proba automobilística From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rally Comunidade de Madrid é unha proba de rally que se organiza anualmente desde 2010 na Comunidade de Madrid, aínda que tamén adoita visitar provincias limítrofes como Ávila.
Puntúa para o Campionato de España de Rallys, sendo en todas as súas edicións a derradeira proba do calendario. Está organizado polo RACE e entrou no certame en substitución do Rally Shalymar. Algunhas edicións tiveron como sede o circuíto do Jarama, onde tamén se disputan etapas superespeciais.
O primeiro gañador foi o lucense Pedro Burgo cun Mitsubishi Lancer Evo X, gañando por máis de medio minuto ao Škoda Fabia S2000 de Alberto Hevia. Outro galego, Sergio Vallejo, impúxose na segunda edición co Porsche 997 GT3 sobre o coruñés Álvaro Muñiz, segundo cun Lotus Exige GT. Os irmáns Vallejo repetiron vitoria en 2012 de novo co 997 cunha ampla vantaxe sobre o Evo X de Jonathan Pérez e Daniel Marbán. En 2013 José Antonio Suárez logrou a súa primeira vitoria no Campionato de España tras unha dura loita co gondomarés Alberto Meira que rematou segundo a só 1,2 segundos.
En 2014 Sergio Vallejo volveu ser protagonista ao lograr a súa terceira vitoria no rally nunha edición onde tamén gañou o seu segundo campionato de España, despois de que o seu principal rival Miguel Ángel Fuster abandonase na segunda etapa. Outro Porsche doutro piloto galego, esta vez o de Iván Ares, gañou na sexta edición, na que dominou de principio a fin. En 2015 gañaron Christian García e Rebeca Liso, campións de España esa tempada, impoñéndose por diante dos irmáns Vallejo.[1] O Suzuki Swift de Gorka Antxustegui foi o máis rápido na edición seguinte, dándolle ao vasco a súa primeira vitoria no nacional.[2] Na edición de 2018 os vencedores foron o piloto asturiano José Antonio Suárez e o copiloto de Salvaterra de Miño Cándido Carrera, a bordo dun Hyundai i20 R5,[3] mesmo modelo que logrou a vitoria ao ano seguinte, conducido por Iván Ares e con David Vázquez á súa dereita.[4]
Ano | Edición | Piloto | Copiloto | Vehículo | Campionato |
---|---|---|---|---|---|
2010 | 1º Rally Comunidade de Madrid[5] | Pedro Burgo | Marcos Burgo | Mitsubishi Lancer Evo X | CERA |
2011 | 1º Rally Comunidade de Madrid[6] | Sergio Vallejo | Diego Vallejo | Porsche 997 GT3 | CERA |
2012 | 3º Rally RACE Comunidade de Madrid[7] | Sergio Vallejo | Diego Vallejo | Porsche 997 GT3 | CERA |
2013 | 4º Rally Comunidade de Madrid | José Antonio Suárez | Pablo Marcos | Mitsubishi Lancer Evo IX | CERA |
2014 | 5º Rally Comunidade de Madrid | Sergio Vallejo | Diego Vallejo | Porsche 997 GT3 | CERA |
2015 | 6º Rally Comunidade de Madrid RACE-Opel | Iván Ares | Álvaro Bañobre | Porsche 997 GT3 | CERA |
2016 | 7º Rally Comunidade de Madrid RACE | Christian García | Rebeca Liso | Mitsubishi Lancer Evo X | CERA |
2017 | 8º Rally Comunidade de Madrid RACE | Gorka Antxustegui | Alberto Iglesias | Suzuki Swift R+ | CERA |
2018 | 9º Rally Comunidade de Madrid | José Antonio Suárez | Cándido Carrera | Hyundai i20 R5 | CERA |
2019 | 10º Rally Comunidade de Madrid | Iván Ares | David Vázquez | Hyundai i20 R5 | CERA, S-CER |
2020 | 11º Rally Comunidade de Madrid | Pepe López | Borja Rozada | Citroën C3 R5 | CERA |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.