competición automobilística galega From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rally Comarca da Ulloa foi unha proba de rally que se disputou anualmente na comarca da Ulloa e arredores dende o ano 2008 ata o 2018, e que era puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.[1]
Tipo | carreira automobilística |
---|---|
Deporte | rally |
Localización e Datas | |
Localización | A Ulloa (Provincia de Lugo) 42°49′00″N 7°52′00″O |
País | España |
Vixencia | 2008 – 2018 |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Alberto Meira (3) |
Comezou a celebrarse en agosto de 2008 nos concellos de Palas de Rei e Monterroso, organizada pola Escudería Comarca da Ulloa[2] do piloto local Luis Vilariño, coa colaboración da Escudería Lalín-Deza,[3] formando parte dende o primeiro momento do Campionato de Galicia de Rally. O primeiro vencedor da proba foi Pedro Burgo, que estivo acompañado no podio por Manuel Senra e Pablo Rey.[4]
Posteriormente pasou a incluír tramos disputados en Melide[5][6] e celebrouse sen interrupción até 2017, ano no que se tivo que cancelar pola imposibilidade da DXT de dar servizo ao evento.[7] En 2018 celebrouse a última edición, organizada esta vez pola Escudería Mix Rallye Sports,[8][9][10] resultando gañador Alberto Meira.[11] Foi substituído na tempada 2019 do campionato galego polo Rally Mariña Lucense.[12]
Alberto Meira, con tres vitorias, é o piloto máis laureado do rally.
Ano | Edición | Piloto | Copiloto | Automóbil |
---|---|---|---|---|
2008 | 1º Rally Comarca da Ulloa | Pedro Burgo | Marcos Burgo | Mitsubishi Lancer Evo VIII |
2009 | 2º Rally Comarca da Ulloa | Sergio Vallejo[13] | Diego Vallejo | Porsche 911 GT3 |
2010 | 3º Rally Comarca da Ulloa | Alberto Meira | Álvaro Bañobre | Mitsubishi Lancer Evo X |
2011 | 4º Rally Comarca da Ulloa[14] | Luis Vilariño | Ramón López | Mitsubishi Lancer Evo X |
2012 | 5º Rally Comarca da Ulloa | Pedro Burgo | Marcos Burgo | Ford Focus RS WRC 05 |
2013 | 6º Rally Comarca da Ulloa | Iván Ares | Álvaro Bañobre | Porsche 911 GT3 |
2014 | 7º Rally Comarca da Ulloa | Adrián Díaz | Sara Fernández | Mitsubishi Lancer EVO X |
2015 | 8º Rally Comarca da Ulloa | Iván Ares | Álvaro Bañobre | Porsche 911 GT3 |
2016 | 9º Rally Comarca da Ulloa | Alberto Meira | David Vázquez | Mitsubishi Lancer Evo X |
2017 | Edición cancelada | |||
2018 | 10º Rally Comarca da Ulloa | Alberto Meira | David Vázquez | Mitsubishi Lancer Evo X |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.