
En 2012 e 2013 disputou varios rallys do Campionato de Galicia e do Campionato de España cun Ford Fiesta R2, logrando como mellor resultado un 15º posto no Rally Botafumeiro de 2012.[6] Comezou con José Antonio Pintor como copiloto, correndo máis tarde con Nicolás Cernadas e Javier Varela. Empezou 2014 no Rally Concello de Curtis, do Nacional de Terra, onde tivo que abandonar, e a continuación disputou varios rallys do nacional de asfalto, cun décimo posto no Rally do Bierzo como mellor resultado.[7] En 2015, cun Porsche 997 GT3, alternou o nacional co galego,[8] logrando mellores resultados como un 5º posto no Rally da Coruña[9] ou un 6º no Rally Ourense-Ribeira Sacra.[10] Nesa tempada comezou a correr co copiloto Alberto Rodríguez ao seu carón, co que continúa a día de hoxe.
Disputou a tempada 2016 do campionato galego cun Ford Fiesta R5 e comezou logrando o seu primeiro podio na primeira proba, o Rally de Noia, cun terceiro posto, por detrás de Iván Ares e Alberto Meira.[11] A continuación conseguiu tres segundos postos consecutivos nos tres seguintes rallys (Cocido, Eurocidade Tui-Valença e Cidade de Narón). Na seguinte proba, o Rally Sur do Condado, tivo que abandonar ao sufrir unha saída de pista no terceiro treito, en Ponteareas.[12] Volveu ao podio nas dúas seguintes citas, o Rally San Froilán (3º) e o Rally Ourense-Ribeira Sacra (2º). Co anuncio da anulación do Rally da Coruña, Alberto Meira gañou matematicamente o título, polo que Caamaño decidiu non participar xa na restante proba, o Rally Comarca da Ulloa, finalizando deste xeito a tempada como subcampión.[13] Ademais do galego, competiu tamén ese ano en dous rallys do nacional, o Rally de Ferrol e o Rally Princesa de Asturias, rematando en 6º e 11ª posición respectivamente.[14][15]
Na tempada 2017 mantivo unha gran regularidade durante toda a competición e non baixou do podio en ningunha das seis primeiras carreiras: segundo na Coruña, Narón, Sur do Condado e Ourense-Ribeira Sacra e terceiro no Cocido e en Noia. No penúltimo rally da tempada, o San Froilán, quedou en cuarta posición, colocándose terceiro nunha axustada clasificación xeral do campionato, a 77 puntos de Alberto Meira (2º) e a 131 do líder, Víctor Senra. Con todo, o Rally Comarca da Ulloa, última proba do calendario, foi suspendido, polo que as posicións xa non se moveron.[16] Tamén participou no Rally Villa de Llanes, do nacional, acabando en oitava posición.[17]
No primeiro rally da tempada 2018, o Rally da Coruña, non puido asistir o seu copiloto habitual, Alberto Rodríguez, polo que acudiu con Antonio Solórzano. Aínda que chegou a liderar brevemente a proba rematou finalmente en terceira posición, por detrás de Iván Ares e Víctor Senra.[18] A mediados de marzo disputou o Rally do Cocido, proba do Campionato de España, onde mantivo unha loita pola segunda praza co cinco veces campión de España, Miguel Fuster, pero a rotura do radiador do seu Ford Fiesta fíxoo abandonar a competición.[19] A mediados de abril correu o Rally de Noia, que se converteu nun man a man baixo a chuvia entre Caamaño e Víctor Senra, sendo a vitoria finalmente para Caamaño que deste xeito logrou subir por primeira vez ao máis alto do podio nun rally.[20] Ademais colocouse líder do campionato.[21] Disputou a continuación o Rally Rías Baixas, onde unha picada de roda o relegou á 18ª posición final, a pesar de marcar o mellor tempo en seis dos sete treitos disputados.[22] Volveu ao podio en Narón, na cuarta proba do calendario galego, quedando segundo a pouco máis dun segundo do vencedor, Víctor Senra.[23] Chegou ao Sur do Condado empatado a puntos con Senra no liderado do campionato, pero unha saída de pista impediulle rematar a carreira, que foi gañada por Alberto Meira e con Senra segundo.[24] Subiu ao podio nas dúas seguintes citas, o Botafumeiro (3º)[25] e o Ourense-Ribeira Sacra (2º),[26] mentres que tanto el como Meira tiveron que abandonar no Rally San Froilán, asegurándose así matematicamente Víctor Senra o seu segundo título autonómico a falta do Comarca da Ulloa,[27] ó que xa non acudiron nin el nin Caamaño.[28] Rematou a tempada en cuarta posición.
No Rally da Coruña de 2019, primeira proba da tempada, rematou en terceira posición por detrás de Iván Ares e Víctor Senra, mentres que unha avaría mecánica deixouno fóra no Rally de Noia.[29] No Rías Baixas quedou en cuarta posición, a máis dun minuto de Senra, vencedor da proba.[30] En xuño disputou o Rally Cidade de Narón, onde a pesar de comezar en terceira posición, conseguiu subir rapidamente á primeira, da que xa non se moveu até a meta. Esta vitoria produciuse 30 anos despois de que seu pai, José Caamaño, lograse subir tamén ao máis alto do podio na segunda edición do rally.[31] No Rally Sur do Condado perdeu unha roda e tivo que abandonar este rally por terceira vez.[32] Comezou liderando o Rally Botafumeiro, pero Víctor Senra non tardou en quitarlle o primeiro posto e gañar por sétima vez a proba santiaguesa, con Caamaño segundo.[33] Sufriu outros dous abandonos nas seguintes carreiras: no Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra saíu da estrada no último tramo, cando ía terceiro.,[34] mentres que no San Froilán quedou fóra por problemas mecánicos,[35] perdendo as opcións para o subcampionato.[36] Con todo, conseguiu o triunfo no 1º Rally Mariña Lucense, onde correu cun Volkswagen Polo R5 propiedade de AR Vidal,[37] e rematou en terceira posición o campionato.[38] Tamén en 2019 disputou varias probas fóra de Galicia como o Rallysprint de La Mencía, onde quedou 2º,[39] o Rally Sierra Morena, do Campionato de España, quedando 6º,[40] o Rally Cangas del Narcea, do campionato asturiano (3º)[41] ou o Rally Ribamontán al Mar-1000 Cruces, do campionato cántabro (2º).[42] Nos dous últimos utilizou o seu novo Ford Fiesta R5 MkII, que mercou ao campión de España Luis Monzón para disputar a seguinte tempada.
A principios de febreiro de 2020 disputou o 27º Rally do Bierzo, onde volveu subir ao podio, por detrás de Surhayen Pernía e Félix Macías.[43] Tres semanas despois arrancou a tempada 2020 do campionato galego, coa celebración do 24º Rally da Coruña. Víctor Senra comezou dominando na sesión matinal por diante de Caamaño,[44] pero xa na tarde Caamaño marcou o mellor tempo nos treitos 4 e 5 recortando diferenzas, e colocouse líder tras a disputa do sexto treito, con 19 segundos de vantaxe sobre Senra, aproveitando os problemas mecánicos deste.[45] Con todo, Senra solucionou os seus problemas e comezou a recortar distancia con Caamaño, poñéndose a 12 segundos a falta do último treito.[46] Finalmente o piloto de Dumbría foi capaz de culminar a remontada e vencer a Caamaño nun final moi axustado, por só 159 milésimas.[47]
Ano | Equipo | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | A. Ferrol | Ford Fiesta R2 | COC | RDN | ULL | CDN Ret |
SDC Ret |
LUG | RBS 18 |
BOT 15 |
- | ||
2013 | Ford Fiesta R2 | SDG | RDC Ret |
RDN 15 |
ULL | CDN | SDC | BXL | LUG | RBS | - | ||
2015 | Berberecho | Porsche 997 GT3 | RDC | NOI 12 |
EUR | NAR | SDC | COR 5 |
CDU | SFR | RBS 6 |
- | |
2016 | Lalín-Deza | Ford Fiesta R5 | RDN 3 |
COC 2 |
TVA 2 |
CDN 2 |
SDC Ret |
LUG 3 |
RBS 2 |
ULL |
2º | 1230 | |
2017 | Lalín-Deza | Ford Fiesta R5 | COR 2 |
COC 3 |
RDN 3 |
CDN 2 |
SDC 2 |
RBS 2 |
LUG 4 |
3º | 1215 | ||
2018 | Lalín-Deza | Ford Fiesta R5 | COR 3 |
RDN 1 |
RBX 18 |
CDN 2 |
SDC Ret |
BOT 3 |
RBS 2 |
LUG Ret |
ULL |
4º | 1079 |
2019 | Lalín-Deza | Citroën C3 R5 | COR 3 |
RDN Ret |
RBX 4 |
CDN 1 |
SDC Ret |
BOT 2 |
RBS Ret |
LUG Ret |
MAL 1 |
2º | 1041 |
2020 | Lalín-Deza | Ford Fiesta R5 MkII | COR 2 |
LUG 5 |
MAL 4 |
2º | 203 |
Ano | Equipo | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Posición | Puntos | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | A. Ferrol | Ford Fiesta R2 | CNR | CAN | RBX | ORN | FRR 20 |
PRA | VLL | SRM | RCM | ||||
2013 | Rias Baixas | Ford Fiesta R2 | CNR | CAN | RBX 27 |
61º | 5 | ||||||||
La Coruña | ORN Ret |
FRR Ret |
PRA | VLL Ret |
RCM 18 |
||||||||||
2014 | RMC Motorsport | Ford Fiesta R2 | CNR | SRM | RBX 13 |
ORN | BIE 10 |
FRR | PRA | VLL 18 |
CAN | RCM | 29º | 26 | |
2015 | RMC Motorsport | Porsche 997 GT3 | VDA | CNR | SRM 12 |
RBX 27 |
OUR Ret |
FRR 9 |
PRA | VLL 9 |
RCM Ret |
17º | 39 | ||
2016 | Lalín-Deza | Ford Fiesta R5 | CNR | VDA | SRM | FRR 6 |
CAN | ORN | PRA 11 |
VLL | MED | RCM | 22º | 32 | |
2017 | Lalín-Deza | Ford Fiesta N5 | SRM | CNR | VDD | ORN | FRR | PRA | VLL 8 |
CAN | MED | RCM | 42º | 17 | |
2018 | Lalín-Deza | Ford Fiesta R5 | COC Ret |
SRM | CNR | VDA | ORN | FRR | PRA | VLL | CAN | MED | RCM | 32º | 19 |
2019 | RMC Motorsport | Ford Fiesta R5 | SRM 5 |
CNR | VDA | ORN | COC | FRR | PRA | VLL | CAN | MED | RCM | 25º | 28 |
Ano | Equipo | Vehículo | 1 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
2014 | RMC Motorsport | Ford Fiesta R2 | CAT 53 |
- | 0 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.